Diseño del blog

A Deputación de A Coruña publica as bases e a convocatoria para 1 praza de camareiro/a

7 de diciembre de 2022

A DEPUTACIÓN DE A CORUÑA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE CAMAREIRO/A

REQUISITOS E SOLICITUDES

  • Ter a nacionalidade española
  • Tamén poderán participar, como persoal funcionario, en igualdade de condicións que os españois, con excepción daqueles empregos públicos que directa ou indirectamente impliquen unha participación no exercicio do poder público ou na salvagarda dos intereses xerais do Estado e das Administracións públicas:
  • Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea.
  • O cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os descendentes menores de vinte e un anos ou maiores desta idade que sexan dependentes.
  • As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. 
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. En caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público
  • Nivel de coñecemento de Lingua Galega: Celga 2


Para participar no proceso selectivo deberanse satisfacer os dereitos de exame, na contía que se indica: 9,65€


O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no “Boletín Oficial do Estado”.


PROCESO SELECTIVO:


EXERCICIO 1.

Tempo: 4 horas


Dividese en 2 partes

PRIMEIRA PARTE: Consistirá na contestación dun cuestionario tipo test de 50 preguntas (máis outras 5 preguntas de reserva) con 3 respostas alternativas, das que só unha será correcta


SEGUNDA PARTE  Consistirá en resolver un suposto práctico a elixir entre dous propostos polo Tribunal, relacionados coas materias do programa anexo e relativos ás funcións propias do posto de traballo que se ha desenvolver.


Ningunha das dúas partes deste exercicio será eliminatoria.


EXERCICIO 2.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 60 minutos


As persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do Certificado de Lingua Galega 4 (Celga 4) ou título equivalente debidamente homologado deberán realizar unha proba de coñecemento da lingua galega


Consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego e outro do galego ao castelán, a proposta do Tribunal.


TEMARIO:

  1. A Constitución Española de 1978: Especial referencia aos dereitos fundamentais e liberdades públicas. Lei 3/1983 de normalización lingüística de Galicia e Ordenanza do uso da lingua galega na Deputación da Coruña (BOP nº 186 do 29 de setembro de 2017): Uso oficial do galego.
  2. Decreto 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma en materia de igualdade: Integración transversal do principio de igualdade nas actuacións da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
  3. Preparación, montaxe, servizo e recollida do comedor. Mobiliario, enxoval e lencería utilizados no comedor.
  4. Manipulación de alimentos: principais riscos, enfermidades de orixe alimentaria e medidas para a súa prevención. Prácticas correctas de hixiene na manipulación dos alimentos: superficies, locais, maquinarias e equipos.
  5. Alteración dos alimentos. Contaminación e condicións que favorecen o desenvolvemento dos xermes. Recomendacións para evitar o desenvolvemento de xermes.

Contáctenos

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: