REQUISITOS E SOLICITUDES
- Ter a nacionalidade española
- Tamén poderán participar, como persoal funcionario, en igualdade de condicións que os españois, con excepción daqueles empregos públicos que directa ou indirectamente impliquen unha participación no exercicio do poder público ou na salvagarda dos intereses xerais do Estado e das Administracións públicas:
- Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea.
- O cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os descendentes menores de vinte e un anos ou maiores desta idade que sexan dependentes.
- As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
- Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. En caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público
- Respecto da titulación requirida, as persoas aspirantes deberán estar en posesión do título de diplomatura en educación social, pedagoxía ou profesor de educación primaria ou grao oficial universitario equivalente, ou en condicións de obtelo antes de que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
Para participar no proceso selectivo deberanse satisfacer os dereitos de exame, na contía que se indica: 24,05€
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no “Boletín Oficial do Estado”.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Tempo: 4 horas
Dividese en 2 partes
PRIMEIRA PARTE: Consistirá na contestación dun cuestionario tipo test de 50 preguntas (máis outras 5 preguntas de reserva) con 3 respostas alternativas, das que só unha será correcta
SEGUNDA PARTE Consistirá en resolver un suposto práctico a elixir entre dous propostos polo Tribunal, relacionados coas materias do programa anexo e relativos ás funcións propias do posto de traballo que se ha desenvolver.
Durante o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán consultar os textos legais e xurisprudenciais non comentados dos que acudan provistos. O Tribunal poderá optar por poñer un suposto práctico tipo test.
Ningunha das dúas partes deste exercicio será eliminatoria.
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio
Tempo: 60 minutos
As persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do Certificado de Lingua Galega 4 (Celga 4) ou título equivalente debidamente homologado deberán realizar unha proba de coñecemento da lingua galega
Consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego e outro do galego ao castelán, a proposta do Tribunal.
TEMARIO:
- .A Constitución española de 1978: especial referencia aos dereitos fundamentais e liberdades públicas.
- Lei 3/1983 de normalización lingüística de Galicia e Ordenanza do uso da lingua galega na Deputación da Coruña (BOP 186, do 29 de setembro de 2017): Uso oficial do galego.
- Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local: clases de entidades locais. A provincia: organización e competencias.
- Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: conceptos e clases de empregados públicos. Dereitos e deberes. Código de conduta dos empregados públicos.
- Decreto 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma en materia de igualdade: Integración transversal do principio de igualdade nas actuacións da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
- Centros de menores. Requisitos comúns e clasificación.
- Requisitos específicos que deben reunir os centros de menores.
- Programación educativa. Deseño e elaboración de programas de centro PEC (proxecto educativo centro) e PEI (proxecto educativo individual).
- Coordinación e dirección de tarefas educativas. Estrutura do equipo educativo. Orde do 1 de agosto de 1996 pola que se regulan os contidos mínimos do Regulamento de réxime interno e o proxecto educativo dos centros de atención a menores
- Funcións do educador de menores en risco.
- Procedementos e instrumentos de rexistro na intervención educativa de acordo con os protocolos establecidos.
- Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia: a familia e familias de especial consideración.
- Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia: Do apoio familiar e a mediación.
- Protocolo de ingreso e acollida desde o contexto dun centro de atención a menores.
- A tutela e a garda: Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor
- A adopción e o acollemento familiar: Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor
- Guía para a detección dos malos tratos infantís. Definición de malos tratos á infancia. As diferentes manifestacións.
- Protocolo de actuación en abusos sexuais a menores en Galicia. Principios. Indicadores de abuso sexual
- Patróns evolutivos do neno/a de 0 a 12 anos segundo a teoría cognitivo-constructivista da aprendizaxe.
- Educación para a saúde psico-física: alimentación, hixiene, control de esfínteres.
- Educación para a saúde psico-física: soño, autonomía
- Educación para a saúde psico-física: nenas/os con necesidades especiais.
- Prevención de accidentes. Enfermidades infantís. Primeiros auxilios.
- Programación de actividades de lecer e tempo libre.
- Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia: obxectivos do sistema galego de servizos sociais. Catálogo dos servizos sociais. Competencias en materia de servizos sociais.