REQUISITOS E SOLICITUDES:
Para poder acceder a esta praza deberase estar en posesión do título de Graduado en ESO, equivalente ou superior así como Celga 4 ou equivalente.
O prazo de presentación de solicitudes aberto ate o 11/08/2022
PROCESO SELECTIVO
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio
A elección do tribunal, o primeiro exercicio poderá consistir nas seguintes opcións:
- Exposición por escrito de 1 tema de carácter xeral relacionado cas materias comúns cun tempo máximo para realizar o exercicio de 1 hora e 30 minutos
- Exposición por escrito de 1 tema seleccionado por sorteo entre os contidos das materias comúns cun tempo máximo para realizar o exercicio de 1 hora
- Exercicio tipo test dun máximo de 20 preguntas e 2 preguntas de reserva, con 3 respostas alternativas que abarque a totalidade do programa de materias comúns cun tempo máximo para realizalo de 25 minutos.
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos
Exposición por escrito de 1 tema seleccionado por sorteo entre os temas de materia específica.
Este exercicio será lido polas persoas aspirantes diante do tribunal, na data que este determine, podendo asistir á mencionada lectura as mesmas aspirantes.
O tribunal poderá realizar preguntas sobre o contido dos temas ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada, de xeito que lle permita formar unha opinión máis precisa dos coñecementos de cada persoa aspirante.
EXERCICIO 3
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos
Suposto práctico que terá por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen nas materias específicas nun suposto concreto que responda ás funcións ou tarefas das prazas que se convocan.
Este exercicio poderá ser lido polas persoas aspirantes diante do Tribunal, a proposta deste, na data que este determine, podendo asistir as demais persoas aspirantes.
O tribunal poderá formular preguntas sobre o contido do exercicio ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada, de xeito que lle permita formar unha opinión máis precisa das hablidades profesionais de cada persoa.
O tribunal decidirá se as persoas aspirantes, para a realización do exercicio poden vir provistas da normativa, exluíndose textos doutrinais, textos legais concordados, anotados e/ou comentados, formularios ou similares.
Este exercicio poderá ser realizado ou transcrito utilizando as ferramentas informáticas que sexan necesarias a criterio do tribunal
EXERCICIO 4.
Exentos aqueles aspirantes que acreditasen estar en posesión do título, Celga4 ou equivalente
TEMARIO:
- A Constitución española de 1978
- Nocións xerais sobre a Coroa e os Poderes do Estado.
- Réxime local español.
- As Comunidades Autónomas
- Organización territorial do Estado na Constitución
- A provincia no réxime local
- Principios de actuación da Administración Pública
- O sometemento da Administración á Lei e ao Dereito
- A Unión Europea
- Concepto de interesado
- Os rexistros
- Os Documentos Públicos
- O acto administrativo
- Fases do procedemento administrativo
- A obriga de resolver
- O persoal ao servizo das Entidades Locais
- As Facendas Locais
- Os Orzamentos Locais
- O contrato administrativo
- Competencias dixitais