Diseño del blog

A Deputación de Pontevedra publica as bases e convocatoria para 1 posto de subalterno/a de oficios varios

26 de julio de 2022

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE SUBALTERNO/A DE OFICIOS VARIOS RESERVADA A PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL

REQUISITOS E SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra. Admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas e certificados electrónicos.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE, mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no BOPPO e do extracto no DOG, é dicir, ate o día 15/08/2022

Os dereitos de exame poderanse pagar en calquera sucursal, por banca electrónica ou nos caixeiros habilitados de Abanca. A través da súa páxina web poderase realizar o pagamento con tarxeta sen necesidade de ser clienta ou cliente da entidade introducindo os datos identificativos que figuran na cabeceira do recibo.

O sistema de selección será por oposición libre reservada a persoas con discapacidade intelectual e para poder acceder as persoas aspirantes deberán estar en posesión do certificado de escolaridade así como acreditar unha discapacidade intelectual igual ou superior ao 33%

PROCESO SELECTIVO
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para realizalo de 30 minutos.

Contestar por escrito un test de 30 preguntas con 4 respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do temario.

EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio co tempo máximo que marque o tribunal

Resolver un suposto práctico relacionado coa parte específica do programa

EXERCICIO 3. Obrigatorio e non eliminatorio

Tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

No caso de non ter achegado a acreditación de coñecemento da lingua galega coa solicitude de participación no proceso, poderá presentalo ata a data que determine o tribunal no anuncio do exercicio inmediatamente anterior

TEMARIO
  1. A Constitución española de 1978
  2. A Deputación de Pontevedra
  3. O Museo Pontevedra
  4. Control de acceso, identificación, información, atención e recepción de visitantes.
  5. Recepción, distribución e entrega de paquetería e documentación.
  6. Manexo de máquinas reprodutoras e outras análogas.
  7. Realización de recados oficiais fóra e dentro do centro de traballo
  8. Información de anomalías ou incidencias no centro de traballo.
  9. Preparación de salas e reunións.
  10. Normativa xeral das políticas de igualdade entre mulleres e homes. Conceptos básicos de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Linguaxe non sexista. Uso inclusivo da linguaxe na Deputación de Pontevedra. Acoso sexual e por razón de sexo. Violencia de xénero. Definición. Tipos de violencia.

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: