REQUISITOS E SOLICITUDES:
Posuír o título de bacharelato ou de técnica/o, ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1
Obrigatorio e NON eliminatorio
Tempo: 90 minutos (50 + 40)
Primeira Parte:
Consistirá en contestar por escrito un test de 40 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ás materias contidas no programa.
Segunda Parte:
Consistirá en contestar por escrito 5 preguntas curtas relacionadas coas materias do programa.
EXERCICIO 2
Obrigatorio e NON eliminatorio
Tempo: 5 minutos
Consistirá nunha conversa do tribunal cualificador coa persoa aspirante en idioma galego que permita acreditar a capacidade de comunicación nesta lingua da persoa aspirante coa cidadanía
No caso de non achegar a acreditación de coñecemento da lingua galega coa solicitude de participación no proceso selectivo, poderá presentala ata a data que determine o tribunal no anuncio do exercicio inmediatamente anterior
TEMARIO:
- A Constitución española de 1978. Os principios constitucionais. Os valores superiores. Os dereitos e deberes fundamentais. A protección e suspensión dos dereitos fundamentais.
- O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. Requisitos: a motivación e forma.
- A eficacia dos actos administrativos: o principio de autotutela declarativa. Condicións. A notificación: contido, prazo e práctica. A notificación defectuosa. A publicación. A aprobación por outra Administración. A demora e a retroactividade da eficacia. A executividade dos actos administrativos. A coacción administrativa directa. A vía de feito
- A invalidez do acto administrativo. Supostos de nulidade de pleno dereito e anulabilidade. O principio de conservación do acto administrativo. A revisión de actos e as disposicións pola propia Administración: supostos. A acción de nulidade, procedemento e límites. A declaración de lesividade. A revogación de actos. A rectificación de erros materiais ou de feito.
- Disposicións xerais sobre o procedemento administrativo. Os medios electrónicos aplicados ao procedemento administrativo común. A iniciación do procedemento: clases, corrección e mellora de solicitudes. Presentación de solicitudes, escritos e comunicacións. Os rexistros administrativos. Termos e prazos: cómputo, ampliación e tramitación de urxencia.
- Ordenación. Instrución: intervención das persoas interesadas, proba e informes. Singularidades do procedemento administrativo das entidades locais.
- Terminación do procedemento. A obriga de resolver. Contido da resolución expresa: principios de congruencia e de non agravación da situación inicial. A terminación convencional. A falta de resolución expresa: o réxime do silencio administrativo. A desistencia e a renuncia. A caducidade. A tramitación simplificada do procedemento administrativo común.
- Recursos administrativos: principios xerais. Actos susceptibles de recurso administrativo. Regras xerais de tramitación dos recursos administrativos. Clases de recursos. Procedementos substitutivos dos recursos administrativos: conciliación, mediación e arbitraxe.
- A xurisdición contencioso-administrativa. Natureza, extensión e límites. Órganos da xurisdición e as súas competencias.
- As partes: lexitimación. O obxecto do recurso contencioso-administrativo. O procedemento e a súa finalización: as sentenzas.
- As fontes do dereito local. Regulación básica do Estado e normativa das comunidades autónomas en materia de réxime local. A potestade regulamentaria das entidades locais: regulamentos e ordenanzas. Procedemento de elaboración. O regulamento orgánico. Os bandos.
- A provincia como entidade local. Organización e competencias. A cooperación municipal.
- O orzamento xeral das entidades locais: concepto e contido. A elaboración e a aprobación do Orzamento xeral. A prórroga orzamentaria. As modificacións de crédito: clases, concepto, financiación e tramitación.
- O persoal ao servizo das entidades locais: clases e réxime xurídico. A función pública local: clases de persoal. Os instrumentos de organización do persoal: cadros de persoal e relacións de postos de traballo. Os instrumentos reguladores dos recursos humanos: a oferta de emprego.
- Os dereitos e os deberes do persoal funcionario local. O réxime disciplinario. O réxime de responsabilidade civil, penal e patrimonial. O réxime de incompatibilidades
- Os bens das entidades locais: clases. Bens de dominio público. Bens patrimoniais. Bens comunais. Os montes veciñais en man común.
- A potestade sancionadora: concepto e significado. Principios do exercicio da potestade sancionadora. Especialidades do procedemento en materia sancionadora. Medidas sancionadoras administrativas. Especial referencia á potestade sancionadora local.
- Os contratos administrativos de obras, subministracións e servizos na esfera local. Procedemento para a selección de contratistas.
- A responsabilidade da Administración pública: caracteres. Os presupostos da responsabilidade. Danos resarcibles. A acción de responsabilidade. Principio do procedemento administrativo en materia de responsabilidade. A responsabilidade patrimonial das autoridades e do persoal ao servizo das administracións públicas.
- A expropiación forzosa. Suxeitos, obxecto e causa. O procedemento xeral. Garantías xurisdicionais. A reversión expropiatoria. Tramitación de urxencia. Procedementos especiais.
- Actividade subvencional das administracións públicas. Procedementos de concesión e xestión das subvencións. Reintegro de subvencións. Control financeiro. Infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións.
- Prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas. Protección de datos de carácter persoal: principios e dereitos da persoa. Igualdade efectiva de mulleres e homes: principio de igualdade. Violencia de xénero: principios reitores. Discapacidade e dependencia: principios.