Diseño del blog

A Mancomunidade Terra de Celanova publica as bases e convocatoria para 12 prazas de Auxiliar De Axuda no Fogar

21 de diciembre de 2022

A MANCOMUNIDADE TERRA CELANOVA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 12 PRAZAS DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Nacionalidade: ter a nacionalidade española. Ademais, e consonte co establecido nos artigos 57 do TRLEBEP e 52 da LEPG, poderán acceder ás prazas de persoal funcionario de carreira, as persoas nacionais dos demais estados membros da Unión Europea, así como as persoas estranxeiras que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e as/os súas/seus descendentes e as/os do seu cónxuxe – sempre que non estean separados de dereito– menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas. As mesmas regras aplicaranse, de ser o caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais realizados pola Comunidade Europea e ratificados por España, nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras. No que atinxe ás prazas de persoal laboral fixo, poderán acceder a elas, ademais das persoas sinaladas no parágrafo anterior, as persoas estranxeiras que se atopen residindo legalmente en España, de acordo co previsto no artigo 10.2 da Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, de dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e da súa integración social.
  • Idade: ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectada/o por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións, sen prexuízo de que sexan admitidas as persoas con diversidade funcional en igualdade de condicións que as demais persoas aspirantes, segundo o disposto na disposición adicional 19ª da Lei 30/1984, do 2 de agosto, na redacción dada pola Lei 53/2003, do 10 de decembro, e normativa de concordante aplicación.
  • Habilitación: non estar separada/o mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais do Estado ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial firme. No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público
  • Non incorrer en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente
  • Titulación de Galego: No caso de non posuír os certificados será necesario superar un exercicio previo e eliminatorio de tradución que constará dunha entrevista oral en idioma galego (Celga 3)
  • O tempo máximo para a realización do exercicio será, en cada caso, dunha hora.
  • Este exercicio valorarase como apto ou non apto e para superalo será necesario obter o resultado de apto.
  • Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos esixidos para acadar o resultado de apto.
  • O/s exercicio/s realizaranse unha única vez para todas as persoas candidatas que se presenten ás distintas prazas da oferta de emprego público extraordinaria para estabilizar o emprego temporal da Mancomunidade Terra de Celanova.
  • Titulación:
  • Título de técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermería establecido polo Real Decreto 546/1995, de 7 de abril, ou os títulos equivalentes de técnico/a Auxiliar Clínica, técnico/a Auxiliar Psiquiatría e técnico Auxiliar de Enfermería que se establecen no Real Decreto 777/1998, de 30 de abril, ou no seu caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais.
  • Título de técnico/o en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, regulado polo Real Decreto 1593/2011, de 4 de novembro, ou o título equivalente de técnico/a de Atención Socio sanitaria, establecido polo Real Decreto 496/2003, de 2 de maio, ou no seu caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais
  • Certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, regulado polo Real Decreto 1379/2008, de 1 de agosto, ou no seu caso calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais. O certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio, regulado polo Real Decreto 1379/2008, de 1 de agosto, ou o equivalente certificado de profesionalidade da ocupación de auxiliar de axuda a domicilio, regulado no Real Decreto 331/1997, de 7 de marzo, ou no seu caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.
  • Permiso de condución Tipo B
  • Pago da taxa: Para as prazas de agrupacións profesionais AP (E) – IV e V: 20,00€
  • O ingreso da taxa realizarase mediante ingreso na conta bancaria desta Mancomunidade núm. ES32 2080 5292 8231 1002 3267 segundo o disposto na Ordenanza fiscal reguladora das taxas por dereitos de exame vixente desta Mancomunidade


O prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no BOE


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1

Tempo: 45 minutos


Test sobre as materias do temario: 20 preguntas.


TEMARIO:

  1. A Constitución Española de 1978. Título Preliminar.
  2. Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o Servizo de axuda no fogar na comunidade autónoma de Galicia.
  3. Normativa que regula o servizo de axuda no fogar. Ordenanza municipal reguladora do Servizo de axuda no fogar da Mancomunidade Terra de Celanova, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 80 do 7 de abril de 2014
  4. Servizo de axuda no fogar no marco do sistema para a Autonomía persoal e a Atención á dependencia.
  5. Dereitos das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar
  6. Deberes das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar.
  7. A mobilización dos enfermos: pautas xerais e movementos a realizar.
  8. Hixiene e aseo persoal a persoas maiores e dependentes
  9. Mantemento, limpeza e organización do domicilio de persoas maiores e dependentes.
  10. Nutrición, dietética e alimentación de persoas maiores e dependentes.
  11. Funcións a realizar por unha auxiliar de axuda no fogar.

Contáctenos

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: