Diseño del blog

Concello de Laracha publica as bases e convocatoria para 2 prazas de Auxiliar Administrativo/a

6 de septiembre de 2022

O CONCELLO DE LARACHA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 2 PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  •  Ter a nacionalidade española ou algunha outra que, con arranxo ao disposto no artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia, e restante normativa concordante, permita o acceso á praza convocada.
  • Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das funcións ou tarefas correspondentes.
  • As persoas con discapacidade compatible coas tarefas e funcións correspondentes á praza convocada poderán concorrer en igualdade de condicións que o resto das/os aspirantes, coas adecuacións no seu caso necesarias para o desenvolvemento do proceso selectivo; aplicándose, a tal efecto, o establecido na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, publicada no BOE do 13 de xuño de 2006, polo que se establecen os criterios para adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade. Para estes efectos, os tribunais poderán requirir informe ou colaboración doutros órganos administrativos ou da administración sanitaria
  •  Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder, se é o caso, da idade máxima de xubilación forzosa
  • Estar en posesión, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes, do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria ou equivalentes
  • No caso de que as ditas titulacións se obtivesen no estranxeiro, deberase ter concedida a correspondente credencial de homologación, segundo o Real Decreto 967/2014, do 21 de novembro (BOE do 22 de novembro), o Real Decreto 1837/2008, do 8 de novembro, polo que se incorporan ao ordenamento xurídico español a Directiva 2005/36/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de setembro, e a Directiva 2006/100/CE do Consello, do 20 de novembro, relativa ao recoñecemento de cualificacións profesionais, así como a determinados aspectos da profesión de avogado (BOE do 20 de novembro), ou aqueloutra normativa concordante vixente ao respecto.
  • Non estar separada ou separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para emprego ou cargo público por resolución xudicial (cando se trate de acceder ao corpo ou escala de funcionarios/as do que a persoa tivera sido separada ou inhabilitada).
  • No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público e/ou a esta praza obxecto de convocatoria.
  • Estar en posesión, ou en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, do CELGA 3 ou acreditación do coñecemento de lingua galega equivalente
  • A dita acreditación do coñecemento de lingua galega realizarase de conformidade ao previsto na normativa de aplicación; con arranxo ao Sistema de Certificación de Lingua galega (CELGA) actualmente vixente, ou as súas certificacións equivalentes, debidamente homologadas polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (nos termos do previsto na Orde de 16 de xullo de 2007, e Orde de 10 de febreiro de 2014, que modifica a anterior, ao respecto dos certificados oficiais acreditativos dos niveles de coñecemento de lingua galega)
  • En todo caso, e con arranxo ao previsto no artigo 51.2 da Lei do Emprego Público de Galicia, os/as aspirantes que non acrediten o dito coñecemento da Lingua Galega (CELGA 3 u equivalente), ou estar en condicións de obtelo dentro do prazo de presentación de solicitudes, deberán realizar unha proba específica de coñecemento de lingua galega e que cualificará ao/á aspirante como apto/a ou non apto/a

As solicitudes para tomar parte no proceso dirixiranse a Sr. alcalde deste Concello, epresentaranse na sede electrónica do Concello https://sede.alaracha.gal ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no BOE, é dicir, ate o día 04/10/2022
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1 . Obritaroio e eliminatorio cun tempo de 120 minutos
Cuestionario tipo test de 90 preguntas (e 8 de reserva) con 4 respostas alternativas, das que só unha será a correcta, e que gardarán relación coas materias comprendidas no temario
EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 90 minutos
Resolución de varias preguntas curtas nas que se plantearán por parte do tribunal cuestións/supostos relacionadas coas  materias comprendidas no temario
O contido da dita proba será determinado polo tribunal inmediatamente antes da realización do mesmo
EXERCICIO 3.   Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 90 minutos
Proba de tipo práctico, relacionada co contido funcional e tarefas propios da vacante convocada e que se corresponderá, a súa vez, coas materias comprendidas no temario e na que se plantearán, por parte do tribunal, un ou varios supostos/cuestións prácticas. O contido da dita proba será determinado polo tribunal inmediata mente antes da realización do mesmo.
EXERCICIO 4 . unicamente obrigatorio para as persoas aspirantes que non teñan acreditado estar en posesión, ou en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de instancias, do nivel de coñecemento de galego requirido na base terceira (CELGA 4, ou equivalente), cun tempo máximo de 30 minutos
Traducir do castelán ao galego, e sen axuda de dicionario, un texto facilitado polo Tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba; que resultará acorde ás características  funcionais da vacante convocada, e na que se deberá demostrar unha competencia similar á esixida para obter o certificado  de lingua galega requirido na convocatoria (CELGA 4).
BOLSA DE EMPREGO. Xunto coa resolución de nomeamento do/a aspirante seleccionado ao abeiro desta convocatoria, tamén se procederá á aprobación dunha bolsa de emprego que estará conformada polos/as aspirantes finalmente non seleccionados, pero que tiveran superado todas as probas/exercicios obrigatorios da fase oposición, e configurada por orde descendente das puntuacións acadas no proceso selectivo (nos supostos de empate, aplicarase o criterio de desempate fixado nas bases).  A presente Bolsa sustitúe calquera bolsa anterior de persoal funcionario ou laboral e, por tanto, aplicarase de xeito preferente a calquera outra. 
Esta bolsa terá por obxecto habilitar unha listaxe de aspirantes á que se acudirá, nos supostos legais procedentes e con arranxo ás modalidades de emprego (funcionariais/laborais) correspondentes, para futuras e xustificadas incorporacións de persoal temporal con equivalente condición profesional á do seleccionado neste convocatoria e proceso selectivo
O recurso a esta bolsa, para a incorporación e contratación ou nomeamento do persoal funcionario ou laboral temporal, deberá cinguirse e adecuarse aos supostos, criterios, requisitos e modalidades/ tipoloxías funcionariais ou contractuais previstos, segundo o caso, pola normativa aplicable, ao efecto, en cada momento; e, concretamente, e segundo o marco normativo actualmente vixente, ao disposto nos artigos 10 e 11 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (TRLEBEP); 23 a 27 e 200 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia (LEPG); Estatuto dos Traballadores; e artigo 19.dous da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018 (ou previsións normativas concordantes e/ou substitutivas dos mesmos). En todo caso, nos supostos e circunstancias nos que, segundo o previsto pola normativa  de aplicación (e, nomeadamente, segundo o previsto no artigo 200 da LEPG ou normativa concordante/substitutiva), non proceda a contratación de persoal laboral temporal, o persoal a incorporar mediante a bolsa de emprego terá a condición de persoal funcionario interino.
TEMARIO :
  1. A Constitución Española de 1978
  2. Estatuto de Autonomía de Galicia
  3. Organización territorial do Estado na Constitución
  4. Os conceptos de Administración Pública e dereito administrativo. 
  5. A responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas.
  6. Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
  7. Decreto lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade
  8. A actividade subvencional
  9. Seguridade e hixiene no traballo
  10. A protección de datos de carácter persoal
  11. A administración electrónica
  12. O orzamento xeral das Entidades Locais
  13. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público
  14. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  15. O acto administrativo
  16. O procedemento administrativo
  17. Os recursos administrativos
  18. Contratos do Sector Público
  19. Contratos do Sector Público
  20. Os bens das entidades locais
  21. A ordenación urbanística municipal
  22. O emprego público
  23. O Municipio
  24. A incidencia da lexislación sectorial sobre o réxime local.
  25. A organización municipal.
  26. As competencias municipais
  27. Especialidades do procedemento administrativo local.
  28. Funcionamentos do órganos colexiados locais.
  29. Actas e certificacións dos acordos.
  30. A potestade sancionadora da Administración.
  31. Lexislación sectorial aplicable ao ámbito local
  32. A ofimática

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: