REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Ter a nacionalidade española ou ser nacional dalgún dos estados aos que se refiren os apartados 1 e 3 do artigo 57 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público ou ben atoparse relacionado cun nacional indicado no apartado 1 do artigo 57 do xeito indicado no apartado 2 do artig57 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas
- Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que tivese sido separado ou inhabilitado. Será aplicable, por contra, o beneficio da rehabilitación conforme coas normas penitenciarias e administrativas, que o aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
- Non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.
- No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá acreditarse que se está en posesión da correspondente homologación expedida polas autoridades educativas pertinentes na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
Presentaranse preferentemente no Rexistro Xeral Electrónico do Concello do Barco de Valdeorras (situado na sede electrónica do Concello) ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistros (que nesta Administración se atopa no edificio núm. 2 da praza do Concello da Vila do Barco de Valdeorras e conta co horario de 09:00 a 14:00 en días hábiles) no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da correspondente convocatoria no Boletín Oficial do Estado, é dicir, ate o día 30/08/2022
As solicitudes poderanse remitir tamén na forma determinada no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro
CREACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO:
Crearase unha bolsa de emprego para cada procedemento cos aspirantes que aprobase o primeiro e o segundo exercicio, para futuros nomeamentos como funcionarios interinos para postos das correspondentes subescalas para o caso de que o Concello teña a necesidade de acudir ao seu nomeamento por producirse algunha das circunstancias que sinale a lexislación vixente
Para formar parte da bolsa, deberase indicar expresamente na solicitude presentada e facilitar un correo electrónico na solicitude e/ou un número de teléfono.
A orde dos integrantes da bolsa virá determinada pola suma da puntuación obtida en todos os exercicios nos que participen os aspirantes.
Realizarase o chamamento por rigorosa orde de puntuación, é dicir, realizándoo á persoa que se sitúe no primeiro lugar da bolsa e podendo soamente seleccionar á seguinte persoa cando a primeira rexeitase o posto de traballo ofertado ou non contestase ao chamamento no prazo dado para os efectos. O chamamento ou ofrecemento poderá realizarse por teléfono ou por correo electrónico e publicarase tamén no taboleiro de anuncios do Concello. Cando se empregue a comunicación telefónica a persoa encargada de realizalo deberá deixar por escrito constancia das incidencias que xurdan.
2 PRAZAS AUXILIAR ADMINISTRATIVO:
Estar en posesión ou en condición de obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria. Así mesmo, observarase o establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada mediante a Orde EDU/520/2011, do 7 de marzo. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, no seu caso, a homologación do título.
Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional no ámbito das profesións reguladas, ao amparo das disposicións de
dereito da Unión Europea
Os aspirantes deberán estar en posesión da devandita titulación, na data en que remate o prazo de presentación de instancias. É dicir, os aspirantes deberán ter o título ou presentar a acreditación do órgano educativo correspondente de que o aspirante ten dereito á súa expedición por ter aprobado a totalidade dos estudos precisos para a súa obtención e ter realizado as actuacións precisas para a súa expedición (xa sexa a mera solicitude da expedición ou o pagamento das taxas correspondentes, de proceder estas). É dicir, que de ser o caso de que o
aspirante non posúa fisicamente o documento acreditativo da titulación na data de remate de presentación de instancias podería posuílo ao cumprir con todas as esixencias establecidas para posuílo.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 110 minutos
Consistirá nun cuestionario, que se responderá por escrito, de 90 preguntas tipo test (máis 6 de reserva) con 4 alternativas de resposta cada unha.
EXERCICIO 2
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 1 hora
A proba de coñecemento da lingua galega estará dirixida á comprobación, por parte do tribunal, de que os aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos á proba ou probas que consideren máis adecuadas para tal comprobación.
Poderá consistir na tradución dun ou varios textos. Unha vez rematado o exercicio, o tribunal chamará aos aspirantes para que dean lectura total ou parcial do exame.
Quedarán exentas da realización desta proba aquelas persoas que acrediten estar en posesión do Celga 3 ou título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
EXERCICIO 3.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 60 minutos
Consistirá na redacción por escrito, dun ou varios supostos prácticos de carácter procedemental e administrativo que determinará o tribunal antes do comezo do exercicio, relativos ás tarefas administrativas propias da subescala. Este exercicio poderá ser lido polos aspirantes no caso de que o estableza o tribunal, lectura que será, nese caso, obrigatoria e que se anunciará cando se publique a data e a hora na que se realizará o exercicio. Os aspirantes serán chamados á lectura mediante anuncio publicado no taboleiro de anuncios do Concello.
TEMARIO
:
- A Constitución española.
- A organización do Estado español na Constitución.
- A Coroa
- O Poder Xudicial
- O Estatuto de autonomía de Galicia
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
- O municipio
- Os recursos das facendas locais
- As fontes do ordenamento xurídico.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.I
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.II
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.III
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
- Singularidades dos procedementos administrativos das entidades locais.
- O patrimonio das administracións públicas.
- Actividade subvencional das entidades locais
- Os contratos do sector público
- A organización municipal.
- O sistema electoral local
- Réxime de sesións dos órganos de goberno local
- O persoal ao servizo das administracións públicas
- A Secretaría, a Intervención e a Tesourería municipal no Decreto 128/2018, do 16 de marzo.
- O orzamento xeral das entidades locais
- A execución do orzamento de gastos e de ingresos
- A tesouraría das entidades locais
- O imposto sobre bens inmobles.
- Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
- Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
- Discapacidade
- Informática básica
1 PRAZA DE ADMINISTRATIVO/A
Estar en posesión ou en condicións de obter o título de bacharel ou técnico. Así mesmo, observarase o establecido na Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada mediante a Orde EDU/520/2011, do 7 de marzo. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, no seu caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao amparo das disposicións de dereito da Unión Europea
Os aspirantes deberán estar en posesión da correspondente titulación na data en que remate o prazo de presentación de instancias. É dicir, os aspirantes deberán ter o título ou presentar a acreditación do órgano educativo correspondente de que o aspirante ten dereito á súa expedición por ter aprobado a totalidade dos estudos precisos para a súa obtención e ter realizado as actuacións precisas para a súa expedición (xa sexa a mera solicitude da expedición ou o pagamento das taxas correspondentes, de proceder estas). É dicir, que de ser o caso de que o aspirante non posúa fisicamente o documento acreditativo da titulación na data de remate de presentación de instancias podería posuílo ao cumprir con todas as esixencias establecidas para posuílo.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 120 minutos
Consistirá nun cuestionario, que se responderá por escrito, de 100 preguntas tipo test (máis 6 de reserva) con 4 alternativas de resposta cada unha
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos
A proba de coñecemento da lingua galega estará dirixida á comprobación, por parte do tribunal, de que os aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego, someténdoos á proba ou probas que consideren máis adecuadas para tal comprobación
Unha vez rematado o exercicio o tribunal chamará aos aspirantes para que dean lectura total ou parcial do exame.
Quedarán exentas da realización desta proba aquelas persoas que acrediten estar en posesión do Celga 4 u o título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
EXERCICIO 3
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 90 minutos
Consistirá na redacción por escrito, dun ou varios supostos prácticos de carácter procedemental e administrativo que determinará o tribunal antes do comezo do exercicio, relativos ás tarefas administrativas propias da subescala.
Este exercicio poderá ser lido polos aspirantes para o caso de que o estableza o tribunal, lectura que será, nese caso, obrigatoria e que se anunciará cando se publique a data e a hora na que se realizará o exercicio.
TEMARIO:
- A Constitución española.
- A Constitución española de 1978
- A organización do Estado español na Constitución.
- A Coroa.
- As Cortes Xerais
- O Poder Xudicial.
- O Poder Executivo.
- Os estatutos de autonomía.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
- A Administración local
- O municipio
- A Facenda local na Constitución
- As fontes do ordenamento xurídico.
- O Estatuto de autonomía de Galicia
- O procedemento administrativo
- Fases do procedemento administrativo xeral
- A tramitación electrónica do procedemento administrativo.
- O acto administrativo.
- O procedemento administrativo local.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.
- O Estatuto básico do empregado público.
- O persoal ao servizo da Administración local.
- Actividade subvencional das entidades locais
- A responsabilidade patrimonial da Administración pública
- A protección de datos de carácter persoal.
- O padrón de habitantes
- O estatuto dos veciños.
- A potestade regulamentaria dos entes locais territoriais
- Os bens das entidades locais
- Os impostos locais obrigatorios sobre bens inmobles, actividades económicas e sobre vehículos de tracción mecánica.
- As taxas municipais e as súas clases.
- A Secretaría, a Intervención e a Tesourería municipal no Decreto 128/2018, do 16 de marzo.
- O control interno da actividade económico-financeira das entidades locais
- O réxime xurídico da recadación das entidades locais.
- O orzamento das entidades locais.
- A execución do orzamento de gastos e de ingresos
- A liquidación do orzamento.
- A tesouraría das entidades locais.
- A conta xeral das entidades locais
- A Lei do solo de Galicia
- Réxime xurídico dos contratos do sector público
- Clases de contratos
- Preparación e actuacións preparatorias nos contratos. Selección do contratista e adxudicación dos contratos
- O municipio
- Organización municipal no réxime común.
- O sistema electoral local.
- Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
- Discapacidade.
- Informática básica.