REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Posuír ou estar en condicións de obter a titulación universitaria de grao ou licenciatura en psicoloxía, especialidade en psicoloxía clínica, ou equivalente
As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello da Coruña (https://sede.coruna.gal/sede/es/tramites-y-servicios-electronicos/guia-de-procedimientos-y-servicios/ detalle-de-procedimientos/participacion-en-pruebas-selectivas/contenido/1453753399919?argIdioma=es) mediante o procedemento específico “Participación en probas selectivas”.
Poderán tamén presentarse en calquera das formas que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
O prazo de presentación de solicitudes será de
20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no BOE.
As persoas aspirantes deberán cubrir con exactitude o modelo específico de solicitude de admisión a probas selectivas dispoñible no
seguinte enlace https://sede.coruna.gal/descarga/1453753402297/mod095_Solicitud_pruebas_ selectivas.pdf , na páxina web www.coruna.gal ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello da Coruña.
As persoas aspirantes deberán aboar unha taxa de 24,16 € por dereitos de exame de acordo coa Ordenanza fiscal núm. 1 reguladora da taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos.
O ingreso do importe da taxa poderá realizarase mediante autoliquidación da taxa na Oficina Virtual do Contribuínte (OVC) e posterior pago da autoliquidación en Autoliquidacións (coruna.gal), en calquera banco, caixa de aforros ou cooperativa de crédito das que actúan como entidades colaboradoras na recadación tributaria, así como na oficina de recadación municipal situada na Rúa Franja, 20-22.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 100 minutos
Cuestionario tipo test de 100 preguntas, máis 10 preguntas de reserva, con catro alternativas de resposta, sendo só unha delas correcta, en relación ao contido total do temario
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 150 minutos
Consistirá nun suposto práctico, a elixir entre dous propostos polo tribunal.
EXERCICIO 3
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 120 minutos
Consistirá en desenvolver por escrito dous temas, a elixir entre catro.
EXERCICIO 4
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos
Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten dentro do prazo de presentación de solicitudes estar en posesión do Celga 4 ou título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
O exercicio consistirá na tradución directa ou inversa dun ou varios textos, en castelán ou galego
.
ELABORACIÓN DE LISTAXES DE PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO
Elaborarase unha listaxe de agarda coas persoas aspirantes que, superando algún dos exercicios da fase de oposición, non obtivesen praza, para a cobertura temporal de prazas por persoal funcionario interino nas circunstancias reguladas no artigo 10.1 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
TEMARIO
:
- A Constitución Española.
- O Goberno
- O Estatuto de autonomía de Galicia
- Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. I
- Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. II
- Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. III
- Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. IV
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, do Réxime xurídico do sector público
- O réxime local.
- O persoal ao servizo das Administracións Públicas I
- O persoal ao servizo das Administracións Públicas II
- Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais I
- Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais II
- Contratos do Sector Público. I
- Contratos do Sector Público. II
- Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno
- Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
- Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
- L
ei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia
- A lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
- O Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento
- A Historia Social Única Electrónica
- O Decreto119/2005, de 6 de maio, polo que se crea o Instituto de Medicinal Legal de Galicia.
- A Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia
- O Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá.
- A protección dos e das menores
- A Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro de protección xurídica do menor
- A Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia.
- A Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
- O marco normativo da atención á saúde mental
- A acción social.
- O terceiro sector da acción social
- A atención á saúde mental.
- Técnicas de exploración psicolóxica
- Historia da Psicoloxía Clínica.
- A psicoloxía Clínica como especialidade
- A ética na Psicoloxía Clínica
- A loita contra o estigma e a discriminación da enfermidade mental
- Funcións do/a Psicólogo/a Clínico/a nos servizos sociais comunitarios e de benestar social
- Psicopatoloxía
- Trastornos da personalidade
- Esquizofrenia
- Trastornos por ansiedade
- Trastornos obsesivos compulsivos
- Trastornos disociativos (de conversión).
- Trastornos do humor (afectivos)
- Reaccións ao stress grave e aos traumas e trastornos de adaptación.
- Condutas aditivas
- Trastornos de hábitos e control de impulsos (disruptivos)
- Trastornos do espectro autista (TEA).
- Discapacidade Intelectual.
- Trastornos específicos da linguaxe
- Trastornos mentais orgánicos
- Trastornos específicos da aprendizaxe
- Trastornos por déficit de atención e hiperactividade (TDAH).
- Trastornos disociais e trastornos do comportamento social na infancia
- Trastornos emocionais e do comportamento social de comezo habitual na infancia
- O maltrato infantil.
- Os abusos sexuais.
- A psicoxeriatría clínica
- O senfogarismo
- Xénero e Saúde Mental.
- A violencia de xénero
- A violencia filio-parental
- A atención temperá
- A psicoloxía da Saúde.
- Psicopatoloxía laboral e escolar
- O proceso diagnóstico.
- Os procedementos de recollida de información.
- Avaliación das aptitudes.
- Avaliación da personalidade.
- Avaliación da motivación
- Avaliación e rehabilitación neuropsicolóxica.
- Avaliación do desenvolvemento psicomotor
- Avaliación do desenvolvemento intelectual e social na infancia e adolescencia
- Avaliación do desenvolvemento afectivo-emocional e do desenvolvemento moral.
- Avaliación do desenvolvemento da linguaxe.
- Avaliación do funcionamento intelectual afectivo e social na vellez.
- Modificación de conduta I
- Modificación de conduta II
- Modificación de conduta III
- Terapia psicoanalítica
- Psicoterapia dinámica breve e focal.
- Aproximacións humanísticas á psicoterapia
- A teoría sistémica
- Terapias construtivistas.
- Terapias narrativas
- Os principais modelos da psicoterapia integradora.
- A psicoterapia de grupo.
- Intervención en crise
- Psicoloxía forense
- A Psicoloxía baseada na evidencia
- A psicoloxía clínica nos centros de protección e tutela de menores.
- Modelos e técnicas de resolución de conflitos
- Clasificación e diagnóstico en psicopatoloxía.