Diseño del blog

O Concello de A Estrada crea unha bolsa de Encargados/as para o servizo de protección civil

6 de junio de 2022

O CONCELLO DE A ESTRADA PUBLICA AS BASES DA CONVOCATORIA PARA A ELABORACIÓN DUNHA BOLSA DE ENCARGADOS/AS PARA O SERVIZO DE PROTECCIÓN CIVIL (PERSOAL LABORAL TEMPORAL)

REQUISITOS E SOLICITUDES:
O prazo para a presentación de instancias será de 10 días naturais que comezarán a contar dende o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOPPO, é dicir, ate o día 16/06/2022.

Deberase, xunto coa instancia presentar o xustificante do pagamento das taxas de inscrición que ascenden a 15€

As solicitudes poderanse presentar tanto no rexistro xeral do Concello de A Estrada como de xeito telemático a través da Sede Electrónica. As solicitudes que se presenten a tra´ves da oficina de Correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas antes de ser certificadas. 

Para poder acceder a dita bolsa de emprego deberase estar en posesión do título de ESO ou equivalente así como do permiso de conducir de tipo C e é recomendable contar co título de galego Celga3 ou equivalente.

PROCESO SELECTIVO
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para realizalo de 60 minutos

Cuestionario tipo test de 50 preguntas con 4 respostas alternativas das que só unha será correcta sobre o contido do programa

EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio

Realización dunha proba práctica sobre as funcións a desenvolver tendo en conta o contido do temario e que será determinado polo Tribunal antes da súa realización.

EXERCICIO 3 . Proba de galego

As persoas aspirantes que non demostren o coñecemento da lingua galega a través do correspondente certificado terán que realizar obrigatoriamente unha proba específica que demostre tal coñecemento, quedarán exentas aquelas persoas aspirantes que opten por realizar o exercicio obrigatorio en lingua galega. 

Traducción do castelán ao galego nun tempo máximo de 10 minutos

FUNCIONAMENTO DA BOLSA.
Con todos aqueles aspirantes que superaran os exercicios obrigatorios, elaborarase unha Bolsa con unha vixencia de 3 anos, por orde decrecente de puntuación, os cales poderán ser chamados para futuras contratacións.

Cando sexa necesario proceder ao chamamento para a cobertura dunha praza, trala tramitación do seguinte procedemento, ofertarase á primeira persoa que figure en primeiro lugar da Bolsa que estea pendente de chamar por orde de mellor puntuación.

O departamento de persoal porase en contacto telefónico coa persoa aspirante, seguindo rigorosamente a orde establecida, no caso de que non se poida localizar, intentarase por medio dun correo electrónico, debendo o aspirante dar unha contestación no prazo máximo de 72 horas; sendo o aspirante non localizado colocado na mesma posición que tiña adxudicada orixinalmente. Se o aspirante rexeita a oferta de emprego, pasará ao final salvo que o interesado manifeste expresamente a súa vontade de ser excluído da mesma. 

Se un aspirante alega e xustifica a imposibilidade de incorporación efectiva por estar traballando, ou de baixa laboral, continuará na Bolsa na mesma posición que ocupaba inicialmente, ainda que non será activado na mesma e chamado para unha nova oferta ata que o propio aspirante comunique ao departamento de persoal que está dispoñible por haberse modificado a causa que alegou para non aceptar a oferta de traballo.

TEMARIO:
  1. A Constitución española de 1978
  2. A Organización do Estado na Constitución española.
  3. O Estatuto de Autonomía de Galicia:
  4. O Muncipio
  5. As competencias municipais
  6. O Termo Municipal
  7. Lei 5/2007, de 7 de maio, de Emerxencias de Galicia
  8. Lei 17/2015, de 9 de xullo, do Sistema Nacional de Protección Civil
  9. AXEGA (Axencia Galega de Emerxencias)
  10. Protección civil
  11. Plan Territorial de Emerxencias.(PLATERGA)
  12. O accidente de tráfico
  13.  A protección civil no tráfico e seguridade via
  14. Operacións de salvamento en altura e en espazos confinado
  15. Comunicacións
  16. Mercadorías perigosas
  17. Accidentes de tráfico e excarceración
  18. Actuación en sucesos por fenómenos naturais
  19. Extinción de incendios urbanos e industriais
  20. Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia
  21. Transporte de enfermos
  22. Apeos e apuntalamentos.
  23. Plan de autoprotección

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: