Diseño del blog

O Concello de A Pastoriza publica as bases e convocatoria para 3 prazas de peón de brigada de servicios

8 de noviembre de 2022

O CONCELLO DE A PASTORIZA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 3 PRAZAS DE PEÓN DE BRIGADA DE SERVICIOS BÁSICOS

COMETIDO FUNCIONAL:

  • Realización de limpeza viaria urbana.
  • Realización de traballos de mantemento de xardinería e zonas verdes. 
  • Realización de mantemento e instalación de mobiliario urbano, así como mantemento de edificios municipais. 
  • Realización de tarefas básicas de albanilería, fontanería, carpintería e pintura.
  • Realización de pequenas actuacións de mantemento e mellora de vías públicas. 
  • Reparación de pequenas avarías en zonas viarias. 
  • Reparación de pequenas avarías na rede de abastecemento de auga 
  • Realización de tarefas de mantemento de vehículos municipais. 
  • Condución de vehículos municipais.
  • Calquera outra tarefa da súa categoría que lle sexa encomendada en atención ás necesidades do servizo.


REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Nacionalidade: Ter a nacionalidade española ou algunha outra que, con arranxo ao disposto no artigo 57 do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, e artigo 52 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia, e restante normativa concordante, permita o acceso á praza convocada.
  • Capacidade funcional: Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
  • Idade: Ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder, se é o caso, da idade máxima e xeral de xubilación forzosa, sen prexuízo daqueloutras concretas previsións e idades aplicables, no seu caso e segundo a praza convocada, consonte a normativa específica/sectorial de referencia
  • Titulación: De acordo co disposto no apartado c) do art. 135, do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local; co art. 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto: e coa disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido la Lei do estatuto básico do empregado público (TREBEP), non será necesario estar en posesión de ningunha titulación académica oficial. 
  • Estar en posesión do permiso de conducir da categoría B
  • Idioma: Estar en posesión do CELGA 2. Este requisito de non cumprirse será substituído pola realización dunha proba práctica. 


O prazo de presentación de instancias/solicitudes de participación será de vinte (20) días naturais contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da respectiva convocatoria no Boletín Oficial do Estado. A non presentación en tempo e forma suporá a inadmisión da persoa aspirante no proceso selectivo.


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 1 hora

Consistirá nun exercicio tipo test de 15 preguntas con tres respostas alternativas e 3 preguntas de reserva que versarán sobre as materias recollidas no temario. 


EXERCICIO 2.

Tempo: 35 minutos

Consistirá na realización dunha proba práctica que terá por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen no programa, nun caso concreto que responda ás funcións ou tarefas do posto que se convoca. 


O Tribunal poderá formular preguntas ao aspirante unha vez finalizada a proba. 


PROBA DE GALEGO

Obrigatoria e eliminatoria

De conformidade co disposto no artigo 54 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a proba de galego consistirá na traducción dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, cuxo contido corresponderá ao esixido para a obtencion da acreditación do nivel de galego esixido, CELGA 2.


TEMARIO:

  1. A Constitución Española. Principios xerais. O municipio como entidade local.
  2. O concello da Pastoriza: organización e competencias.
  3. Fontanaría. Conceptos xerais. Ferramentas e útiles. Avarías e reparacións.
  4. Albanelería e pavimentacións. Conceptos xerais. Materiais empregados. Útiles, ferramentas e maquinarias. Coñecementos técnicos
  5. Carpintaría. Conceptos xerais. Útiles e ferramentas básicas de carpintería. Técnicas básicas de carpintería. Tipos de madeira. Traballos de mantemento e reparación máis frecuentes.
  6. Xardinería e mantemento de zonas verdes. Conceptos xerais e funcións do xardineiro. As plantas. Ferramentas e útiles para o traballo de xardinería. Principais técnicas do coidado das plantas. Enfermidades das plantas
  7. Pintura e revestimentos. Conceptos xerais. Ferramentas para aplicar e quitar pinturas. Limpeza e conservación. 
  8. O motor. Clases e combustibles. Motores de aceite pesado. Mantemento e avarías frecuentes. Refrixeración do motor e sistemas máis usados. 
  9. O engraxe. Sistemas empregados. Temperatura e presión do aceite. Avarías máis frecuentes. 
  10. Prevención de riscos laborais no posto de peón de servizos básicos. A seguridade na condución de vehículos e máquinas. Sinalización e balizamento en obras ou avarías na vía pública.

Contáctenos

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: