Diseño del blog

O Concello de Ames Publica as bases e convocatoria para 1 praza de Conserxe de Centro de ensino

15 de diciembre de 2022

O CONCELLO DE AMES PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE CONSERXE DE CENTRO DE ENSINO

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española. 
  • Tamén poderán participar, como persoal funcionario, en igualdade de condicións que os españois, con excepción daqueles empregos públicos que directa ou indirectamente impliquen unha participación no exercicio do poder público ou na salvagarda dos intereses xerais do Estado e das Administracións públicas: 
  • Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea.
  • O cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os descendentes menores de vinte e un anos ou maiores desta idade que sexan dependentes.
  • As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Os estranxeiros mencionados así como os estranxeiros con residencia legal en España poderán acceder, como persoal laboral, en igualdade de condicións que os españois.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. 
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. En caso de ser nacional doutro Estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público
  • Título oficial de Graduado/aen ESO, Graduado Escolar ou equivalente
  • Celga 3 ou equivalente (Se non se acredita o coñecemento da lingua galega, o aspirante deberá superar unha proba que poña de manifesto o coñecemento de galego no nivel esixido)


O plazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE.


As taxas de examen ascenden a 21,52€


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1.

Tempo: 80 minutos


Contestación dun cuestionario tipo test no que cada pregunta disporá de tres respostas alternativas das que unicamente unha será valida. As respostas en branco e as respostas erróneas non descontarán.


Consistirá na resolución por escrito dun cuestionario tipo test de 40 preguntas.


TEMARIO:

  1. Organización e funcionamento do municipio.
  2. O municipio: elementos e competencias
  3. Ordenanzas, regulamentos e bandos: clases procedementos de elaboración e aprobación. 
  4. Función pública local: os funcionarios públicos locais.
  5. Funcións os conserxes dos centros de ensino de Ames.
  6. Apertura e peche de edificios e locais. Posta en marcha e parada de instalacións
  7. Depósito, entrega, recollida e distribución de correspondencia e obxectos.
  8. Almacenamento e traslado de materiais e aveños. Traslado de cargas.
  9. Organización e funcionamento dun centro escolar: Órganos colexiados e composición. Órganos de coordinación docente e composición.
  10. Proxectos de xestión dun centro educativo.

Contáctenos

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: