REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Ter a nacionalidade española. Ademais, de conformidade cestablecido nos artigos 57 do texto refundido da Lei do Estatutbásico do empregado público e 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, poderán acceder as persoas que posúan a nacionalidade doutros estados membros da Unión Europea así como as persoas estranxeiras que sexan cónxuxes de persoas que posúan a nacionalidade española ou doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separadas de dereito, e os seus descendentes e os do cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito, que sexan menores de 21 anos ou maiores que vivan as súas expensas. As mesmas regras aplicaranse, de ser o caso, ás persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras.
- Ter cumpridos 16 anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
- Estar en posesión, ou en condición de obter, o título académico oficial de bacharel, formación profesional de segundo grado ou equivalente de conformidade co disposto na Orde EDU/1603/2009, de 10 de xuño, pola que se establecen equivalencias cos títulos de graduado en educación secundaria obrigatoria e de bacharelato, regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
- As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título. Este requisito non se lles aplicará ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional no ámbito das profesións reguladas ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea
- Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións, sen prexuízo de que sexan admitidas persoas con diversidade funcional en igualdade de condicións ca as demais persoas aspirantes
- Non estar separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais do Estado ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial firme. No caso de ser nacional doutro estado, non estar inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida o acceso ao emprego público no seu estado nos mesmos termos
- Non incorrer en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente
- Acreditar o coñecemento da lingua galega de acordo co establecido no artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e na forma establecida na base seguinte
As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica, a través da sede electrónica ou por calquera dos procedementos que prevé o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública. As instancias dirixiranse ao alcalde do
Concello de Avión, e presentaranse no prazo de 20 días hábiles,
contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio
da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, e dicir, ate o 18/08/2022
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 60 minutos
En ningún caso será antes do
mes de novembro de 2022, deberá anunciarse cun mínimo de
15 días naturais de antelación no Boletín Oficial da Provincia de
Ourense
Cuestionario tipo test
de 50 preguntas, con catro respostas alternativas das que só
unha será a correcta, sobre o contido do programa da convocatoria
EXERCICIO 2
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 60 minutos
Desenvolver por escrito un tema entre dous propostos polo Tribunal sobre o contido do programa da convocatoria aínda que
non necesariamente pode circunscribirse a un tema en concreto senón que pode comprender asuntos relacionados con dous
ou máis temas
EXERCICIO 3
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 90 minutos
Resolver un ou varios supostos prácticos que
determinará o Tribunal, con supostos relacionados coas materias obxecto do temario relativas ás tarefas administrativas
propias desta praza
EXERCICIO 4.
Cun tempo de 30 minutos
As persoas aspirantes que non demostren o coñecemento da lingua galega a través do correspondente certificado (Celga 3
ou equivalente) terán que realizar obrigatoriamente unha
proba específica de lingua galega que consistirá nunha tradución do castelán ao galego, adecuada ao nivel e contido da
praza convocada
TEMARIO:
- A Constitución española de 1978
- A Coroa na Constitución de 1978.
- As Cortes Xerais
- O Goberno na Constitución
- O Poder Xudicial
- O Estado
- A organización territorial do Estado español
- O acto administrativo
- O procedemento administrativo
- A terminación do procedemento
- A revisión dos actos administrativos
- Especialidades do procedemento administrativo local.
- Os dereitos das persoas nas súas relacións coas administracións públicas.
- As formas da actividade administrativa
- O servizo público
- Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector
público.
- As partes na contratación pública
- O procedemento de contratación
- O municipio
- A organización municipal
- Funcionamento dos órganos colexiados locais
- Ordenanzas e regulamentos das entidades locais.
- As formas de actividade das entidades locais.
- A licenza urbanística
- A provincia
- Outras entidades locais
- O persoal ao servizo das entidades locais
- Dereitos e deberes dos empregados públicos
- A potestade sancionadora
- Os bens das entidades locais
- O orzamento das entidades locais
- Principios orzamentarios.
- As facendas locais
- Contabilidade da execución do orzamento de gastos. Contabilidade do orzamento de ingresos. Contabilidade do activo non corrente e activos financeiros. Pasivos financeiros.
- Operacións non orzamentarias.
- A liquidación do orzamento e a conta xeral.