Diseño del blog

O Concello de Bóveda publica as bases e convocatoria para 1 praza de axente de emprego e desenvolvemento local

1 de octubre de 2022

O CONCELLO DE BÓVEDA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE AXENTE DE EMPREGO E DESENVOLVEMENO LOCAL

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ser español ou nacional dos demais estados membros da Unión Europea. Así mesmo, poderán participar no proceso selectivo os estranxeiros que reúnan a condición de cónxuxes de españois ou de nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito, e os seus descendentes e osdo cónxuxe menores de 21 anos ou maiores que vivan ás súas expensas
  • Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas.
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión do título de grao, diplomatura ou equivalente (de conformidade co disposto na Disposición Adicional Quinta da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia) de:
  • Xestión e Administración Pública.
  • Dereito
  • Ciencias Políticas e da Administración
  • Administración e Dirección de Empresas.
  • Ciencias Empresariais.
  • Ciencias Económicas.
  • Ciencias do Traballo.
  • Graduado Social.
  • Educación Social
  • Relacións Laborais e Recursos Humanos.
  • Non atoparse separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse e inhabilitación absoluta ou especial para cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionarios, no que tivese sido separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, nonatoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Non estar incurso en causas de incompatibilidade ou de incapacidade de conformidade co disposto na Lei
    53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
  • O coñecemento do idioma galego acreditarase mediante diploma, −Celga 4 ou equivalente −, certificado ou
    curso homologado polo órgano competente en materia de política lingüística, e, no seu defecto, mediante proba escrita que se lle realizará ao aspirante. Esta proba consistirá na tradución dun texto do castelán ao galego na que o aspirante amose o seu coñecemento da lingua galega.

As solicitudes para participar no proceso selectivo axustaranse ao modelo que figura como Anexo II, irán
dirixidas ao Sr. Alcalde-Presidente e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao
público de 09:00 a 14:00 horas, durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados dende o seguinte ao da
publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado

PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1: Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 60 minutos
Consistirá na realización dun exercicio tipo test de 40 preguntas e 4 preguntas de reserva que tratarán sobre as
actividades propias do posto a desempeñar e segundo o temario

EXERCICIO 2:  Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 60 minutos
Consistirá na resolución dun ou varios supostos prácticos propostos polo tribunal e que tratarán sobre as
actividades propias a desempeñar e segundo o temario

EXERCICIO 3: Obrigaorio e eliminatorio cun tempo de 20 minutos
En cumprimento do sinalado, as persoas aspirantes deberán realizar unha proba que consistirá na tradución dun
texto de castelán a galego, elixido polo Tribunal.

Están exentos da realización de dita proba os/as aspirantes que presenten durante o prazo de solicitudes, e
acrediten posuír con data límite do prazo de subsanación de instancias, o CELGA 4 ou equivalente.

TEMARIO:
  1. Constitución española de 1978. I
  2. Constitución española de 1978. II
  3. Constitución española de 1978 III
  4. Constitución española de 1978 IV
  5. Constitución española de 1978 V
  6. Comunidade autónoma galega
  7. A Administración autonómica de Galicia.
  8. Réxime local español
  9. Municipio.
  10. ometemento da administración á lei e dereito
  11. As fontes do Dereito público.
  12. Potestade regulamentaria dos entes locais
  13. isposicións xerais do procedemento administrativo común.
  14. Os actos administrativos.
  15. Revisión dos actos en vía administrativa.
  16. A administración electrónica.
  17. A responsabilidade patrimonial da administración.
  18. O sistema electoral local.
  19. As facendas locais.
  20. Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións
    Públicas.
  21. A estratexia europea polo emprego.
  22. Programación de fondos europeos da política de emprego da Unión Europea
  23. Política estrutural da Unión Europea.
  24. Os novos fondos NextGeneration EU.
  25. As políticas activas de emprego.
  26. Políticas de igualdade
  27. Marco legal e principios xerais da protección de datos de carácter persoal na Administración Pública.
  28. Funcionamento dos órganos colexiados na Administración local.
  29. Lei 9/2017 de 8 de novembro de Contratos do Sector Público.
  30. O prezo do contrato.
  31. Os tipos persoal ao servizo da Administración Local
  32. Lei de emprego público de Galicia.
  33. Dereitos e deberes laborais.
  34. Relación Postos de Traballo na Administración.
  35. O contrato de traballo, partes, capacidade para contratar e contido.
  36. As prestacións do traballador e do empresario
  37. A actividade subvencional das Administracións Públicas.
  38. A Xunta de Galicia e as principais liñas de axudas a entidades locais.
  39. A Deputación Provincial de Lugo como organismo de cooperacións cos Concellos.
  40. O Servizo Público de Emprego en Galicia (SPEG
  41. A figura do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local.
  42. Medidas de apoio as entidades locais de Galicia para a contratación de Axentes de Emprego e
    Desenvolvemento Local.
  43. Servizos e axudas ás persoas demandantes de emprego e a inserción laboral de colectivos con
    especiais dificultades de acceso ao mercado de traballo.
  44. O emprendemento.
  45. Plans para o fomento do emprego e a creación de empresas
  46. A empresa
  47. O Plan de empresa
  48. Plans de desenvolvemento local.
  49. Análise económica do mercado de traballo
  50. Discapacidade e inclusión social.
  51. Formación profesional para o emprego.
  52. Axudas e subvencións para os obradoiros duais de emprego no ámbito da CCAA de Galicia
  53. Programas integrados de emprego.
  54. O emprego e as tecnoloxías da información e a comunicación.
  55. A instrumentación contable da empresa
  56. Características da estrutura empresarial da provincia de Lugo e de Galicia.
  57. Xestión cultural, deportiva e do ocio como ferramenta de desenvolvemento local.
  58. Os Puntos de Información Catastral (PIC)
  59. Os grupos de desenvolvemento rural (GDR)
  60. O municipio de Bóveda

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: