Diseño del blog

O Concello de Burela publica as bases e a convocatoria para 1 praza de Orientador/a laboral

13 de octubre de 2022

O CONCELLO DE BURELA PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE ORIENTADOR/A LABORAL

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
  • Acreditar a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto. En consecuencia non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo. 
  • Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Estar en posesión da seguinte titulación académica: diplomatura universitaria ou grao en educación social, ciencias empresariais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, relacións laborais, graduado social ou equivalentes. 
  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera a das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. 
  • Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade que determine a lexislación vixente. 


O prazo de presentación será de 5 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP). Si o último día do prazo é inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte, é dicir, ate o día 18/10/2022


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 75 minutos


Consistirá en responder por escrito un cuestionario tipo test de 50 preguntas, con 3 respostas alternativas, sendo só una delas correcta. Tamén haberá que responder 5 preguntas adicionais de reserva, que se valorarán no caso de que se anulen algunha/s das 50 preguntas do cuestionario tipo test


PROBA DE GALEGO:

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo 30 minutos


Consistirá en traducir sen axuda de dicionario, un texto de castelán a galego proposto polo Tribunal. 


Estarán exentos da realización da proba de galego as persoas aspirantes que acrediten posuír dentro do prazo de presentación de solicitudes o Celga 4, curso de perfeccionamento ou estudos equivalentes. 


LISTA DE RESERVA


O órgano de selección elaborara unha proposta complementaria (listaxe de reserva) na que figurarán as persoas aspirantes por rigoroso orde de puntuación co fin de asegurar a cobertura da praza convocada no caso de que se produza a renuncia da persoa aspirante seleccionada, con anterioridade ao nomeamento ou á toma de posesión ou no caso de cese do funcionario/a interino/a ou cando por calquera circunstancia sexa preciso proceder a un novo nomeamento durante o prazo de 12 meses de vixencia dos nomeamentos 


TEMARIO:

  1. A Constitución Española de 1978, principios xerais. Os dereitos e deberes fundamentais.
  2. A organización Territorial do Estado. Distribución constitucional de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas. O Estatuto de Autonomía de Galicia: estrutura. As competencias da comunidade autónoma de Galicia. 
  3. O Réxime Local Español. Principios constitucionais. .O Municipio. A organización municipal. Competencias municipais. 
  4. O Dereito Administrativo. As fontes de dereito administrativo. A potestade regulamentaria na esfera local: ordenanzas, regulamentos e bandos. 
  5. O procedemento administrativo común. Fases do procedemento administrativo común: Iniciación, ordenación, instrución, finalización e execución. Recursos contra os actos administrativos
  6. Os interesados. Dereitos dos cidadáns nas súas relación coas administración públicas. O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Rexistros, comunicación e notificacións.
  7. O persoal ao servizo da administración local. Clases. 
  8. O Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG): Distribución territorial de oficinas de emprego. O portal de emprego. Dereitos e deberes da persoa desempregada inscrita como demandante de emprego. Renovación da demanda. O punto de información. A intermediación laboral, a demanda de emprego e a oferta de emprego no SPEG.
  9. O persoal técnico de orientación laboral do SPEG. Accións que desenvolve. Obxectivos e protocolo da entrevista de orientación laboral. Itinerarios personalizados de inserción.
  10. O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE). Prestacións por desemprego e subsidios.
  11. A Seguridade Social, afiliación e cotización.
  12. O Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores: Dereitos e deberes dos traballadores; o contrato de traballo; elementos e eficacia do contrato de traballo. 
  13. Modalidades de contratación recollidas no Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e no Real Decreto-lei 32/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reforma laboral, a garantía da estabilidade no emprego e a transformación do mercado de traballo.
  14. Lei 11/2013, de 26 de xullo, de medidas de apoio ao emprendedor e de estímulo do crecemento e da creación de emprego:medidas de desenvolvemento da estratexia de emprendemento e emprego novo.

Contáctenos

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: