Diseño del blog

O Concello de Folgoso do Courel publica as bases e convocatoria para1 praza de Animador/a Turístico

16 de septiembre de 2022

O CONCELLO DE FOLGOSO DO COUREL PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE ANIMADOR/A TURÍSTICO POLO SISTEMA SELECTIVO DE CONCURSO-OPOSICIÓN CUNHA XORNADA COMPLETA POR 9 MESES

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Ser de nacionalidade española ou de nacionalidade dalgún dos demais Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores
  • Ter a capacidade funcional para o desenvolvemento das funcións e tarefas propias do posto (acreditarase na declaración xurada incluída na instancia). No suposto de aspirantes con grao recoñecido de minusvalía, que non supoña incapacidade para desempeño de posto de traballo, deberase referir tal situación na instancia, así como as adaptacións que se soliciten para realización de fase de oposición.
  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
  • Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario de calquera das Administracións Públicas nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas ou separado do exercicio de funcións públicas por sentenza firme, ou en situación equivalente para os nacionais doutro Estado (acreditarase na declaración xurada incluída na instancia).
  • Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
  • Técnico superior en información e comercialización turística. 
  • Técnico superior en guía, información e asistencia turística.
  • Técnico en empresas e actividades turísticas, titulo de grao ou diplomatura en turismo ou equivalente homologado. 
  • Certificado de profesionalidade de Promoción turística local e información ao visitante.
  • No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación. Ademais, achegarase ao título a súa tradución xurada, non considerándose documentación válida no caso de non incorporar tal tradución oficial
  • Non estar incurso/a en causa de incompatibilidade específica (acreditarase na declaración xurada incluída na Instancia)
  • Estar en situación de desemprego
  • Estar en posesión de carne de conducir B e ter dispoñibilidade de vehículo propio ou prestar compromiso da posibilidade de desprazarse polo Concello. 

Os/as interesados/as en formar parte deste proceso presentarán a súa instancia no Rexistro Xeral do Concello de Folgoso do Courel ou mediante calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común (LPAC) seguindo o modelo que aparece no Anexo I das presentes bases facendo constar que reúnen tódolos requisitos sinalados nelas. As solicitudes dirixiranse á Sra. Alcaldesa do Concello de Folgoso do Courel e presentaranse no prazo de 5 días hábiles dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP Lugo), é dicir, ate o día 20/09/2022
Rematado o prazo de presentación de instancias, mediante Decreto de Alcaldía acordarase a aprobacion da lista de admitidos e excluidos, con especificación, no seu caso, dos motivos da exclusión, a cal se publicará no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica. Os aspirantes excluidos disporán dun prazo de 2 días naturais, contados a partires do seguinte día ao da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que houbera motivado a exclusión. No suposto de producirse reclamacións deberá tomarse novo acordo estimándoas ou desestimándoas coa publicación da lista definitiva no taboleiro de anuncios. No caso de non presentarse reclamacións polos aspirantes excluídos (de existir) a lista publicada terá carácter definitivo. De non existir aspirantes excluídos, a Alcaldesa poderá elevar a definitiva a lista provisional na mesma resolución de aprobación. 
PROCESO SELECTIVO: Desglósase en dúas probas: unha proba escrita e unha proba oral:
PROBA ESCRITA: Obligatoria e eliminatoria cun máximo de 20 minutos
Consistirá na contestación dun cuestionario tipo test de 20 preguntas que versará sobre a parte xeral e específica do temario. Por cada pregunta daranse 4 respostas alternativas das que soamente unha é a correcta.
PROBA ORAL : Obrigatoria e eliminatoria
Consistirá na contestación oral de 3 preguntas elaboradas de común acordo polo tribunal con carácter previo á celebración do exercicio e relacionadas coa parte específica do temario.
PROBA DE GALEGO . Obrigatoria e eliminatoria cun tempo máximo de 10 minutos
Consistirá na tradución directa do castelán ao galego dun pequeno texto proposto polo órgano de selección inmediatamente antes de celebrarse o exercicio
Quedarán exentos de celebrar este exercicio aqueles aspirantes que aporten antes da súa celebración título oficial de coñecemento do idioma galego Celga 4 ou equivalente, debidamente homologado, correspondente ao nivel de estudios esixidos para participar nas probas selectivas, segundo a Orde de 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014.
TEMARIO :
  1. A Constitución Española de 1978
  2. A Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local.
  3. O Municipio
  4. A Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das AA.PP
  5. A Lei 7/2011, de 27 de outubro, de Turismo de Galicia.
  6. O municipio de Folgoso do Courel.
  7.  Coñecemento xeral dos aspectos turísticos e culturais máis relevantes do Concello de Folgoso do Courel.

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: