REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Título de Diplomado en Educación Infantil ou Título universitario de grao equivalente
- Ser empregada/o público do Concello de Lugo con praza en propiedade, da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica pertencente ao grupo inmediatamente inferior, e ter unha antigüidade mínima de dous anos no grupo dende o que se promove, entendéndose o de acceso á praza no grupo de orixe (C1).
As solicitudes para participar no correspondente proceso selectivo haberán de axustarse ao modelo aprobado polo Excmo. Concello de Lugo e as e os aspirantes manifestarán nelas, de xeito expreso, que reúnen todas e cada unha
das condicións de admisión previstas nestas bases específicas e nas xerais aprobadas pola Xunta de Goberno nas
sesións do 2 de xuño de 2010, 22 de decembro de 2010, 15 de outubro de 2014 e 5 de decembro de 2018 para
o acceso en propiedade a prazas pertencentes ao cadro de funcionarias/os do Concello de Lugo en quenda de
promoción interna.
As interesadas e interesados en participar nos correspondentes procesos selectivos deberán presentar instancia
dirixida á Excma. Sra. Alcaldesa no Rexistro Xeral do Concello de Lugo; así mesmo, poderán remitirse na forma
establecida no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das
administracións públicas (coa excepción establecida na súa disposición final sétima).
O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles contados, dende o seguinte á publicación do
anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado, é dicir, ate o día 20/07/2022
PROBAS SELECTIVAS:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 100 minutos
Contestar un cuestionario de 80 preguntas tipo test, máis 3 preguntas de reserva, correspondente ao conxunto do programa
EXERCICIO 2
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 120 minutos
Realización de 1 ou varios supostos prácticos que formulará o tribunal e que estará relacionado cos contidos do programa e coas funcións
propias das e dos titulares destas prazas
EXERCICIO 3
. Coñecemento da lingua galega.
Acreditarase o coñecemento da lingua galega de acordo co establecido no artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril,
de emprego público de Galicia. Realizarase unha proba de coñecemento da lingua galega que fixará oórgano de
selección atendendo á categoría e ás funcións da praza. Este exercicio puntuarase como apto ou non apto.
Estarán exentos da realización deste exercicio aquelas persoas aspirantes que acheguen, no prazo regulamentario
de presentación de solicitudes, o título CELGA 4 ou equivalentemente debidamente homologado, correspondente
ao nivel de estudios esixidos para participar nas probas selectivas, segundo a Orde de 16 de xullo de 2007, pola
que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, modificada pola
Orde do 10 de febreiro de 2014.
TEMARIO
:
- Os contratos do sector público
- Obxecto, orzamento base de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión. Garantías.
Preparación dos contratos: especial incidencia nos pregos de prescricións técnicas
- Criterios de adxudicación dos contratos
- O dereito á educación na Constitución
- Os contidos educativos do primeiro ciclo da Educación Infantil e requisitos básicos que deben cumprir os centros que o impartan na Comunidade Autónoma de Galicia.
- A Escola Infantil
- Financiamento das Escolas Infantís Municipais en Galicia
- A atención á infancia ao longo da historia
- Lexislación estatal en materia de protección da infancia
- Malos tratos infantís
- Características xerais do neno e a nena ata os 3 anos
- Atención á diversidade
- Desenvolvemento biolóxico dos nenos e nenas ata os 3 anos
- Desenvolvemento psicomotor nos nenos e nenas ata os 3 anos
- O desenvolvemento da personalidade
- O proceso de socialización nos nenos e nenas de 0 a 3 anos
- Principais correntes pedagóxicas e psicolóxicas en educación infantil
- A familia como axente de socialización
- O período de adaptación á Escola Infantil.
- Atención na Escola Infantil a aspectos importantes para a vida do neno
- Hábitos de autonomía persoal relacionados con actividades da vida cotiá
- Educación para a saúde. Actitudes e hábitos referidos ao descanso
- Alimentación, nutrición e dietética
- A educación sexual na etapa infantil
- Desenvolvemento lingüístico nos nenos e nenas de 0 a 3 anos
- A literatura infantil
- A educación musical en educación infantil
- Evolución da expresión plástica nos nenos e nenas
- A expresión corporal
- A influencia da imaxe no neno/a
- Formación de capacidades relacionadas co desenvolvemento lóxico-matemático.
- Principais alteracións do comportamento infantil
- O xogo infantil como principio psicopedagóxico
- A Proposta Pedagóxica
- A programación educativa no primeiro ciclo da educación infantil.
- Relacións da Escola Infantil coa súa contorna
- Principios de intervención educativa en educación infantil
- Currículo do Primeiro Ciclo da Educación Infantil en Galicia
- A organización dos espazos e do tempo
- Equipamento, recursos didácticos e materiais curriculares en educación infantil.
- A avaliación en Educación Infantil.
- A Dirección dunha Escola Infantil
- O traballo en equipo nunha Escola Infantil.
- Resolución de conflitos
- A intelixencia emocional aplicada á dirección
- Habilidades directivas
- A prevención de riscos laborais no ámbito da educación
- Calidade e innovación