REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Ter a nacionalidade española ou calquera outra á que as normas previstas no TREBEP e na LEPG atribúan iguais dereitos para o acceso á función pública {artigos 56.1.a) e 57 TREBEP e 52 LEPG}.
- Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa {artigos 56.1.c) e 50.1.d) LEPG}.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas, non padecendo enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións {artigos 56.1.b) TREBEP e 50.1.e) LEPG}.
- Non ter sido despedido ou separado, mediante expediente disciplicinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicical para o exercicio das funcións públicas. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesos termos o acceso ao emprego público {artigos 56.1.d) TREBEP e 50.1.c) LEPG)}.
- Ingresar a cantidade fixada como dereitos de exame no documento que acompaña á solicitude de participación.
- Non estar incurso/a en causas de incompatibilidade de conformidade co disposto la Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
- Estar en posesión do Título de bacharel, técnico ou equivalente ou en condición de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións oficiais non expedidas en España deberase estar en posesión, na mesma data do remate do prazo para presentar as instancias, da correspondente convalidación ou da credencial que acredite a homologación do título, expedida polo organismo competente. Para acreditar este requisito a persoa aspirante debera achegar copia do título oficial ou, no seu defecto, copia do xustificante de ter efectuado o depósito para obtelo.
As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán remitir unha instancia dirixida á Alcaldía-Presidencia, conforme ao modelo que consta no Anexo I das
Bases.
O prazo de presentación de instancias será de 15 días hábiles a contar dende o día s eguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, ate o día 25/08/2022
Cando no derradeiro día do prazo se produza unha incidencia técnica que imposibilite o funcionamento da sede electrónica do Concello de Meis, o prazo afectado ampliarase
automaticamente, ata o seguinte día hábil, en beneficio de todas as persoas interesadas no
procedemento, aínda que esta ampliación só producirá efectos para a presentación de
solicitudes, escritos e comunicacións por medios electrónicos.
Para que se produza a ampliación automática do prazo segundo o previsto nesta base será necesario e esixible que a incidencia teña unha duración continuada superior a 1 hora nas
últimas 24h ou de menos de 1 hora nas últimas 12h do prazo.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos
Consistirá en contestar por
escrito a un test de 60 preguntas con 4 respostas alternativas por pregunta, baseado no
contido do temario que figura como anexo da convocatoria.
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 120 minutos.
Consistirá en desenvolver un
ou varios supostos de carácter procedimental e administrativo
O/s suposto/s que se propoña/n deberá/n permitir avaliar a capacidade das
persoas aspirantes para desenvolver as tarefas administrativas propias do posto de traballo
ao que se opta e relacionadas coas materias que integran o temario.
Este exercicio deberá ser lido obrigatoriamente pola persoa aspirante ante o tribunal que
poderá realizar preguntas ou solicitar aclaracións acerca do seu contido, sendo excluídos do
proceso selectivo automaticamente as persoas que non comparezan á lectura.
Neste exercicio o tribunal valorará os coñecementos das persoas aspirantes, a orde e
claridade de ideas, a claridade da exposición escrita, a capacidade de razoamento e
síntese, a súa capacidade de análise, a aplicación razoada dos coñecementos teóricos á
resolución proposta e as conclusións formuladas.
EXERCICIO 3.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos
Consistirá en realizar unha
proba sobre o c
oñecemento do idioma galego, que determinará o tribunal e sen uso de
material de apoio.
Estarán exentos da realización deste exercicio as persoas aspirantes que acrediten posuír o
título CELGA 4 ou equivalente homologado. Esta acreditación terá que realizarse durante o
prazo de presentación de solicitudes.
TEMARIO:
- A Constitución española de 1978
- A organización do Estado na Constitución
- As Cortes Xerais
- O Poder Xudicial.
- O Poder Executivo
- O Estatuto de Autonomía de Galicia
- A Administración pública da comunidade autónoma.
- O dereito administrativo
- O ordenamento xurídico-administrativo (I)
- O ordenamento xurídico-administrativo (II)
- O acto administrativo
- A eficacia dos actos administrativos
- A invalidez do acto administrativo
- Disposicións xerais sobre o procedemento administrativo
- Ordenación. Instrución
- Terminación do procedemento
- Recursos administrativos
- A xurisdición contencioso-administrativa
- O Réxime local
- As fontes do dereito local.
- O municipio
- A organización municipal.
- A provincia como entidade local.
- Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno local
- O orzamento xeral das entidades locais
- O persoal ao servizo das entidades locais
- O acceso aos empregos locais
- A relación estatutaria.
- Os deberes dos funcionarios locais.
- Os bens das entidades locais
- A potestade sancionadora
- Réxime xurídico dos contratos das administracións públicas
- As partes na contratación pública
- O procedemento de contratación
- A responsabilidade da Administración pública
- A expropiación forzosa.
- Actividade subvencional das administracións públicas.
- Lei de protección de datos
- Políticas de igualdade de xénero.
- A Administración electrónica