Diseño del blog

O Concello de Montederramo publica as bases e convocatoria para 1 praza de auxiliar de axuda no fogar

18 de octubre de 2022

O CONCELLO DE MONTEDERRAMO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • TITULACIÓN:
  • Estar en posesión do certificado de formación en hixiene e manipulación de alimentos ou tarxeta ou carné de manipulador/a de alimentos 
  • Acreditación do coñecemento da lingua galega de acordo co que establece o artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia
  • Mínimo Celga 2 ou equivalente homologado, de acordo co que establece a Orde do 6 de xullo de 2017, coas modificacións introducidas pola Orde do 10 de febreiro de 2014, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, reguladora dos certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.
  • Título de técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermería establecido polo Real Decreto 546/1995, do 7 de abril, ou os títulos equivalentes de técnico/a Auxiliar Clínica, técnico/a Auxiliar de Psiquiatría e técnico/a Auxiliar de Enfermería que se establecen no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, ou, no seu caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais.
  • Título de técnico/o en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, regulado polo Real decreto 1593/2011, do 4 de novembro, ou o título equivalente de técnico/a de Atención Sociosanitaria, establecido polo Real decreto 496/2003, do 2 de maio, ou, no seu caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais.
  • Certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais, regulado polo Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, ou, no seu caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.
  • O certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio, regulado polo Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, ou o equivalente certificado de profesionalidade da ocupación de auxiliar de axuda a domicilio, regulado no Real 
  • decreto 331/1997, do 7 de marzo, ou, no seu caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.
  • Ter nacionalidade española ou algunha outra que, conforme ao que dispón o artigo 52 da Lei 2/2015, do 29 de abril, permita o acceso ao emprego público.
  • Non ser separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario/a, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado/a ou inhabilitado/a. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ser sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
  • Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. 
  • Posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para desempeñar as correspondentes funcións ou tarefas. 


FUNCIÓNS:

  • Atencións de carácter persoal.
  • Asistencia para erguerse e deitarse.
  • Tarefas de coidado e hixiene persoal, así como para vestirse
  • Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
  • Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.
  • Apoio para cambios posturais, mobilizacións e orientación espazo-temporal.
  • Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia.
  • Outras tarefas para favorecer a atención integral da persoa usuaria.
  • Seguimento das intervencións realizadas polo sistema sanitario.
  • Apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial e similares.
  • Atencións das necesidades de carácter doméstico e da vivenda
  • Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
  • Compra de alimentos e outros produtos de uso común
  • Preparación dos alimentos.
  • Lavado e coidado das prendas de vestir, así como do enxoval doméstico
  • Apoio á unidade familiar.
  • Coidados e mantemento básico da vivenda.
  • Atencións de carácter psicosocial e educativo. 
  • Intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade, así como á mellora da estruturación familiar 



PROCESO SELECTIVO

EXERCICIO ÚNICO

Obrigatorio e Non eliminatorio

Tempo 50 minutos


Consistirá nunha única proba tipo test de 40 preguntas con catro respostas alternativas cunha única opción válida. As respostas erróneas ou en branco non penalizan.


TEMARIO:

  1. Orde do 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar na Comunidade Autónoma de Galicia 
  2. Ordenanza municipal reguladora do servizo de axuda no fogar no Concello de Montederramo, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Ourense número 294, o martes 24 de decembro de 2013
  3. Servizo de axuda no fogar no marco do sistema para a autonomía persoal e a atención á dependencia 
  4. Hixiene e aseo persoal a persoas maiores e dependentes. Mantemento, limpeza e organización do domicilio de persoas maiores e dependentes
  5. Nutrición, dietética e alimentación de persoas maiores e dependentes. Servizos complementarios: xantar na casa e teleasistencia domiciliaria 

Contáctenos

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: