Diseño del blog

O Concello de Muros publica as bases e convocatoria para 1 praza de limpador/a vía pública

12 de diciembre de 2022

O CONCELLO DE MUROS PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE LIMPADOR/A DE VÍA PÚBLICA

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP), respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros Estados.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza a estabilizar.
  • Non estar separada mediante expediente disciplinario do servizo de calquera Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionariado no que estivese separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
  • Educación Primaria, Certificado de Escolaridade equivalente ou superior. 
  • Estar en posesión do CELGA 1. As persoas aspirantes que non estean en posesión do correspondente título deberan realizar unha proba eliminatoria acreditativa do coñecemento da lingua galega


As persoas que desexen tomar parte no proceso de estabilización de emprego temporal de do Concello do Concello de Muros, deberán achegar a súa solicitude debidamente cuberta durante o prazo de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE


PROCESO SELECTIVO

EJERCICIO ÚNICO

NON eliminatorio

Tempo: 1 hora


Proba de coñecementos referidas ao temario anexo á convocatoria das bases específicas.


A proba consistirá na resolución por escrito dun cuestionario tipo test de 20 preguntas, máis 5 preguntas de reserva, con 3 alternativas de resposta, sendo só unha delas correcta, en relación ao contido total do temario anexo á convocatoria das bases específicas. As respostas erróneas ou en branco non penalizan


TEMARIO:

  1. A admisión ou inadmisión de residuos en puntos limpos. Funcionamento do punto limpo. Reciclado de RSU e RS de cartón, vidro e envases. Sistemas de tratamento de residuos
  2. Medios destinados á limpeza. Tratamentos de limpeza. Útiles e ferramentas: medios necesarios para a limpeza pública. Produtos de limpeza especiais de rúa, manexo e uso. Colectores
  3. Técnicas e procedementos de limpeza con utilización de maquinaria. A limpeza con máquinas: clasificación, compoñentes e mantemento; Utilización de produtos de limpeza: identificación, propiedades e almacenaxe.
  4. Sectores e zonas de limpeza. Rueiro e trazado urbano de Muros. Toponimia do Concello de Muros.
  5. Prevención de riscos laborais nos traballos de limpeza. EPI e riscos específicos en traballos de limpeza.
  6. Primeiros auxilios en caso de accidentes de traballo

Contáctenos

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: