Diseño del blog

O Concello de Narón publica as bases para a convocatoria de varias prazas

15 de septiembre de 2022

O Concello de Narón publica as bases e convocatoria para varias prazas polo sistema selectivo de Concurso-Oposición

SOLICITUDES: As solicitudes para tomar parte no concurso-oposición, dirixiranse á Sra. Alcaldesa- Presidenta, e se axustarán ao modelo publicado na Sede electrónica municipal www.sedeelectronica.naron (no apartado de “Oferta Pública de Emprego” “Concurso-oposición”, e presentaranse no prazo de 20 dias naturais a contar desde o seguinte ao da publicación da presente convocatoria no « Boletín Oficial do Estado » a través da propia sede electrónica, ou nas oficinas a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. 
DETALLES DAS PRAZAS: AUXILIARES ADMINISTRATIVOS/AS:
  • 3 prazas
  • Concurso-Oposición
  • Graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
  • Celga 3

CONSERXE/A
  • 1 praza
  • Praza polo turno de DISCAPACIDADE
  • Concurso-Oposición
  • Graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
  • Celga 3

PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio con un tempo máximo de 60 minutos
C uestionario de 20 preguntas curtas: 10 preguntas relacionadas cos temarios especificados nos Anexos respectivos, e outra s 10 preguntas sobre cuestións prácticas relacionadas co traballo a desenvolver .
EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio
Os/as concursantes que non acrediten a posesión da titulación de galego CELGA 3, participarán nunha proba eliminatoria que se cualificará como APTO ou NON APTO, destinada a avaliar un grao de coñecemento do galego equivalente ao conseguido coa obtención do CELGA 3.
Estará exento/a desta proba quen acredite estar en posesión do CELGA 3, expedido polo órgano competente da Xunta de Galicia ou do seu equivalente.
O chamamento para a realización da proba será único.
Para á corrección desta proba designarase un funcionario/a do servizo de normalización lingüística do Concello de Narón, que actuará como experto/a.
A valoración desta proba será de “APTO” ou “NON APTO”
TEMARIO AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A
  1. Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas I
  2.  Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas II
  3.  Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas III
  4.  Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas IV
  5.  Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas V
  6. Real decreto lexislativo 5/2015 de 30 de outubro que aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do empregado público
  7. Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local
  8. Regulamento de organización administrativa xeral do Concello de Narón
  9. Lei 40/2015 de 1 de Outubro de réxime xurídico do sector público
  10. Informática

TEMARIO CONSERXE/A TURNO DE DISCAPACIDADE
  1. Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas I
  2. Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas II
  3. Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas III 
  4. Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas IV
  5. Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas V
  6. Real decreto lexislativo 5/2015 de 30 de outubro que aproba o Texto refundido da Lei do Estatuto Básico do empregado público
  7.  Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora de bases de réxime local
  8. Regulamento de organización administrativa xeral do Concello de Narón
  9.  información e control de presencia do alumnado nos cursos de formación para desempregados (ORDE de 16 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021-2023)
  10. As funcións de información administrativa e de atención ao cidadán 

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: