REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no art. 57 do TREBEP:
- Ser cidadán da Unión Europea ou seu cónxuxe, sempre que non estean separados/as de dereito, así como os seus descendentes e os do/a seu/súa cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un (21) anos ou maiores dependentes.
- star incluído/a no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrado pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras.
- Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas das prazas/postos que se convocan.
- Ter cumpridos dezaseis (16) anos e non alcanzar a idade de xubilación forzosa.
- Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban, no seu caso, o persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público.
- De acordo co apartado c) do art. 135, do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, co art. 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto; e coa disposición adicional sexta do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido la Lei do estatuto básico do empregado público (TREBEP), non será necesario estar en posesión de ningunha titulación académica oficial.
- Nivel de coñecemento da Lingua Galega Celga2
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOE.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1
Obrigatorio e NON eliminatorio
Tempo: 1 hora y 15 minutos
Consistirá nun exercicio tipo test de 12 preguntas con tres respostas alternativas e 2 preguntas de reserva
EXERCICIO 2
Obrigaytorio e NON eliminatorio
Tempo: 1 hora
Consistirá na resolución dun suposto práctico que terá por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen no programa, nun caso concreto que responda ás funcións ou tarefas das prazas postos que se convocan.
O Tribunal poderá determinar que o exercicio sexa lido polas persoas aspirantes, na data que este determine, podendo asistir a este acto as demais persoas aspirantes. Neste suposto a lectura será obrigatoria quedando eliminados do proceso selectivo as persoas que non comparezan.
O Tribunal poderá formular preguntas sobre o contido do exercicio ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada, de xeito que lle permita formar unha opinión máis precisa das habilidades profesionais de cada persoa aspirante.
PROBA DE GALEGO
Obrigatoria e eliminatoria
En cumprimento do sinalado no artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a proba de galego consistirá na tradución dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, cuxo contido corresponderá ao esixido para a obtención da acreditación do nivel de galego Celga3
TEMARIO:
- A Constitución Española. Principios Xerais. O Municipio. A organización municipal. Competencias municipais. Organización do Concello de Navia de Suarna.
- Intervencións de atención domiciliaria dirixidas a persoas con necesidades sanitarias: hixiene e atención sanitaria domiciliaria; administración de alimentos e tratamentos; mellora das capacidades físicas; primeiros auxilios; o usuario/a encamado e as técnicas de mobilización; as demencias e as discapacidades.
- Intervencións de atención psicosocial domiciliaria dirixidas a persoas con necesidades psicosociais: atención e apoio psicolocial; mantemento e rehabilitación psicosocial; apoio a xestións cotiás; interrelación, comunicación e acompañamento coa persoa dependente e o seu entorno; o ocio e o tempo libre.
- Actividades relacionadas coa xestión e funcionamento da unidade convivencial e o fogar: apoio domiciliario e alimentación; xestión, aprovisionamento e cociña na unidade familiar; mantemento, limpeza e organización do domicilio da persoa dependente.
- Informes e rexistros das actividades realizadas. Prevención de riscos laborais.