O contrato asinarase baixo a modalidade de contrato de traballo de sustitución para cubrir temporalmente este postos de traballo durante a tramitación do proceso de selección de dous técnicos de educación infantil incluidos na oferta de emprego extraordinaria para a estabilización do emprego temporal correspondente á ano 2022 do concello do Vicedo
- Ter a nacionalidade española, sen perxuízo do disposto no ai’tigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de Outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Publico, e do disposto no aitigo S2 da Lei 2/201S, do 29 de abril, de Emprego Público de Galicia.
- Ter cumpridos os 16 anos de idade, e non superar a idade máxima de xubilación.
- Posuír ou estar’en condicións de obter o título académico esixido
- Título de Grao en Educación Infantil
- Mestre/a especialista en Educación Infantil ou equivalente
- Técnico/a superior en Educación Infantil
- Ter coñecementos de primeiros auxilios
- Ter coñecementos en materia de manipulación de alimentos.
- Estar vacinado contra a rubeola, con especial compromiso das mulleres en idade fértil de adoptar as medidas sanitarias preventivas que correspondan durante os tres meses seguintes á vacinación.
- Certificado negativo do rexistro central de delincuentes sexuais actualizado dentro do plazo de presentación de solicitudes.
- Posuir a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias da praza.
- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Püblicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta en especial para empregados on cargos piiblicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separada on inhabilitada. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitada ou en situación equivalente nin ter sido sometida a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
A persoa seleccionada tamén deberá acreditar, antes da dación de alta na seguridade social:
- Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa nin defecto físico ou psíquico que impida on dificulte o normal desenvolvemento das funcións correspondentes ó posto de traballo convocado: acreditar mediante certificado médico e certificado de aptitude expedido por mutua autorizada.
O piazo de presentación de solicitudes queda aberto dende o día Seguinte o da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo, e por un período de dez días naturais, e dicir, ate o día .18/07/2022
A instancia solicitando tomar parte no proceso de selección presentarase no rexistro de entrada do Concello do Vicedo, ou por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas
As persoas que presenten a solicitude por outras formas diferentes ó rexistro de entrada do Concello do Vicedo, deberán adiantar por fax ao 982590001, dentro do prazo estipulado no punto anterior, copia da solicitude correctamente datada e selada.
SISTEMA SELECTIVO:
EXERCICIO ÚNICO:
Obrigatorio e eliminatorio
Contestación oral a 5 preguntas formuladas polo Tribunal de Valoración, relacionadas co temario, outorgándose 2 puntos por cada pregunta contestada correctamente, sendo necesario acadar unha puntuación minima de 5 puntos para superar a proba e pasar a fase de concurso.
TEMARIO:
- A Constitución española de 1978
- Estatuto de Autonomía de Galicia
- Organización municipal
- Ordenanzas e regulamentos das entidades locais
- Regulamento do punto de atención á infancia do concello do Vicedo e demais normativa aplicable