Diseño del blog

O Concello de Ourol publica as bases e convocatoria para 1 praza de limpador/a de edificios

9 de diciembre de 2022

O CONCELLO DE OUROL PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE LIMPADOR/A DE EDIFICIOS

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Ter a nacionalidade española ou cumprir os requisitos establecidos no artigo 57 do Texto Refundido da Lei reguladora do Estatuto Básico do Empregado Público (TREBEP) aprobado polo Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro, respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa. 
  • Posuir a capacidade funcional e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das tarefas habituais e funcións da praza a que aspira.
  • Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquea administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ó corpo ou escala de funcionario ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que estivese separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ser sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmo termos o acceso ó emprego público
  • Titulación: De acordo co apartado c) do art. 135, do Real Decreto Lexislativo 781/1986, do 18 de abril; polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, co art. 25 da Lei 30/1984, do 2 de agosto; e coa disposición adicional sexta do Real Decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto do empregado público (EBEP), non será necesario estar en posesión de ningunha titulación académica oficial.
  • Estar en posesión do nivel de CELGA 2, ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación de instancias


O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.



FUNCIÓNS:

  • Limpeza diaria de todos os edificios e instalacións municipais que sexan encomendadas a este servizo. 
  • Traballos de limpeza en profundidade dos centros dependentes do concello.
  • Limpeza de instalacións e dependencias municipais. 
  • Calquera outra, directamente relacionada co posto de traballo, que lle poda ser asignada pola persoa responsable.


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 45 minutos


Consistirá na constestación por escrito dun cuestionario tipo test, de 15 preguntas con 4 respostas alternativas, das cales só unha delas é a correcta.


Establécense 3 preguntas mais de reserva para posibles anulacións. 


EXERCICIO 2.

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 45 minutos


Consistirá na resolución dun suposto práctico que terá por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen no temario


Este suposto práctico simulará un suposto que poida darse no desempeño do posto que se convoca e poderá consistir na realización material do mesmo ou na indicación do itinerario a seguir


O Tribunal terá plena liberdade en canto a elección das tarefas co fin de garantir a máxima adecuación so contido do posto de traballo, así como en relación aos criterios de puntuación e valoración da mesma. 


O Tribunal poderá optar pola lectura pública do exercicio e, neste caso, o Tribunal poderá dialogar coas aspirantes co fin de determinar os seus coñecementos sobre a materia, así como pedir calquera outra explicación complementaria. 


COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA

Obrigatoria e eliminatoria

Tempo: 30 minutos


O artigo 51.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, establece: 


“(…) para darlle cumprimento á normalización do idioma galego nas Administracións Públicas de Galicia e para garantir o dereito ao uso do galego nas relación coas Administracións Públicas no ámbito da Comunidade Autónoma, así como a promoción do uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se realicen para o acceso aos postos das Administracións Públicas incluídas no ámbito de aplicación desta lei incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas que acrediten o coñecemento da lingua galega consonte a normativa vixente. As bases das convocatorias dos procesos selectivos establecerán o carácter e, se é o caso, a valoración do coñecemento da lingua galega”


Os/As aspirantes deberán posuir un título acreditativo do nivel de coñecemento da lingua galega correspondente á praza a estabilizar e que se describe nas correspondentes bases específicas de cada posto. Os/As aspirantes que non o acrediten deberán superar unha proba de coñecemento e que se realizará a aquelas persoas que non posuiran o título acreditativo de galego con anterioridade a convocatoria. A tales efectos, estos aspirantes deberán sinalar na súa solicitude de participación en dito proceso selectivo esta circunstancia.


Realizarase unha vez finalizada a fase de oposición a aquelas persoas que alcanzaron a puntuación mínima para continuar no procedemento selectivo logo de finalizar os dous exercicios da fase de oposición e consistirá na traducción dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, cuxo contido correponderá ao exixido para a obtención da acreditación do nivel de galego que se exixa na base específica correspondente a cada posto.


TEMARIO:

  1. A Constitución Española, Principios Xerais, O Municipio, A organización municipal, Competencias municipais, Organización do Concello de Ourol 
  2. Conceptos xerais de limpeza e tipos de chans, Clases de produtos de limpeza, Produtos nocivos e corrosivos. 
  3. Útiles e ferramentas básicas de limpeza, Áreas de limpeza, Limpeza de edificios públicos, Limpeza de despachos. 
  4. Limpeza de ventás e cristais, Limpeza de chans, Limpeza de mobiliario, técnicas de limpeza, limpeza de aparatos informáticos. 
  5. Medidas preventivas a adoptar polo persoas de limpeza. Actuación en caso de accidente. Aspectos ecolóxicos na limpeza. Eliminación de residuos.

Contáctenos

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: