REQUISITOS E SOLICITUES:
Para acceder a esta bolsa de emprego as persoas aspirantes deberán ter cumpridos os 16 anos así como estar en posesión do carné de manipulador de alimentos en vigor, certificado negativo por delitos de natureza sexual, título acreditativo de ter coñecementos básicos de primeiros auxilios e por último, estar en posesión dalgunha das titulacións académicas habilitantes para o persoal de apoio/auxiliar do PAI como son:
- Título de Licenciado/a en pedagoxía ou psicopedagoxía
- Título de Grado en Educación Infantil
- Mestre/a coa especialidade de Educación Infantil ou equivalente
- Técnico/a Superior en Educación Infantil
- Técnico/a especialista en xardíns de infancia, rama servizos á comunidade
- Técnico/a superior en Educación Infantil establecido polo Real Decreto 2059/1995, do 22 de decembro, cuxo currículo para Galicia foi establecido polo Decreto 86/1999, do 11 de marzo.
Ademáis das titulacións anteriores poderá estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións:
- Técnico en atención socio-sanitaria
- Técnico Superior en animación sociocultural
- Técnico en coidados auxiliares de enfermería
- Diplomado/a en puericultura recoñecido pola consellería de sanidade ou algún dos cursos de especialización na materia, que cun mínimo de 300 horas recoñeza o órgano competente na autorización do centro.
Tamén é recomendable estar en posesión do Celga4 para quedar exentos da proba de coñecemento da lingua galega
As solicitudes poden presentarse na sede electrónica do Concello ou de maneira presencial no rexistro xeral do Concello de luns a venres de 9:00 a 14:00
Os aspirantes terán un prazo de 20 días naturais dende a publicación do extracto da convocatoria no BOP, é dicir, ate o día 20/06/2022
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 1 hora
Cuestionario de 25 preguntas tipo test do contido relacionado co temario
EXERCICIO 2
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 90 minutos
Desenvolvemento por escrito dun suposto proposto plo tribunal.
Este exercicio deberá ser lido polos aspirantes en sesión pública ante o tribunal de selección o cal poderá formular preguntas ou cuestións relacionadas co contido do exame.
Ademáis dos coñecementos teóricos, valorarase a capacidade de análise, a formulación de conclusións, os coñecementos e a adecuada interpretación da situación plantexada e a explicación razoada dos coñecementos teóricos no dsenvolvemento e resolución do suposto.
EXERCICIO 3.
Eliminatorio cun tempo de 30 minutos
Exentos aqueles aspirantes que acreditasen o seu coñecemento da lingua galega co Celga 4 ou equivalente
Proba escrita na que se poida acreditar o coñecemento da lingua galega mediante unha traducción dun texto sen axuda do dicciónario do castelán ao galego.
TEMARIO:
- A Constitución española de 1978
- O Estatuto de Autonomía de Galicia.
- O municipio
- O goberno municipal
- O Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto básico do empregado público. Deberes dos empregados públicos
- O Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto básico do empregado público. Código de conduta
- O Convenio Colectivo do Concello
- Seguridade e saúde no traballo
- O Regulamento de organización e funcionamento do Punto de Atención á Infancia do concello
- O Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia
- Funcións do persoal de apoio/auxiliar na etapa de educación infantil 0-3
- Etapas e momentos mais significativos na etapa 0-3 anos. O desenvolvemento infantil nos primeiros anos de vida
- O ingreso do neno-a na escola infantil.
- A familia como primeiro axente de socialización.
- A escola como institución socializadora
- Desenvolvemento cognitivo ata os 3 anos.
- O desenvolvemento psicomotor nos nenos e nenas ata os 3 anos.
- Desenvolvemento da personalidade nos nenos-as de 0 a 3 anos
- Desenvolvemento afectivo nos nenos e nenas de 0 a 3 anos
- Educación para a saúde. Hixiene e actividades infantís.
- Prevención de accidentes
- Actividade e descanso
- Actitudes e hábitos referidos ó descanso
- O control de esfínteres
- A alimentación infantil.
- A comida como recurso educativo
- A educación afectivo sexual na etapa de 0 a 3 anos. D
- A construción dos roles masculino e feminino
- A organización dos espazos e do tempo
- Desenvolvemento da linguaxe na etapa 0-3 anos
- Evolución da comprensión e da expresión
- Problemas mais frecuentes da linguaxe infantil
- A ensinanza e aprendizaxe da lingua na Educación infantil.
- O conto
- A poesía na educación dos nenos e das nenas
- A educación musical na etapa 0 a 3 anos
- Evolución da expresión plástica na etapa 0-3 anos.
- O xesto e o movemento
- Xogo simbólico
- Xogo dramático