REQUISITOS E SOLICITUDES:
Para poder acceder a ditas prazas necesítase estar en posesión do certificado de estudos primarios, certificado de escolaridade, ESO, titulación equivalente ou superior, así como o permiso de conducir tipo B
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS, SEGUNDO O BOE, SERÁ DE 20 DÍAS HÁBILES A CONTAR DENDE O SEGUINTE A PUBLICACIÓN DO CORRESPONDENTE ANUNCIO NO BOLETÍN OFICIAL DO ESTADO, E DICIR, ATA O DÍA 23/06/2022
EXERCICIOS DA OPOSICIÓN
EXERCICIO1.
Obrigatorio e eliminatorio nun tempo máximo de 10 minutos
Quedarán exentos da realización desta roba aqueles aspirantes que acrediten o seu nivel de coñecemento de galego Celga1 ou superior.
Tradución directa do castelán ao galego dun pequeno texto proposto polo órgano de selección
EXERCICIO 2
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo non superior a 20 minutos
Realización dunha proa, utilizando ferramentas e/ou materiais que teñan relación coas tarefas a desempeñar no posto de traballo e que se porán á disposición dos aspirantes.
Será determinada polo tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio.
EXERCICIO 3
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 40 minutos
Exercicio tipo test de 20 preguntas sobre os aspectos xerais e coñecementos específicos relacionados coas funcións e tarefas a desenvolver.
TEMARIO:
- A Constitución Española de 1978: Estrutura e contido. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.
- O Goberno e a Administración. Principios de actuación da Administración Pública. A Administración Xeral do Estado.
- As Comunidades Autónomas. A Comunidade autónoma de Galicia. O Estatuto de Autonomía de Galicia
- A Administración Local. As Entidades Locais. Clases. Competencias. Organización: órganos necesarios e órganos complementarios.
- O Municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento. O municipio de Ribadeo. Estrutura. Parroquias. Lugares de interese. Praias do municipio
- Materiais, útiles e ferramentas de utilización habitual no servizo de xardiñerí
- Descrición e modo de emprego da maquinaria utilizada no servizo de limpeza
- Materiais, útiles e ferramentas de utilización habitual no servizo de roce de maleza
- Prevención de accidentes laborais: Dereitos e obrigas do empresario e dos traballadores
- Seguridade na utilización de maquinaria e ferramentas no posto de traballo
- Primeiros auxilios no caso de accidentes de traballo