Diseño del blog

O CONCELLO DE SADA SACA A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMNISTRATIVO EN QUENDA DE DISCAPACIDADE.PRAZO XA ABERTO DE INSCRICIÓN

22 de agosto de 2022

O CONCELLO DE SADA SACA A CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR ADMNISTRATIVO EN QUENDA DE DISCAPACIDADE.

PRAZO XA ABERTO DE INSCRICIÓN

REQUISITOS - Estar en posesión do graduado en ensinanza secundaria obrigatoria ou equivalente.  - Estar en posesión do título de acreditación do nivel de coñecemento de lingua galega CELGA 3 ou outros títulos oficiais equivalentes. No caso de non acreditalo realizarase unha proba .
PROCESO SELECTIVO.  A oposición constará de tres exercicios, todos eles obrigatorios e eliminatorios: Primeiro exercicio: Consistirá en contestar por escrito, nun prazo máximo de 90 minutos, un cuestionario de 50 preguntas tipo test, mais 5 preguntas de reserva, con catro respostas alternativas, relacionadas co contido do temario que figura no anexo I destas bases. Cada resposta correcta sumará 0,20, cada resposta incorrecta restará 0,10 puntos e non se contabilizarán as preguntas non contestadas. A puntuación máxima é de 10 puntos Segundo exercicio: Desenvolverase por escrito durante un período máximo de dúas horas, e consistirá na resolución do suposto ou supostos prácticos que determine o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio, relacionado coas funcións propias da Subescala e o contido do temario anexo.  Para o desenvolvemento desta proba os aspirantes poderán facer uso, se así o determinase o tribunal en función do exercicio, dos textos lexislativos dos que acudan provistos, excepto textos comentados, libros de formularios ou formatos dixitais. Valorarase a formación xeral, a correcta redacción, a capacidade de raciocinio e de análise, e a correcta aplicación dos coñecementos teóricos á resolución de problemas prácticos. A puntuación máxima é de 10 puntos. Terceiro exercicio: Consistirá nunha proba de coñecementos de informática a nivel de usuario de contorno operativo windows e manexo de ferramentas ofimáticas e utilidades básicas de internet, que se desenvolverá no tempo máximo de 30 minutos na forma que determine o Tribunal. Ademais das habilidades e coñecementos informáticos, valorarase a rapidez de execución, a boa presentación e o axuste ás instrución recibidas. A puntuación máxima é de 10 puntos.
TEMARIO: TEMA 1.- O municipio de Sada TEMA 2.- Organización municipal específica do Concello de Sada (I)  TEMA 3.- Organización municipal específica do Concello de Sada (II).  TEMA 4.- Outras entidades locais.  TEMA 5.- O rexistro de entrada e saída de documentos. TEMA 6. A información e atención ao público. Atención ás persoas con discapacidade. TEMA 7.- O acto administrativo TEMA 8- O procedemento administrativo na administración local.  TEMA 9.- Finalización do procedimento. TEMA 10.- Procedemento administrativo sancionador. TEMA 11.- A responsabilidade patrimonial da Administración pública.  TEMA 12.- Contratación administrativa. TEMA 13. O persoal ao servizo da Administración Local. TEMA 14.- Réxime xurídico dos empregados públicos. TEMA 15.-Facendas Locais. TEMA 16- Informática básica. TEMA 17.- Aplicacións de propósito xeral. Procesadores de texto TEMA 18. Follas de cálculo. TEMA 19. Correo electrónico: conceptos elementais e funcionamento. TEMA 20. A Rede Internet: orixe, evolución e estado actual. TEMA 21.- O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. TEMA. 22 .Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. TEMA 23.- A protección de datos de carácter persoal. TEMA 24.- Seguridade e hixiene no traballo. A Lei de prevención de riscos laborais. TEMA 25- Discapacidade. A definición de discapacidade segundo a Organización Mundial da Saúde. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro.
DATA MÁXIMA DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 20 DIAS NATURAIS ( 7 DE SETEMBRO 2022)


Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: