REQUISITOS E SOLICITUDES:
Para poder formar parte desta bolsa de emprego será necesario que os interesados conten co título de bacharel ou técnico así como é recomendable que posúan o Celga4.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP de Pontevedra, é dicir, ate o día 16/06/2022.
No caso de que a instancia non se presente directamente no rexistro xeral do concello, o aspirante deberá dirixir por correo electrónico ao enderezo secretaria@salcedadecaselas.gal, unha copia da instancia na que figure a data de presentación no rexistro correspondente con anterioridade ao remate do prazo.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 60 minutos
Consistirá na realización dunha proba tipo test de 40 preguntas no día, hora e lugar que se estableza na resolución na que se publique o listado PROVISIONAL
de admitidos e excluidos
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo que establecerá o tribunal ao inicio da proba en atención á súa natureza
As persoas aspirantes que superaran o primeiro exercicio serán convocados/as no día, hora e lugar que sinale o Tribunal para a realización do segundo exercicio.
Consistirá en desenvolver por escrito as preguntas de carácter práctico plantexadas polo tribunal relacionadas co programa da convocatoria e as funcións propias do posto.
As preguntas poderán ser de desenrolo ou tipo test.
EXERCICIO 3
. De caracter eliminatorio cun tempo máximo de 30 minutos para aquelas persoas aspirantes que non acreditaran con antelación a realización da proba estar en posesión do Celga 4 ou equivalente
Consistirá na tradución dun texto seleccionado polo tribunal de castelán a galego.
TEMARIO:
- A Constitución española de 1978
- A organización territorial do Estado na Constitución
- A Administración e o dereito administrativo
- O acto administrativo
- O procedemento administrativo
- O procedemento administrativo común
- Revisión dos actos en vía administrativa
- A administración electrónica e procedemento administrativo
- A potestade sancíonadora
- A responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas.
- Os contratos do sector público
- Disposiciõns xerais sobre a contratación do sector público.
- As partes nos contratos do sector público
- Obxecto, orzamento base de licitación, valor estimado, prezo do contrato e a súa revisión
- Adxudicación dos contratos das Administracións públicas
- A administración local
- O sistema electoral local.
- A organización municipal
- Órganos complementarios nos municipios de réxime común
- As competencias municipais
- Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno nos Concellos
- Ordenanzas, regulamentos e bandos. Procedementos de elaboración e aprobación. Ordenanzas fiscais
- O persoal ao servizo da Administración local
- O rexistro de documentos
- O orzamento xeral das entidades locais
- A estrutura orzamentaria.
- A execución do orzamento de gastos e ingresos
- Actividade subvencional das Administracións Públicas
- Os recursos das facendas locais Réxime xurídico. Os tributos locais
- Os recursos das facendas locais
- O imposto sobre bens inmobles O imposto sobre vehiculos de tracción mecánica. O imposto sobre construcións, instalacións e obras. O imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.
- Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno