REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Nacionalidade: ter a nacionalidade española ou algunha outra que, consonte o disposto no artigo 52 da LEPG, permita o acceso ao emprego público
- Idade: ter cumpridos os dezaseis (16) anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa
- Titulación: estar en posesión ou en condición de obter, antes do remate do prazo de presentación das instancias, do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente, conforme á lexislación vixente, segundo recolle o seguinte enlace da páxina web do Ministerio de Educación e Formación Profesional: http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-secundaria/gestion-titulos/equivalencias-efectos-laborales.html
- As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea
- Capacidade: posuír a capacidade funcional para o desempeño das funcións que se deriven do posto a desempeñar. As persoas con diversidade funcional (con algunha discapacidade recoñecida), haberán de acreditar a discapacidade e a capacidade para desempeñar as tarefas ou funcións das prazas ás que aspiran, mediante a oportuna certificación do órgano correspondente
- Habilitación: non ter sido despedida mediante expediente disciplinario de ningunha Administración Pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas (CCAA), nin estar na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional á cal se pertencía.
- No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitada ou en situación equivalente, nin ter sido sometida a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores
- Compatibilidade: non estar incursa en causa de incompatibilidade de conformidade co previsto na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas.
- Estar en posesión do nivel de CELGA 3 ou equivalente ou estar en condicións de obtelo antes do remate do prazo de presentación das instancias
- A dita acreditación do coñecemento de lingua galega realizarase de conformidade ao previsto na normativa de aplicación, con arranxo ao Sistema de Certificación de Lingua galega (CELGA) actualmente vixente, ou as súas certificacións equivalentes, debidamente homologadas polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, nos termos do previsto na Orde de 16 de xullo de 2007, e Orde de 10 de febreiro de 2014, que modifica a anterior, ao respecto dos certificados oficiais acreditativos dos niveles de coñecemento de lingua galega
As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, empregando o Anexo I das Bases, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas, e no prazo de 10 días hábiles, que se
contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e dicir, ate o día 17/08/2022
Igualmente, ditas instancias poderanse presentar por calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de
1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (ou naqueloutras previsións normativas
concordantes e/ou substitutivas deste artigo). Neste caso comunicarase ao Concello a remisión da instancia dentro do
prazo de presentación de instancias por fax ao número: 981 809 401, por correo electrónico ao enderezo: rrhh@teo.gal,
ou por calquera outro medio polo que quede debidamente acreditado, achegando copia do resgardo da presentación da i
nstancia, indicando como asunto: BOLSA DE EMPREGO –TELEFONISTA.
De non cumprirse co requisito da devandita comunicación, a instancia para tomar parte no proceso selectivo non será
admitida, no caso de que se recibira con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado nestas bases. Porén,
transcorridos 10 días naturais seguintes ao da terminación do prazo de presentación, sen terse recibida a devandita
instancia, esta non será admitida en ningún caso
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 70 minutos
Cuestionario tipo
test composto por 50 preguntas, máis 5 de reserva, con 4 respostas alternativas, sendo só unha
delas a correcta, relacionado co contido funcional do posto e coas materias contidas no temario
EXERCICIO 2. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo de 30 minutos
Proba obrigatoria para quen non o acredite consistirá en traducir un texto, facilitado polo tribunal inmediatamente antes de celebrarse a proba, e sen axuda de dicionario, do castelán
ao galego.
CUALIFICACIÓN FINAL DO PROCESO SELECTIVO E APROBACIÓN DAS BOLSAS DE EMPREGO TEMPORAL
Ao remate da fase de oposición, publicarase a relación das persoas aspirantes que a superasen no taboleiro de
anuncios e na páxina web do Concello. A orde de prelación virá dada pola puntuación acadada no primeiro exercicio da
oposición.
No caso de producirse empate, seguirase a orde alfabética en vigor aprobada pola Xunta de Galicia que marca a orde
de actuación das persoas aspirantes nos procesos selectivos para o ingreso na Administración Autonómica de Galicia que
se deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2022: letra “T”, segundo o sorteo realizado ou 26 de
xaneiro de 2022 (Resolución do 28 de xaneiro de 2022, pola que se fai público ou resultado do sorteo a que se refire ou Regulamento de selección de persoal da Administración dá Comunidade Autónoma de Galicia, DOG nº 24, do 4 de febreiro
de 2022). Nos apelidos compostos coa preposición de, da, do, de la, d'..., a mesma non será tida en conta (por exemplo:
Marta de Castro). A letra a ter en conta será o “C”. De persistir o empate, atenderase á segunda letra do primeiro apelido,
seguindo a orde alfabética anterior, e así ata desfacer o empate; continuando polo segundo apelido e finalmente polo nome.
Finalizado o proceso selectivo, o Tribunal adoptará o acordo propoñendo a relación das persoas aspirantes que
integrarán a bolsa de emprego temporal para a categoría de telefonista ordenadas de maior a menor puntuación obtida.
En calquera caso, non poderán formar parte daquela as persoas que non teña superado os exercicios obrigatorios da fase
de oposición. Dito acordo farase público no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello, sinalando as puntuacións
correspondentes a cada aspirante e con indicación, así mesmo, dos recursos pertinentes.
A dita proposta do Tribunal elevarase á Alcaldía, ou órgano competente por delegación, para que dite a resolución
aprobando a creación da bolsa de emprego temporal de telefonista, que se fará pública no taboleiro de anuncios e na
páxina web do Concello, con indicación dos recursos procedentes.
A contratación de persoal temporal para cada un dos postos de traballo ofertados efectuarase seguindo a orde de
puntuación establecida na bolsa de emprego.
A inclusión na bolsa de emprego non implicará en ningún caso a adquisición da condición de empregado/a público/a,
constituíndo unicamente unha expectativa de dereito de ser chamado/a para ocupar o correspondente posto de traballo,
de acordo co previsto nas bases
TEMARIO
:
- Constitución Española de 1978
- A organización territorial do Estado
- A Comunidade Autónoma de Galicia
- O réxime local español
- Principios xerais do procedemento administrativo.
- O acto administrativo
- Potestade regulamentaria local
- Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.
- Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais
- O Convenio Colectivo do Concello de Teo.
- O termo municipal do Concello de Teo.
- O termo municipal do Concello de Teo
- A comunicación humana
- O réxime xurídico da protección de datos de carácter persoal.
- Centrais telefónicas
- O posto de operador/a
- Redes de telecomunicación
- Centrais de intercomunicación
- Comunicacións de emerxencia
- Nocións básicas de informática