Diseño del blog

O Concello de Triacastela publica as bases e a convocatoria para 1 praza de limpador/a

12 de diciembre de 2022

O CONCELLO DE TRIACASTELA PUBLICA AS BASES E A CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE LIMPADOR/A

REQUISITOS E SOLICITUDES

  • Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no art. 57 do TREBEP:
  • Ser cidadán da Unión Europea ou seu cónxuxe, sempre que non estean separados/as de dereito, así como os seus descendentes e os do/a seu/súa cónxuxe sempre que non estean separados/as de dereito, sexan menores de vinte e un (21) anos ou maiores dependentes. 
  • Estar incluído/a no ámbito de aplicación dos Tratados Internacionais celebrado pola Unión Europea e ratificados por España nos que sexa de aplicación a libre circulación de persoas traballadoras.
  • Posuír capacidade funcional para o desempeño das tarefas das prazas/postos que se convocan.
  • Ter cumpridos dezaseis (16) anos e non alcanzar a idade de xubilación forzosa. 
  • Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban, no seu caso, o persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. 
  • Non se require ningunha titulación académica oficial das previstas no sistema educativo
  • Nivel de galego: Celga 2.
  • Estar en posesión do permiso de conducir clase B, o que se acreditará mediante copia do mesmo e dispor de vehículo para desplazarse.


O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOE. 


PROCESO SELECTIVO

EXERCICIO 1.

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 1 hora


Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 30 preguntas tipo test, baseadas no contido do programa


Cada pregunta terá tres repostas alternativas, das que só unha será a correcta


O exercicio disporá , a maiores, de 2 preguntas de reserva, que serán valoradas só en caso de que se anule algunha das preguntas do mesmo. 


EXERCICIO 2.

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 30 minutos


Consistirá na resolución dun suposto práctico proposto polo Tribunal. O seu contido situarase no ámbito das materias tratadas dentro do programa establecido


PROBA DE GALEGO

Obrigatoria e eliminatoria


En cumprimento do sinalado no artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a proba de galego consistirá na tradución dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, cuxo contido corresponderá ao esixido para a obtención da acreditación do nivel de galego que se esixe na base específica 5.2 (Celga 2).


Estarán exentos da realización da proba de galego as persoas aspirantes que acrediten posuír, dentro do prazo de presentación de solicitudes, o nivel de galego esixido


TEMARIO:

  1. A Constitución de 1978. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. 
  2. O municipio: Concepto e elementos. Organización municipal: órganos municipais.
  3. As competencias municipais. Termo municipal do concello de Triacastela: parroquias, núcleos de poboación, e diseminados. Concello limítrofes.
  4. Produtos de limpeza. Útiles e maquinaria de limpeza. Áreas de limpeza. Limpeza de edificios públicos. Limpeza de despachos. Especial referencia á limpeza de aseos públicos.
  5. Limpeza de ventás e cristais. Limpeza de chans. Limpeza de mobiliario: técnicas de limpeza. Limpeza de aparatos informáticos. 
  6. Productos químicos de limpieza. Envases. Etiquetas, pictogramas
  7. Medidas preventivas a adoptar polo persoal de limpeza. Actuación en caso de accidente. Aspectos ecolóxicos na limpeza. Eliminación de residuos.
  8. Coñecementos xerais sobre as instalacións coas que conta o Concello de Triacastela: localización e distribución dos edificios.

Contáctenos

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: