Diseño del blog

O Concello de Tui publica as bases e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de Auxiliar Administrativo/a

17 de octubre de 2022

O Concello de Tui publica as bases e a convocatoria para a creación dunha bolsa de emprego de Auxiliar Administrativo/a

REQUISITOS E SOLICITUDES:

  • Posuír a nacionalidade española ou atoparse comprendido no eido de aplicación do artigo 52 da Lei 2/2015 do 29 de abril do emprego público de Galicia. 
  • Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación.
  • Estar en posesión ou en condicións de obter á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, do título de Graduado Escolar, Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente. 
  • Posuír a capacidade e aptitudes físicas e psíquicas para o desempeño das tarefas asinadas ao posto. 
  • Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que se houbese separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin haberse sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. 
  • Non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade sinaladas na lexislación vixente.
  • Ter abonada a taxa en concepto de dereitos de exame, segundo o disposto na ordenanza reguladora correspondente. Importe de importe 7,75€. 


O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, ate o día 31/10/2022


PROCESO SELECTIVO:

EXERCICIO 1.

Obrigatorio e eliminatorio

Tempo: 60 minutos


Consistirá en contestar por escrito un cuestionario, tipo test, de 40 preguntas con respostas alternativas baseadas no contido do programa anexo á convocatoria, mais 10 preguntas de reserva


EXERCICIO 2

Obrigatorio e NON eliminatorio

Tempo: 30 minutos


Sobre coñecemento do idioma galego. obrigatorio e non eliminatorio, sobre coñecemento do idioma galego, que consistirá, a elección do tribunal, na redacción dun informe ou texto, ou nun ditado ou diálogo en relación coas funcións do posto


TEMARIO:

  1. A Constitución Española de 1978. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. Garantía e suspensión. 
  2. O Estatuto de Autonomía de Galicia. Significado, estrutura e contido. Principios xerais
  3. O acto administrativo: concepto, clases, elementos. Motivación e forma. Eficacia, validez e execución dos actos administrativos. A notificación
  4. Nulidade e anulabilidade dos actos administrativos. A revisión de oficio e a declaración de lesividade. Os recursos administrativos. 
  5. O procedemento administrativo. Principios informadores. Fases: iniciación, ordenación, instrución e terminación. 
  6.  ¡Réxime local español. Principios constitucionais e regulación xurídica. 
  7. O Municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento. 
  8. Organización municipal. Competencias. 
  9. Réxime e funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificacións de acordos. 
  10. A función pública local e a súa organización: Clases de persoal, acceso e perda da relación de servizo. 
  11. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento disciplinario. 
  12. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.
  13. Recursos das facendas locais: ingresos tributarios e non tributarios. Imposición e ordenación dos tributos locais. 
  14. Impostos locais: réxime xurídico das distintas figuras impositivas.
  15. Orzamento locais. Aprobacion e modificacións orzamentarias
  16. Licencias urbanísticas e comunicacións previas de obras e actividades. Concepto, procedemento, outorgamento e caducidade
  17. A contratación no sector público regulada pola Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. Definicións de: contrato de obras, contrato de concesión de obras, contrato de concesión de servizos, contrato de subministracións, contrato de servizos e contratos mixtos. 
  18. A contratación no sector público regulada pola Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público: O contrato menor, características e procedemento.

Contáctenos

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: