Diseño del blog

O Concello de Vigo publica as bases e convocatoria para 1 praza de enxeñeiro/a técnico/a

21 de septiembre de 2022

O CONCELLO DE VIGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 1 PRAZA DE ENXEÑEIRO/A TÉCNICO/A

SISTEMA SELECTIVO; Oposición Libre
REQUISITOS : As/ os aspirantes deberán estar en posesión do título académico oficial de grado en enxeñería ou equivalente.
PROCESO SELECTIVO: EXERCICIO 1.  Obrigatorio e eliminatorio para todos os participantes cun tempo máximo de 2 horas.
Consistirá en desenvolver por escrito, un tema de composición determinado polo órgano de selección no momento de realizar a proba, que garde relación directa con un dos temas do programa, elixido por sorteo numérico.
Neste exercicio avaliaranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición.
Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública e concluída a lectura da totalidade dos temas, este poderá pedirlle á/ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna
EXERCICIO 2.  Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 2 horas.
Consistirá en desenvolver por escrito 4 temas elixidos ao chou.
Neste exercicio avaliaranse os coñecementos sobre os temas expostos, a claridade e orde de ideas, a facilidade de exposición escrita e a capacidade de síntese e o rigor e precisión na súa exposición. Esta proba deberá ser lida obrigatoriamente perante o órgano de selección, en sesión pública e concluída a lectura da totalidade dos temas, este poderá pedirlle á e ao aspirante calquera explicación complementaria que considere oportuna.
EXERCICIO 3.  Obrigatorio e eliminatorio nun tempo máximo de 3 horas.
Consistirá na resolución por escrito de dous supostos teórico-prácticos de carácter procedemental e administrativo que determinará o órgano de selección inmediatamente antes do comezo do exercicio, relativos as tarefas propias da praza.
Durante o desenvolvemento desta proba as/os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos que acudan provistos; non se permite o manexo de textos comentados nin libros de formularios.
Os e as aspirantes deberán expoñer este exercicio perante o órgano de selección en sesión pública, o que poderá, ao final da exposición, solicitarlle á/ao aspirante calquera aclaración que considere oportuna, sobre o suposto práctico desenvolvido.
EXERCICIO 4 . Obrigatorio e eliminatorio
Consistirá nunha proba de carácter práctico, dirixida a avaliar as competencias dixitais a nivel usuaria/o de entornos e ferramentas dixitais, aplicacións de carácter básico, contornos operativos Windows, Linux ou similares, manexo de ferramentas de ofimática (Open Office ou similar) e de utilidades básicas de internet nos ditos contornos (navegación, correo electrónico, etc), no tempo que estableza o órgano de selección, e avaliarase de 0 a 2 puntos
EXERCICIO 5.  Obrigatorio e NON eliminatorio,
Consistirá na realización dunha proba oral e/ou escrita de coñecemento da lingua galega, que se realizará conforme ao previsto na base 10ª das xerais que determinará o órgano de selección co asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística, e avaliarase de 0 a 2 puntos.
Estarán exentas/os da realización deste exercicio as/os aspirantes que acrediten no prazo de presentación de instancias, posuír o título CELGA 4 ou equivalente homologado, segundo o disposto na Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega
TEMARIO:
  1. A Constitución española de 1978
  2. A Unión Europea
  3. A organización territorial do Estado.
  4. O municipio
  5. Organización municipal
  6. O acto administrativo
  7. A invalidez do acto administrativo
  8. O procedemento administrativo
  9. Os contratos do sector público
  10. A potestade sancionadora
  11. O orzamento das Entidades Locais
  12. A igualdade de xénero
  13. Sistemas de unidades das principais magnitudes físicas. A corrente eléctrica: intensidade de corrente, forza electromotriz e resistencia 
  14. Circuítos eléctricos: funcións asociadas, variables e parámetros. Oposición á corrente eléctrica en alterna .
  15. Potencia dun receptor eléctrico. Potencia instantánea e media. Triángulo de potencias dun receptor. Potencia en sistemas trifásicos.
  16. istemas de facturación da enerxía eléctrica. Conceptos básicos sobre: tarifas, parámetros da subministración e cálculo da factura
  17. Esquemas eléctricos: representación gráfica e debuxo técnico, normalización e esquemas eléctricos básicos mais comúns de receptores-motores
  18. Posta en servizo das instalacións eléctricas: documentación ,verificacións, inspeccións e a súa tramitación
  19. Instalación de receptores: motores. Xeneralidades da súa instalación, conexión e protección
  20. Instalacións de medida de enerxía do sistema eléctrico: situación e sistemas de instalación para baixa tensión, principais características de contadores para subministracións de tipo 5, instalacións de medida en baixa tensión en potencias superiores a 15 KW
  21. Sistemas de conexión das masas e neutro nas redes de distribución de enerxía eléctrica. Previsión de cargas en subministracións de baixa tensión. Redes de distribución da enerxía eléctrica: acometidas, esquemas, caixa xeral de protección, liña xeral de alimentación e derivacións individuais en instalacións de enlace
  22. Instalacións eléctricas interiores ou receptoras: prescricións xerais, sistemas de instalación, tubos e canles protectores, protección contra sobretensións e intensidades.
  23. Comercialización e posta en servizo das máquinas: requisitos esenciais de seguridade e de saúde, expediente técnico, información facilitada polo fabricante, procedementos de avaliación da conformidade, declaración da conformidade e marcado
  24. Nocións básicas dos Sistemas de Información Xeográficos: definición e compoñentes. Desenvolvemento de proxectos .
  25. Modelado de datos de Sistemas de Información Xeográficos. Comparativa entre os distintos modelos e conversión dos mesmos .
  26. Modelado espacial vectorial. Primitivas xeométricas e tipolóxicas. Topoloxía e as súas relacións.
  27. Estrutura de datos xeográficos no modelo vectorial e no modelo raster.
  28. Sistemas de Información Xeográficos. Sistemas de coordenadas, sistemas de referencia. Conceptos de Xeodesia, xeoide e elipsoide .
  29. Métodos de captura da información xeográfica. procesos de integración, edición xeométrica, edición semántica, construción e revisión dos datos.
  30. A calidade dos datos nos sistemas de información xeográfica
  31. Tratamento da información xeográfica :procesos de integración, edición xeométrica, edición semántica, construción e revisión dos datos.
  32. Almacenamento e xestión da información xeográfica: datos orientados cara o proceso, arquitectura, modelo de referencia, bases de datos
  33. Almacenamento e compresión da información xeográfica: clasificación dos modelos, formatos, bases de datos.
  34. Os metadatos nos sistemas de información xeográficos: definición e obxectivos, normas e os seus elementos
  35. Fase de explotación dun proxecto de xestión de información xeográfica vectorial . As súas principais operacións e ferramentas .
  36. Fase de explotación dun proxecto de xestión de información xeográfica rasterl . As súas principais operacións e ferramentas .
  37. Funcións de análise temática nos sistemas de información xeográficos
  38. Actualización da información en sistemas de información xeográficos .
  39. As infraestruturas de datos espaciais como complemento dos Sistemas de Información Xeográficos
  40. Nodos de infraestruturas espaciais e Xeoportais. A directiva Inspire 
  41. Funcións, obxectivos e operacións realizadas por un servizo web de Mapas e servizos teselados. As súas características e operacións. Taxa de recollida de residuos sólidos urbanos ou municipais
  42. Os sistemas de información xeográfica como ferramenta de xestión aplicada a ámbitos metropolitanos, os principais campos e ámbitos de implementación .
  43. Base Cartográfica Catastral, o seu contido .
  44. A referencia catastral
  45. Os sistemas de información xeográficos do Catastro. O sistema corporativo de cartografía catastral. A Sede Electrónica do Catastro
  46. Formatos para intercambio xeográfico de información e actualizacións catastrais . Estrutura e contidos da información.
  47. O Catastro Inmobiliario: contido, concepto e clases de inmobles a efectos catastrais.
  48. O catastro inmobiliario: procedementos para a modificación das bases de datos catastrais, modelos , documentación e información asociada ao procedemento.
  49. O valor catastral : concepto e compoñentes do valor catastral, aproximación ao valor catastral de bens inmobles urbanos e de características especiais
  50. Valoración de bens inmobles rústicos. Valoración do solo urbanizable sectorizado sen determinacións de ordenación detallada ou pormenorizada. A Renovación do Catastro de Rústica.
  51. O Catastro Inmobiliario: Formación e mantemento.
  52. Gravación de datos catastrais nos expedientes de incorporación de bens inmobles ou de alteración das súas características
  53. Estudos estatísticos: conceptos básicos, tipoloxía, fases de desenvolvemento. As variables: definición, tipos e características. Estatísticos. Estatística descritiva bivariante e regresión lineal. Representación gráfica.
  54. Modelos probabilísticos: funcións asociadas. Descrición dos principais modelos de variablesaleatorias. Mostraxe: sesgo, clases, estimación, técnicas de mostraxe de resposta aleatorizada
  55. Bases de datos en Access: vistas, deseños, manexo de táboas, consultas avanzadas, formularios, informes e macros. Bases de datos en rede. Conservación da integridade da información .
  56. O imposto sobre bens inmobles .
  57. A taxa sobre recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos.
  58. O Imposto sobre Actividades Económicas. Natureza. Feito Impoñible. Suxeito Pasivo. As súas cotas e tarifas. Exencións e bonificacións. Período impositivo e devindicación
  59. O Imposto sobre Actividades Económicas. Xestión tributaria do imposto. A inspección do imposto. Principais dificultades
  60. O Imposto sobre Actividades Económicas: concepto de Actividade Económica, lugar de realización das actividades, concepto de local, facultades, simultaneidade e actividades non especificadas nas tarifas

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: