FUNCIÓNS DOS ASPIRANTES:
- Coordinación do traballo da unidade.
- Detección preventiva, atención directa, planificación, mediación e supervisión, avaliación e coordinación, coñecemento e valoración das necesidades sociais e recursos existentes do municipio, a través da observación, atención da demanda e a investigación.
- Planificación e programación dos recursos e servizos necesarios para atender os problemas e necesidades detectados.
- Avaliación de problemas e derivación para a atención dos mesmos cara os distintos servicios existentes cando así o requira o caso.
- Axuda á integración de individuos, familias e grupos que o precisen, favorecendo solucións de reinserción social, evitando situacións de marxinación e/ou exclusión social.
- Información, asesoramento, orientación e intervención técnica para resolución das situacións de necesidade e conflito a nivel individual e colectivo
- Xestión e tramitación administrativa de recursos e prestacións
- Tramitación de programas sociais financiados pola Xunta e Deputación e outros.
- Supervisión e coordinación do servizo de axuda a domicilio.
- Responsable das aplicacións informáticas do servizo
- Visitas domiciliarias.
- Elaboración de informes sociais dos casos.
- Colaboración en actividades que permitan a conciliación laboral e a integración social.
- Calquera outra, relacionada co posto de traballo, que lle encomende o superior xerárquico.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 1 hora e 30 minutos
Contestar por escrito varias preguntas cortas propostas polo tribunal da parte xeral e da parte específica
EXERCICIO 2
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 1 hora e 30 minutos
Consistirá en desenvolver por escrito un tema proposto polo tribunal da parte específica
do temario.
O exercicio será lido ante o Tribunal, que formulará preguntas ao aspirante sobre o enfoque do
tema obxecto da exposición, dispoñendo o Tribunal dun tempo máximo de 20 minutos para formular ditas
cuestións relacionadas coa materia obxecto do exercicio.
Valorarase o contido, a claridade de ideas e a
capacidade de expresión.
EXERCICIO 3
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 1 hora e 30 minutos
Consistirá na realización dun caso práctico a desenvolver por escrito
sobre labores propios do traballo e tendo en conta o temario
EXERCICIO 4.
A proba de coñecemento do idioma galego unicamente será obrigatoria para o persoal aspirante que non acredite o título de perfeccionamento de galego ou a validación correspondente, ou estar en posesión do Celga 4
REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto na lexislación vixente en materia de persoal.
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas
- Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. So por lei
poderá establecerse outra idade máxima, distinta da idade de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.
- Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, noque fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional de outro Estado membro da Comunidade Europea, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público
- Non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determinen a lexislación vixente.
- Non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico incompatible co normal desenrolo das súas funcións.
- Posuír a titulación de Diplomatura/Grao en Traballo social.
- Posuír o certificado de Celga 4 ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente na materia de política lingüística da Xunta de Galicia, ou obter a calificación de apto na proba de galego que forma parte da fase de oposición.
As instancias solicitando participar no proceso selectivo axustaranse ao modelo oficial que figura no ANEXO III da convocatoria e que será facilitado ós interesados nas oficinas xerais do concello, e dirixiranse ao Sr.
Alcalde do Concello de O Páramo (directamente ou a través dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei
39/2015, do 1 de outubro).
O prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais contados dende o
seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. Se o último día fora inhábil,
prorrogarase ao día seguinte. Dito anuncio publicarase tamén no DOGA.
No caso de presentarse instancias nas oficinas de correos deberase comunicar no mesmo día da presentación ao mail concello.oparamo@eidolocal.es, con copia da instancia presentada.
As bases íntegras serán publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, na sede electrónica do Concello de O Páramo e no taboleiro de anuncios.
Na instancia haberá de manifestarse que se reúnen todos e cada un dos requisitos que se esixen na base terceira, referidos á data en que termine o prazo de presentación de instancias.
TEMARIO:
- A Constitución Española do 1978
- Dereitos e deberes fundamentais dos españois
- A Coroa.
- Organización territorial do Estado.
- Dereito Administrativo
- A Administración e a norma xurídica
- O Municipio I
- O Municipio II
- A provincia
- O acto administrativo.
- A eficacia dos actos administrativos
- A notificación
- A executividade dos actos administrativos
- A invalidez do acto administrativo.
- A acción de nulidade
- Disposicións xerais sobre os procedementos administrativos e normas reguladoras dos distintos procedementos.
- Recursos administrativos
- O persoal ao servizo das Entidades Locais.
- O orzamento das Entidades Locais.
- Calidade dos datos
- A acción social.
- O Sistema Galego de Servizos Sociais.
- Estrutura do sistema de servizos sociais.
- Servizos sociais comunitarios básicos.
- Servizos sociais comunitarios específicos.
- Servizos sociais especializados
- O Regulamento dos servizos sociais comunitarios e o seu Financiamento.
- O Plan Concertado.
- A prestación dos servizos sociais.
- A inspección dos servizos sociais
- O modelo de Informe social unificado para área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- O Servizo de axuda no fogar
- Normativa municipal do Concello de O Páramo reguladora do servizo de axuda no fogar.
- O Servizo de Teleasistencia. Modalidades
- O Programa Xantar na Casa
- Obxecto, definición e principios fundamentais da lei de promoción de autonomía persoal e atención á dependencia.
- Configuración do sistema para a autonomía persoal e atención á dependencia.
- Prestacións e catálogo de servizos de atención do Sistema para a autonomía e atención á dependencia.
- Graos de dependencia e valoración.
- Lei 10/2013, 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
- Axudas Inclusión Social (AIS).
- A Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA).
- O emprego como factor social de inclusión
- A Familia e os menores
- Menores en conflicto social
- O acollemento familiar na Lei de apoio á familia e a convivencia en Galicia.
- O papel do/a traballador/a social na atención á muller no ámbito municipal.
- Necesidades e recursos das persoas con discapacidade
- Necesidades sociais dos maiores.
- Inmigración e retorno.
- A integración social das persoas inmigrantes e emigrantes retornado
- As necesidades sociais
- Proceso metodolóxico
- Técnicas e Instrumentos de traballo social
- Os sistemas de información nos servizos sociais comunitarios básicos
- Fundamentos, principios e funcións do traballo social.
- Niveis de intervención en traballo social
- O/A traballador/a social como membro dun equipo interdisciplinar
- Deontoloxía e ética profesional
- Asociacionismo e Voluntariado social.