Diseño del blog

O #ConcellodeCarballo convoca o #prazodepresentacióndeinstancias para as 32 prazas de #Socorrista.

10 de mayo de 2022

Convocatoria e bases do proceso selectivo para contratación de duración determinada, por circunstancias da producción, de 32 socorristas para a Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático do Concello de Carballo no ano 2022

O obxecto desta convocatoria é a contratación laboral de duración determinada por circunstancias da producción de 32 socorristas cuáticos para a Unidade de Salvamento e Socorrismo Acuático que prestará o servizo nas praias do Concello de Carballo, a duración do contrato será de 90 días e as retribucións mensuais serás as previstas no orzamento xeral desta Corporación para 2022 en relación coas devanditas prazas, sendo para o coordinador: 1463,03 euros e o socorrista: 1327,58 euros, incluída a parte proporcional das pagas extras)

En canto a condicións deberá de estar inscrito no Rexistro Profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia (sección: socorristas en espazos acuáticos naturais)

As solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello de Carballo durante o prazo de dez días naturais, que se iniciará o día seguinte a publicación do anuncio da convocatoria e destas bases no Boletín Oficial da Provincia, é dicir, dendo 10 de maio de 2022.

Nas respectivas instancias, os aspirantes farán constar que reúnen todos e cada un dos requisitos estableciudos na base 2º destas Bases, e acompañarán inescusablemente os seguintes documentos. 
• Xustificantes acreditativo de ter ingresado na Tesourería Municipal a cantidade de 18.00 eurosen concepto de dereitos de exame. 
• Fotocopia do DNI ou documento identificativo
• Certificado médico oficial onde se acredite de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida exerce-las función e tarefas do posto de traballo. 
• Fotocopia do documento que acredite a inscripción no Rexistro profesional de Socorristas Acuáticos da Comunidade Autónoma de Galicia. 
• Relación dos méritos que aleguen para a súa avaliación na fase do concurso, que se acompañará da documentación acreditativa daqueles.
A puntuación máxima outorgada na fase de concurso non poderá exceder de 7 puntos.

Polos servizos prestados nas praias do Concello de Carballo: 0.20 puntos por mes ata un máximo de 3 puntos. 

Polos servizos prestados nas praias doutros Concellos: 0.10 puntos por mes ata un máximo de 2 puntos.

Pola participación en cursos de formación e perfecionamento ou mestrados organizados ou homologados polas administración públicas, escolas oficiais da Administración e/ou universidades, colexios oficiais ou incluídos nos plans de formación contínua, ou por organismos oficiais ou recoñecidos de reputado prestixio, que teñan relación coas tarefas do posto a desempeñar en materias relacionadas directamente coas tarefas do posto ofertado: 0.1 puntos por cada 30 horas formativas, ata un máximo de 1.5 puntos. 

Por ter realizado un curso de desfribilador externo semiautomático (DESA) impartido por persoal cualificado: 0.50 puntos.

FASE DE OPOSICIÓN. 

Primeiro Exercicio: De carácter obligatorio e eliminatorio. 
Consistirá na superación das seguintes probas de aptitude física que serán as adecuadas para comprobar a existencia da capacidade necesaria para as funcións que se van a realizar e cualificaranse como APTO E NON APTO 
A. 100 mts. COMBINADA DE SALVAMENTO
B. 50 mts. RESCATE DE MANEQUÍN
C. CORRER NA PRAIA 
D. NATACIÓN EN AUGAS ABERTAS. 

Segundo Exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio. 
Consistirá en contestar, por escrito, no tempo máximo dunha hora, a unha serie de corenta preguntas cortas ou tipo test sobre o contido dos temas. 

Terceiro Exercicio. Proba oral

Este exercicio consitirá nunha entrevista persoal en que o tribunal relaizará un máximo de 5 preguntas relacionadas coas función propias do posto de traballo, materias especificas do programa recollido como ANEXO I nesta convocatoria, coñecementos profesionais básicos, e/ou preguntas de índole curricular e de personalidade, a fin de comprobar os coñecemtnos dos aspirantes sobre as tarefas a desenvolver no posto de traballo convocado e de avaliar as súas aptitudes e actitudes do mesmo. 

Cuarto Exercicio. Proba específica para aqueles aspirantes que opten á categoría de coordinador - socorrista

Este cuarto exercicio, de caracter voluntario, será realizado exclusivamente por aqueles aspirantes que, estando en posesión das 32 mellores puntuacións totais, aspiren a desempeñar o posto de traballo de coordinador - socorrista. 

TEMARIO. 

Tema 1.–Anatomía e fisioloxía. Conceptos xerais. Sistemas e aparatos. 
Tema 2.–Socorrismo. Principios xerais.
 Tema 3.–Reanimación cardiopulmonar. 
Tema 4.–Traumatismos. Lesións e contusións. 
Tema 5.–Feridas. Hemorraxias. 
Tema 6.–Shock. Cadros convulsivos. 
Tema 7.–Queimaduras. Trastornos térmicos. 
Tema 8.–Intoxicacións. 
Tema 9.–Picaduras e mordeduras. 
Tema 10.–Accidentes acuáticos. 
Tema 11.–Plan de autoprotección. 
Tema 12.–Plan de actuación en zonas de baño.
 Tema 13.–Salvamento e socorrismo acuático profesional. 
Tema 14.–Praias e augas oceánicas e continentais

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: