REQUISITOS:
- Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa
- Nacionalidade
- Ter a nacionalidade español
- Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
- Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola
- Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras
- Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes
- Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
- Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
- Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitad.
- Ademais dos requisitos anteriores, as persoas aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacidade, terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, na data de publicación da presente convocatoria
- Non poderán participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á escala obxecto desta convocatoria
SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Procesos
selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos». Para a
presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de
identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o
sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e deberán pagar a
taxa que estea vixente no momento de presentala que esixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia,
de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos
Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán rexistrar os seus datos de identidade e contacto que se empregarán para as súas
solicitudes.
Unha vez completados os datos dos solicitante poderase iniciar o proceso de inscrición
As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, no apartado de "Idioma do exame", si o texto do exercicio deberá de se entregar en idioma galego ou en idioma castelán. Unha
vez realizada a opción e presentada a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá
modificar a opción
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles
, que se contarán a
partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG)
PAGAMENTO DA TAXA:
Pagamento electrónico: deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.
Pagamento electrónico-con certificado dixital: poderán realizar o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado desde a opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.
Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante.
Unha vez feito o pagamento presencial na entidade financeira, deberase acceder á solicitude pendente e continuar a inscrición. Introduciranse os datos relativos á data de ingreso e o NRC (número de rexistro completo) correspondente. Unha vez completados os datos validarase o NRC premendo no botón «Validar NRC»
A Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningunha das listaxes, que así o soliciten no prazo de 2 meses a partir do día seguinte ao da publicación das listas definitivas de admitidos e excluídos no DOG.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1
: Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para a súa realización de 90 minutos
Cuestionario de contido teórico de 80 preguntas tipo test, relacionado co programa, d
isporá de 6 preguntas de reserva.
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para a súa realización de 80 minutos
Un cuestionario de 40 preguntas tipo test, en
que as persoas aspirantes poñan de manifesto o coñecemento e manexo dos paquetes
ofimáticos na contorna de LibreOffice
disporá de 5 preguntas de reserva
EXERCICIO 3
. Proba de galego cun tempo máximo de 60 minutos
Dividirase en 2 partes:
PRIMEIRA PARTE:
Tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal
SEGUNDA PARTE
: Tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por
sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal
Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de
10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución
pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do primeiro exercicio, que posuían o día
da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), o Celga 3 ou o título
equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde
do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis
de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do
10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro)
TEMARIO:
- A Constitución española de 1978
- Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia
- A Unión Europea, o dereito derivado
- As institucións da Unión Europea
- Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais
- Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público
- Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia
- Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno
- Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia
- Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade
- Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social
- A xestión de documentos na Administración da Xunta de Galicia.
- Informática básica
- Sistemas operativos
- Sistemas ofimáticos
*Para as preguntas sobre coñecemento e manexo do paquete ofimático LibreOffice.