REQUISITOS E SOLICITUDES:
- Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria, Graduado Escolar, Formación Profesional de primeiro grao ou equivalente.
- Titulación de Galego Celga3 ou equivalente
- P
ermiso de condución tipo A, B, C e C+E.
PROCESO SELECTIVO:
PRIMEIRO EXERCICIO.
Obrigatorio e non eliminatorio cun tempo máximo de 1 hora e 20 minutos
Dividese en duas partes:
Primeira parte:
Consistirá nun exercicio tipo test de 16 preguntas con tres respostas alternativas e 2 preguntas de reserva, sobre o temario
Segunda parte:
Consistirá na exposición por escrito dun tema, seleccionado por sorteo entre os temas contidos no temario.
SEGUNDO EXERCICIO
: Obrigatorio e non eliminatorio cun tempo máximo de 2 horas.
Consistirá na resolución dun suposto práctico que terá por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen no programa, nun caso concreto que responda ás funcións ou tarefas da praza/posto que se convoca.
O Tribunal poderá determinar que o exercicio sexa lido polas persoas aspirantes, na data que este determine, podendo asistir a este acto as demais persoas aspirantes.
Neste suposto a lectura será obrigatoria quedando eliminados do proceso selectivo as persoas que non comparezan.
O Tribunal poderá formular preguntas sobre o contido do exercicio ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada, de xeito que lle permita formar unha opinión máis precisa das habilidades profesionais de cada persoa aspirante.
As persoas aspirantes que se presentasen ao primeiro e segundo exercicio, deberán alcanzar entre os dous a puntuación mínima de 15 puntos para continuar no procedemento selectivo, sendo eliminadas as persoas aspirantes que non alcanzasen a dita puntuación.
PROBA DE GALEGO: Obrigatoria e eliminatoria
En cumprimento do sinalado no art. 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a proba de galego consistirá na tradución dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, cuxo contido corresponderá ao esixido para a obtención da acreditación do nivel de galego Celga 3
Estarán exentos da realización da proba de galego as persoas aspirantes que acrediten posuír, dentro do prazo de presentación de solicitudes, o nivel de galego
CELGA 3 ou equivalente
TEMARIO
:
- A Constitución Española. Principios xerais. A provincia como entidade local. A Deputación Provincial de Lugo, as súas competencias, organización e dependencias.
- A organización territorial do estado na Constitución Española de 1978. Os estatutos de autonomía con especial referencia ao Estatuto de Galicia.
- A lexislación sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial: disposicións xerais. Réxime competencial. Normas de comportamento na circulación.
- Sinalización. Tipo e significado das sinais de circulación e marcas viais e sinais nos vehículos.
- Chasis e carrozaría. Pintura. Motores. Clasificación dos motores atendendo a súa constitución e funcionamento. Técnicas de desmontaxe, verificación, reparación e montaxe de motores.
- Sistemas auxiliares de motor. Sistemas de admisión do aire. Sistemas de escape. Sistemas de alimentación do combustible. Elementos e compoñentes dos circuítos hidráulicos e pneumáticos.
- Sistemas de suspensión: tipos de suspensión, características, constitución e funcionamento, suspensións convencionais, pneumáticas e hidropneumáticas. Técnicas de desmontaxe, reparación e montaxe.
- Sistema de dirección: direccións convencionais, pneumáticas e hidráulicas. Control de axuste de eixe dianteiro e traseiro. Características de rodas e pneumáticos. Técnica de desmontaxe, reparación e montaxe.
- Sistemas de transmisión e freado. Transmisión de forza. Embrague e convertedores. Sistema de freos: hidráulicos, pneumáticos e eléctricos. O sistema de freos con ABS. Técnicas de desmontaxe, reparación e montaxe
- Electricidade do automóbil. Sistemas de acendido. Alternador, batería, motor de arranque. Sistema de alumeado