Diseño del blog

A Deputación de Lugo publica as bases e convocatoria para 3 prazas de administrativo/a

29 de septiembre de 2022

A DEPUTACIÓN DE LUGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 3 PRAZAS DE ADMINISTRATIVO/A

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Bacharelato, Técnico/a (FP Grao Medio), FP II Grao ou equivalente 
  • Titulación de Lingua Galega Celga4 ou equivalente

PROCESO SELECTIVO: PRIMEIRO EXERCICIO . Obrigatorio e Non eliminatorio Dividese en duas partes
PRIMEIRA PARTE : Consistirá nun exercicio tipo test de 25 preguntas con tres respostas alternativas e 2 preguntas de reserva
SEGUNDA PARTE : Consistirá na exposición por escrito dun tema, seleccionado por sorteo. O tema será lido pola persoa aspirante diante do tribunal, na data que este determine, podendo asistir a este acto o resto de persoas que participan no proceso selectivo.
O Tribunal poderá formular preguntas sobre o contido do tema ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada, de xeito que lle permita formar unha opinión máis precisa dos coñecementos de cada persoa aspirante. 
SEGUNDO EXERCICIO: Obrigatorio e non eliminatorio cun tempo máximo de 2 horas e 30 minutos
Consistirá na resolución dun suposto práctico que terá por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen no programa, nun caso concreto que responda ás funcións ou tarefas das prazas/postos que se convocan. 
As persoas aspirantes que se presentasen ao primeiro e segundo exercicio, deberán alcanzar entre os dous a puntuación mínima de 15 puntos para continuar no procedemento selectivo, sendo eliminadas as persoas aspirantes que non alcanzasen a dita puntuación.
PROBA DE GALEGO Obrigatoria e eliminatoria
En cumprimento do sinalado no artigo 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a proba de galego consistirá na tradución dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, cuxo contido corresponderá ao esixido para a obtención da acreditación do nivel de galego que se esixe na base específica 5.2 (Celga 4).
Quedarán exentos todos aqueles aspirantes que presenten dentro do prazo de presentación de solicitudes o CELGA 4
TEMARIO:
  1. A Constitución Española de 1978 e principios xerais. Os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns. A Xefatura do Estado. As Cámaras Lexislativas: Congreso e Senado. O Goberno e a Administración Pública. O poder xudicial.
  2. A organización territorial do Estado na Constitución Española de 1978. Os Estatutos de Autonomía con especial referencia ao Estatuto de Galicia. 
  3. Sometemento da Administración á Lei e ao Dereito. As fontes do dereito público. Principios de actuación das Administracións Públicas.
  4. O Réxime Local Español. Principios constitucionais. Regulación xurídica A facenda local na Constitución. 
  5. A provincia como entidade local. A Deputación de Lugo e as súas competencias. O Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo (BOP núm. 202, do 03.09.2020): Órganos de decisión colexiados e unipersoais e organización complementaria. Órganos de xestión descentralizada para a xestión dos servizos e órganos de xestión administrativa.
  6. Os actos administrativos: concepto, elementos e clases. Requisitos. Motivación. A eficacia dos actos administrativos. Notificación e publicación. Validez. A nulidade de pleno dereito e anulabilidade. Irregularidades non invalidantes. Conversión, conservación e convalidación. 
  7. O procedemento administrativo. Fases do procedemento administrativo común. Iniciación, ordenación, instrución, finalización e execución. O procedemento administrativo local. 
  8. Acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Sede electrónica. Identificación e autenticación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.
  9. Os dereitos dos cidadáns en relacións coa Administración Pública. Os interesados: concepto de interesado.
  10. Recursos administrativos: principios xerais. Actos susceptibles de recurso administrativo. Regras xerais da tramitación dos recursos administrativos. Clases de recursos. As reclamacións administrativas previas ao exercicio de accións civís e laborais. Procedementos sustitutivos dos recursos administrativos: conciliación, mediación e arbitraxe. 
  11. O expediente administrativo. Os documentos administrativos. Clases. Práctica de notificación. Os documentos do cidadáns. O funcionamento do Rexistro Xeral. 
  12. Os contratos administrativos. Concepto. Clases. Elementos subxectivos: Administración contratante. O órgano de contratación. O contratista. Capacidade e prohibición para contratar.
  13. Elementos formais: tramitación dos expedientes de contratación. Prego de condicións. Procedemento e formas de adxudicación. Garantías. Execución. Modificación. Extinción.
  14. A actividade subvencional das Administración Públicas. Procedemento de concesión e xestión das subvencións. Reintegro de subvencións. Control financeiro. Infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións
  15. Os bens das Entidades Locais. Bens de dominio público local. Bens patrimoniais. Bens comunais. Adquisición de bens por parte das Entidades Locais. Alteración da cualificación xurídica dos bens locais. Inventario de bens. Prerrogativas das entidade locais para a defensa do seus bens. 
  16. As Facendas Locais. Clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais. Orzamento das Entidades Locais: Conceptos esenciais da súa aprobación e execución. 
  17. Os impostos locais: Imposto sobre Bens Inmobles, Impostos sobre Actividades Económicas, Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, Impostos sobre Vehículos de Tracción Mecánica. A súa natureza. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións e bonificacións. Base impoñible: o valor catastral. Base liquidable. Cota, devengo e período impositivo
  18. O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. Adquisición e perda da relación de servizo. Dereitos e deberes dos empregados públicos. 
  19. As situacións administrativas. Incompatibilidades. O código de conduta. Principios éticos e de conduta. Réxime disciplinario 
  20. O funcionamento dos órganos colexiados locais: réxime de sesións e acordos. Actas e certificacións de acordos. As resolucións da presidencia.

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: