Diseño del blog

A Deputación de Lugo publica as bases e convocatoria para 6 prazas de técnico/a en Xestión

29 de septiembre de 2022

A DEPUTACIÓN DE LUGO PUBLICA AS BASES E CONVOCATORIA PARA 6 PRAZAS DE TÉCNICO/A EN XESTIÓN

REQUISITOS E SOLICITUDES:
  • Licenciatura, Grao universitario, Diplomatura universitaria, Enxeñería Técnica, Arquitectura Técnica ou equivalentes
  • Acreditación do nivel de Lingua Galega Celga4

PROCESO SELECTIVO: PRIMEIRO EXERCICIO: Obrigatorio e non eliminatorio cun tempo máximo de 1 hora e 45 minutos Dividirase en 2 partes:
PRIMEIRA PARTE: Consistirá nun exercicio tipo test de 40 preguntas con tres respostas alternativas e 4 preguntas de reserva, sobre os temas comúns.
SEGUNDA PARTE: Consistirá na exposición por escrito dun tema seleccionado por sorteo entre os temas contidos na parte específica
SEGUNDO EXERCICIO. Obrigatorio e non eliminatorio cun tempo máximo de 3 horas e 30 minutos
Consistirá na resolución dun suposto práctico que terá por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen no programa, nun caso concreto que responda ás funcións ou tarefas das prazas/postos que se convocan.
As persoas aspirantes que se presentasen ao primeiro e segundo exercicio, deberán alcanzar entre os dous a puntuación mínima de 15 puntos para continuar no procedemento selectivo, sendo eliminadas as persoas aspirantes que non alcanzasen a dita puntuación.
PROBA DE GALEGO. Obrigatoria e eliminatoria
En cumprimento do sinalado no art. 51 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a proba de gale go consistirá na tradución dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, cuxo contido corresponderá ao esixido para a obtención da acreditación do nivel de galego que se esixe na base específica 5.2 (Celga 4)
TEMARIO :
  1. A Constitución Española de 1978 e principios xerais. Os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns. A xefatura do Estado. As Cámaras Lexislativas: Congreso e Senado. O Goberno e a Administración Pública. O Consello Xeral do Poder Xudicial e a organización xudicial española.
  2. A organización territorial do Estado na Constitución Española de 1978. Os Estatutos de Autonomía con especial referencia ao Estatuto de Galicia.
  3. Principios de actuación das Administracións Públicas: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación. A modernización da Administración Pública e a calidade na prestación de servizos. A administración electrónica.
  4. Sometemento da administración á lei e ao dereito. As fontes do dereito público. A lei e o regulamento. Ordenanzas, regulamento e bandos na Administración Local.
  5. O réxime local español. Principios constitucionais. Regulación xurídica. 
  6. O dereito financeiro: concepto e contido. A facenda local na Constitución. O réxime xurídico das facendas locais: criterios inspiradores do sistema de recursos e principios orzamentarios. Os tributos locais.
  7. O ordenamento xurídico- administrativo: O dereito da Unión Europea: tratados e dereito derivado. A Constitución. As leis estatais e autonómicas. Tipos de disposicións legais. Os tratados internacionais. 
  8. O administrado versus cidadán: concepto e clases. A capacidade dos cidadáns e as súas causas modificativas. O Estatuto do cidadán: dereitos subxectivos e intereses lexítimos, diferenzas entre ambos conceptos e obrigas. 
  9. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. Requisitos: a motivación e forma.
  10. A eficacia dos actos administrativos: o principio de autotutela declarativa. Condicións. A notificación: contido, prazo e práctica. A notificación defectuosa. A publicación. A aprobación por outra Administración. A demora e retroactividade da eficacia. A executividade dos actos administrativos. A coacción administrativa directa. A vía de feito
  11. A invalidez do acto administrativo. Supostos de nulidade de pleno dereito e anulabilidade. O principio de conservación do acto administrativo. A revisión de actos e disposición pola propia Administración: supostos. A acción de nulidade, procedemento, límites. A declaración de lesividade. A revogación de actos. A rectificación de erros materiais ou de feito. 
  12. A terminación do procedemento. A obriga de resolver. Contido da resolución expresa: principios de congruencia e de non agravación da situación inicial. A terminación convencional. A falta de resolución expresa: o réxime de silencio administrativo. O desistimento e a renuncia. A caducidade. 
  13. Acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Sede electrónica. Identificación e autenticación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.
  14. Normativa de aplicación en materia de contratación administrativa no ámbito do sector público. Os contratos do sector público: obxecto e ámbito da Lei de contratos do Sector Público. Tipos de contratos do sector público. Contratos suxeitos a regulación harmonizada. Réxime xurídico dos contratos administrativos e os de dereito privado; os actos separables. Os principios xerais da contratación do sector público: racionalidade, liberdade de pactos e contido mínimo, perfección e forma, o réxime de invalidez dos contratos e o recurso especial en materia de contratación.
  15. As partes nos contratos do sector público. Os órganos de contratación. A capacidade e solvencia dos contratistas. Prohibicións, clasificación. A sucesión do/a contratista
  16. Preparación dos contratos polas Administracións Públicas. O prezo, o valor estimado. A revisión de prezos. Garantías na contratación do sector público. Clases de expedientes de contratación. Procedementos e formas de adxudicación dos contratos. Criterios de adxudicación. Perfeccionamento e formalización dos contratos administrativos. Execución e modificación dos contratos administrativos. Prerrogativas da Administración. Extinción. A cesión dos contratos e a subcontratación.
  17. O contrato de obras. Actuacións administrativas preparatorias. Formas de adxudicación. Execución, modificación e extinción. A cesión do contrato e subcontrato de obras. Execución de obras pola propia Administración. 
  18. O contrato de concesión de obras. O contrato de concesión de servizos. O contrato de subministración. O contrato de servizos. Os contratos mixtos.
  19. A provincia no réxime local. A Deputación de Lugo e as súas competencias. O Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo (BOP núm. 202, do 03.09.2020): órganos de decisión colexiados e unipersoais e organización complementaria. Órganos de xestión descentralizada para a xestión dos servizos e órganos de xestión administrativa. 
  20. As competencias nas Entidades Locais (municipios e provincia): competencias propias, delegadas e competencias distintas das propias. A sostibilidade financeira da facenda local como condición do exercicio das competencias. Os convenios sobre o exercicio de competencias e servizos locais. A cooperación municipal. A coordinación na prestación de determinados servizos polas Deputacións Provinciais.
  21. Os créditos do orzamentos de gastos: delimitación, situación e nivel de vinculación xurídica. As modificacións de crédito: clases concepto, financiamento e tramitación
  22. A execución do orzamento de gastos e de ingresos: Os pagamentos a xustificar. Os anticipos de caixa fixa. Os gastos de carácter plurianual. A tramitación anticipada de gastos. Os proxectos de gasto. Os gastos con financiamento afectada: especial referencia ás desviacións de financiamento
  23. Estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira. Principios xerais. Obxectivos de estabilidade orzamentaria, a débeda pública e da regra de gasto para as Corporacións Locais: establecemento e consecuencias asociadas ao seu incumprimento. Os plans económico- financeiros: contido, tramitación e seguimento. Plans de axuste e de saneamento financeiro. Subministración de información financeira das Entidades Locais.
  24. A tesourería das Entidades Locais. Réxime xurídico. O principio de unidade de caixa. Funcións da tesourería. Organización. Situación dos fondos: a caixa e as contas bancarias. A realización de pagamentos: prelación, procedementos e medios de pagamento O cumprimento do prazo nos pagamentos: o período medio de pagamento. O estado de conciliación.
  25. A potestade regulamentaria das Entidades Locais en materia tributaria: contido das ordenanzas fiscais, tramitación e réxime de impugnación dos actos de imposición e ordenación de tributos. O establecemento de recursos non tributarios. 
  26. Os impostos locais: Imposto sobre Bens Inmobles, Impostos sobre Actividades Económicas, Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, Impostos sobre Vehículos de Tracción Mecánica. A súa natureza. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións e bonificacións. Base impoñible: o valor catastral. Base liquidable. Cota, devindicación e período impositivo.
  27. Instrumentos e técnicas de planificación e ordenación dos recursos humanos. Plan de ordenación de recursos humanos. Cadro de persoal. Oferta de emprego público. Libro de rexistro de persoal. Análise e valoración de postos de traballo e Relación de Postos de Traballo. A provisión dos postos de traballo.
  28. O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. Dereitos e deberes dos/as empregados/as públicos/as. Adquisición e perda da relación de servizo. As situacións administrativas. Réxime disciplinario.
  29. O persoal laboral nas entidades locais. Clases. A representación dos/as traballadores/as nas Entidades Locais. A negociación colectiva e os convenios colectivos. A Seguridade Social. 
  30. A actividade subvencional das Administración Públicas. Procedemento de concesión e xestión das subvencións. Reintegro de subvencións. Control financeiro. Infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións.  

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: