Diseño del blog

A Deputación de Pontevedra anuncia as bases do proceso selectivo para 9 prazas de administrativo/a

10 de junio de 2022

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ANUNCIA AS BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA 9 PRAZAS DE ADMINISTRATIVO/A DE ADMINISTRACIÓN XERAL EN QUENDA LIBRE

REQUISITOS E SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra. Admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas e certificados electrónicos.

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE, mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no BOPPO e do extracto no DOG.

Os dereitos de exame poderanse pagar en calquera sucursal, por banca electrónica ou nos caixeiros habilitados de Abanca. A través da súa páxina web poderase realizar o pagamento con tarxeta sen necesidade de ser clienta ou cliente da entidade introducindo os datos identificativos que figuran na cabeceira do recibo. Estos dereitos de exame serán de 15€

O sistema de selección será por oposición libre e para poder acceder as persoas aspirantes deberán estar en posesión do título de Bacharelato, técnico ou equivalente así como o Celga4

PROCESO SELECTIVO
EXERCICIO 1. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para realizalo de 60 minutos.

Contestar por escrito un test de 60 preguntas con 4 respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do temario.

EXERCICIO 2 . Obrigatorio e eliminatorio co tempo máximo de 2 horas

Desenvolver por escrito dous temas extraídos ao azar polo tribunal, un de cada unha das partes específicas do programa.
Posteriormente o tribunal convocará as persoas aspirantes para a súa lectura pública, que levará a cabo a súa aoutora ou autor, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal

EXERCICIO 3 . Obrigatorio e eliminatorio no tempo que marque o tribunal

Resolver un suposto práctico relacionado coas materias específicas contidas no programa.
Posteriormente, o tribunal convocará as persoas aspirantes para a súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.

EXERCICIO 4. Obrigatorio e non eliminatorio 

Tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.

No caso de non ter achegado a acreditación de coñecemento da lingua galega coa solicitude de participación no proceso, poderá presentalo ata a data que determine o tribunal no anuncio do exercicio inmediatamente anterior.

TEMARIO :
  1. A Constitución española de 1978
  2. A Coroa na Constitución de 1978
  3. As Cortes Xerais.
  4. O Goberno na Constitución
  5. O Poder Xudicial
  6. A Administración pública
  7. A Administración institucional
  8. A Unión Europea
  9. O ordenamento xurídico-administrativo (I)
  10. O ordenamento xurídico-administrativo (II)
  11. O acto administrativo
  12. A eficacia dos actos administrativos
  13. A invalidez do acto administrativo
  14. Disposicións xerais sobre o procedemento administrativo
  15. Ordenación. Instrución
  16. Terminación do procedemento
  17. Recursos administrativos
  18. A xurisdición contencioso-administrativa
  19. O réxime local
  20. As fontes do dereito local
  21. O municipio
  22. A organización municipal.
  23. A provincia como entidade local
  24. Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno local
  25. O orzamento xeral das entidades locais
  26. O persoal ao servizo das entidades locais
  27. O acceso aos empregos locais
  28. A relación estatutaria
  29. Os deberes do persoal funcionario local
  30. Os bens das entidades locais
  31. A potestade sancionadora
  32. Réxime xurídico dos contratos das administracións públicas
  33. As partes na contratación pública
  34. O procedemento de contratación
  35. A responsabilidade da Administración pública
  36. A expropiación forzosa
  37. Actividade subvencional das administracións públicas.
  38. Lei de protección de datos
  39. Políticas de igualdade de xénero
  40. A Administración electrónica

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: