REQUISITOS E SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra. Admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas e certificados electrónicos.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE, mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no BOPPO e do extracto no DOG.
Os dereitos de exame poderanse pagar en calquera sucursal, por banca electrónica ou nos caixeiros habilitados de Abanca. A través da súa páxina web poderase realizar o pagamento con tarxeta sen necesidade de ser clienta ou cliente da entidade introducindo os datos identificativos que figuran na cabeceira do recibo.
O sistema de selección será por oposición libre reservada a persoas con discapacidade intelectual e para poder acceder as persoas aspirantes deberán estar en posesión do certificado de escolaridade así como acreditar unha discapacidade intelectual igual ou superior ao 33%
PROCESO SELECTIVO
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para realizalo de 30 minutos.
Contestar por escrito un test de 30 preguntas con 4 respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do temario.
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio co tempo máximo que marque o tribunal
Resolver un suposto práctico relacionado coa parte específica do programa
EXERCICIO 3
. Obrigatorio e non eliminatorio
Tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.
No caso de non ter achegado a acreditación de coñecemento da lingua galega coa solicitude de participación no proceso, poderá presentalo ata a data que determine o tribunal no anuncio do exercicio inmediatamente anterior
TEMARIO
:
- A Constitución española de 1978
- A Deputación de Pontevedra
- O Museo Pontevedra
- Control de acceso, identificación, información, atención e recepción de visitantes.
- Recepción, distribución e entrega de paquetería e documentación.
- Manexo de máquinas reprodutoras e outras análogas.
- Realización de recados oficiais fóra e dentro do centro de traballo
- Información de anomalías ou incidencias no centro de traballo.
- Preparación de salas e reunións.
- Normativa xeral das políticas de igualdade entre mulleres e homes. Conceptos básicos
de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Linguaxe non sexista. Uso inclusivo da
linguaxe na Deputación de Pontevedra. Acoso sexual e por razón de sexo. Violencia de xénero.
Definición. Tipos de violencia.