- Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do TRLEBEP respecto do acceso ao emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumpridos os dezaseis anos de idade e non superar, no seu caso, a idade máxima de xubilación forzosa
- Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza á que aspiran.
- Non estar separadas por un expediente disciplinario do servizo de calquera Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de persoal funcionario do que estivesen separadas ou inhabilitadas. No caso de ser nacionais doutro estado, non atoparse inhabilitadas ou en situación equivalente nin estar sometidas a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado e nos mesmos termos, acceder ao emprego público
- Estar en posesión do título de bacharelato ou de técnica/o, ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias
- Ser funcionaria ou funcionario de carreira da Deputación de Pontevedra en situación administrativa de servizo activo e acreditar unha antigüidade de, polo menos, dous anos de forma definitiva nunha praza de auxiliar de Administración xeral ou auxiliar informático do grupo C2 neste organismo provincial
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado “217424 Procedementos de selección para o acceso ao emprego
público”, dispoñiblena Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal),
de acordo co establecido no artigo 14.2.e) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
En caso de presentar a solicitude de forma presencial requiriráselles que a emenden mediante a súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da
solicitude aquela na que se realizase a emenda. En todo caso, se esta emenda se efectuase fóra do
prazo de admisión de solicitudes, esta deberá limitarse á presentación electrónica do entregado
previamente de xeito presencial, sen que poidan engadirse outros datos ou documentos ou
rectificar os xa achegados.
Para a presentación das solicitudes a través do rexistro electrónico, a Sede electrónica da Deputación de Pontevedra admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve, que contempla
a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas (sistemas de usuario
e contrasinal), e os certificados electrónicos (incluído o DNIe)
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do
día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante
extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no Boletín Oficial da
Provincia de Pontevedra (BOPPO) e do extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG), é dicir, ate o día 15/08/2022
Será requisito necesario para participar nas probas selectivas aboar, dentro do prazo de
presentación de instancias, os dereitos de exame e os gastos de tramitación que no seu caso
determine a entidade bancaria. A falta de pago neste prazo non será emendable. O comprobante,
que se descargará xunto coa solicitude de participación, poderase pagar en calquera sucursal,
por banca electrónica e nos caixeiros habilitados de ABANCA. A través da súa páxina web
(http://www.abanca.com/gl/pago-de-recibos) poderase realizar o pagamento con tarxeta sen
necesidade de ser clienta ou cliente da entidade, introducindo os datos identificativos que
figuran na cabeceira do documento.
A taxa ascende a 15€
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo de 1 hora.
Consistirá en desenvolver por
escrito un tema, a elixir entre dous extraídos ao azar polo tribunal, un de cada unha das partes
específicas do programa. Posteriormente, as persoas
aspirantes serán convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo
a súa autora ou autor ou, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.
EXERCICIO 2
. Obrigatorio e eliminatorio no tempo que marque o tribunal.
Resolución dun
suposto práctico relacionado coas materias xerais e específicas do programa. Posteriormente, e no caso de que proceda, as persoas aspirantes serán
convocadas polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora
ou autor ou, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal
EXERCICIO 3.
Obrigatorio e non eliminatorio
Consistirá na tradución
directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.
No caso de non ter achegado a acreditación de coñecemento da lingua galega coa solicitude
de participación no proceso selectivo, poderá presentalo ata a data que determine o tribunal
no anuncio do exercicio inmediatamente anterior.
TEMARIO:
- A Constitución española de 1978
- A provincia.
- A función pública local.
- Prevención de riscos laborais.
- Actividade subvencional das administracións públicas
- A formación para o emprego na Administración pública
- Os plans de formación das entidades locais.
- Tecnoloxías da información e da comunicación
- A teleformación na formación para o emprego
- A Administración electrónica.
- A xestión electrónica dos procedementos administrativos
- As indemnizacións por razón do servizo
- O entorno Moodle.
- Os bloques en Moodle
- Creación e configuración de categorías
- Xestión de persoas usuarias en Moodle
- Integración de contidos didácticos en Moodle
- Creación de actividades en Moodle.
- Principais ferramentas de interacción comunicativa en Moodle.
- Seguimento e avaliación do alumnado en Moodle