REQUISITOS DOS ASPIRANTES:
- Ter nacionalidade española ou dalgún dos Estados membros da Unión Europea. Tamén poderá participar
- Os cónxuxes de españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados/as de dereito. Así mesmo, nas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade que sexan dependentes.
- As persoas incluídas no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España en que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.
- Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa
- Titulación: título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.
- Habilitación: non ter sido despedido/a mediante expediente disciplinario de ningunha das administracións públicas ou dos organismos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para desempeñar empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder á mesma categoría profesional a que se pertencía. No caso de ser nacional doutro
- Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público
SOLICITUDES:
Para tomar parte nestas probas selectivas deberase presentar unha solicitude seguindo o modelo oficial dispoñible no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/ universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo>Solicitude de admisión, seguindo as indicacións que figuran nel, cubrindo todos os campos obrigatorios, validándoos e confirmándoos.
Prazo e lugar de presentación de solicitudes: será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (16/12/2022)
Presentaranse preferentemente a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/catalog/catalog-index.xhtml); tamén poden presentarse na oficina de asistencia en materia de rexistro do Campus de Vigo (Edificio Exeria, Campus Universitario, 36310 Vigo), nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Campus de Ourense (Unidade Administrativa), Campus de Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal) e Vigo (rúa Torrecedeira, nº 86), ou segundo as restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP). As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.
Os dereitos de participación aboaranse directamente nas oficinas de Abanca ou mediante transferencia á conta ES14 2080 0501 1231 1000 0112; no pagamento e no documento que o xustifique deberá constar o nome, apelidos e DNI ou pasaporte da persoa participante, así como o código da praza a que estea referido
Subgrupo C2: 26,46 euros.
PROCESO SELECTIVO;
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio
Tempo: 120 minutos
Consistirá en contestar un test de 90 preguntas con 4 respostas alternativas, das cales só unha será correcta, da primeira parte do programa.
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio
Tempo: 60 minutos
Consistirá na realización dunha proba práctica con ordenador, en que se deberá contestar un cuestionario de 20 preguntas tipo test, con 3 preguntas adicionais de reserva, con catro respostas alternativas das cales só unha será correcta, dirixidas a valorar os coñecementos das persoas aspirantes como usuarias de programas Word para Microsoft 365 e Excel para Microsoft 365, versións do ano 2016 ou posteriores.
Estará exento de realizar este exercicio quen acredite estar en posesión da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (CODIX) ou acredite ter formación nos programas indicados impartida por organismos públicos. A partir da publicación do acordo do tribunal coa cualificación definitiva do primeiro exercicio, disporase dun prazo de cinco días hábiles para presentar a documentación acreditativa nos lugares indicados
Os cursos deberán ser de aptitude e ter unha duración mínima de 50 horas, no caso de Excel e de 30 horas os de Word.
EXERCICIO 3.
Obrigatorio e NON elminatorio
Estarán exentas de realizalo as persoas aspirantes que acrediten estar en posesión do Celga 3, consonte o establecido nas bases, e serán cualificados con 2 puntos. Esta proba incluirá 2 partes:
Primeira. Consistirá en contestar un test de 20 preguntas sobre o coñecemento da lingua galega, con catro respostas alternativas das cales só unha delas será correcta. O exercicio incluirá 2 preguntas adicionais de reserva que deberán responderse dentro do tempo indicado. Disporase de 25 minutos.
Segunda. Comprensión escrita ou oral e expresión oral. Consistirá en ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou audio-vídeo e, a seguir, realizar unha entrevista coa persoa examinadora, debendo resumir o input e manter un diálogo ao respecto para avaliar a súa expresión oral.
TEMARIO:
- A Constitución española de 1978: título preliminar; título I. Dos dereitos e deberes fundamentais; título III. Das cortes xerais; título IV. Do Goberno e da Administración
- O Estatuto de autonomía de Galicia: título preliminar; título I. Do poder galego; título III. Da Administración pública galega.
- A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título preliminar; título I. Dos interesados no procedemento; título II. Da actividade das administracións públicas; título III. Dos actos administrativos
- A Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título IV. Das disposicións sobre o procedemento administrativo común: capítulos I ao V; título V. Da revisión dos actos en vía administrativa: capítulo II. Recursos administrativos.
- Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar: capítulo I. Disposicións xerais; capítulo II. Dos órganos das administracións públicas, seccións 1ª, 2ª e 4ª; capítulo III. Principios da potestade sancionadora; capítulo V. Funcionamento electrónico do sector público; título III, capítulos I e II.
- Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título I. Obxecto, principios e ámbito de aplicación; título III. Clases de persoal; título IV. Organización do emprego público; título V. Adquisición e perda da relación de servizo
- Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título VI. Dereitos e deberes individuais dos empregados públicos: capítulo I. Disposicións xerais; capítulo III. Mobilidade do persoal funcionario; título VIII. Situacións administrativas
- Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido la Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: título III. Dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, capítulo II. Dos créditos e das súas modificacións; capítulo III. Execución e liquidación.
- Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades.
- Decreto 13/2019, do 24 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Vigo, títulos preliminar, I e II.
- Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade.
- Real decreto 412/2014, do 6 de xuño, polo que se establece a normativa básica dos procedementos de admisión ás ensinanzas universitarias oficiais de grao
- Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional
- Real decreto 22/2015, do 23 de xaneiro, polo que se establecen os requisitos de expedición do suplemento europeo aos títulos regulados no Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, e se modifica o Real decreto 1027/2011, do 15 de xullo, polo que se establece o Marco español de cualificacións para a educación superior.
- Real decreto 195/2016, do 13 de maio, polo que se establecen os requisitos para a expedición do suplemento europeo ao título universitario de doutor
- Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutoramento
- Resolución do 21 de xuño de 2017 (DOG do 30 de xuño) pola que se ordena a publicación da normativa de permanencia e progreso nas titulacións oficiais de grao e de máster
- Real decreto 1312/2007, do 5 de outubro, polo que se establece a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios.
- Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación: título II. Recursos humanos dedicados á investigación, capítulos I e III
- Regulamento da sede electrónica da Universidade de Vigo, Resolución do 2 de maio de 2019 (DOG do 13 de maio): título II. A sede electrónica, título III. A identificación e a autenticación electrónicas
- Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulo III. Dereitos e obrigacións, e capítulo IV. Servizos de prevención.
- Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar; título II: capítulos. I, II, IV e V; título IV: capítulos I e II
- Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: títulos I, II, III.