REQUISITOS DOS ASPIRANTES:
SOLICITUDES:
Para tomar parte nestas probas selectivas deberase presentar unha solicitude seguindo o modelo oficial dispoñible no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/ universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo>Solicitude de admisión, seguindo as indicacións que figuran nel, cubrindo todos os campos obrigatorios, validándoos e confirmándoos.
Prazo e lugar de presentación de solicitudes: será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (16/12/2022)
Presentaranse preferentemente a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal/public/catalog/catalog-index.xhtml); tamén poden presentarse na oficina de asistencia en materia de rexistro do Campus de Vigo (Edificio Exeria, Campus Universitario, 36310 Vigo), nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Campus de Ourense (Unidade Administrativa), Campus de Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal) e Vigo (rúa Torrecedeira, nº 86), ou segundo as restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP). As solicitudes subscritas no estranxeiro poderán cursarse a través das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.
Os dereitos de participación aboaranse directamente nas oficinas de Abanca ou mediante transferencia á conta ES14 2080 0501 1231 1000 0112; no pagamento e no documento que o xustifique deberá constar o nome, apelidos e DNI ou pasaporte da persoa participante, así como o código da praza a que estea referido
Subgrupo C2: 26,46 euros.
DATOS | DA | PRAZA | |||
---|---|---|---|---|---|
Subgrupo | Código | Escala | Nº Prazas | C. Xeral | C. Disc |
C2 | EOR22402 | Auxiliar técnica de servizos xerais | 8 | 7 | 1 |
PROCESO SELECTIVO;
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio
Tempo: 120 minutos
Consistirá en contestar un test de 90 preguntas con 4 respostas alternativas, das cales só unha será correcta, da primeira parte do programa.
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio
Tempo: 120 minutos
Consistirá en realizar probas prácticas e/ou resolver un ou varios supostos prácticos relativos á primeira parte do programa
EXERCICIO 3.
Obrigatorio e NON elminatorio
PRIMEIRA PARTE
Tempo: 25 minutos
Estarán exentas de realizalo as persoas aspirantes que acrediten estar en posesión do Celga 3, consonte o establecido nas bases, e serán cualificados con 2 puntos. Esta proba incluirá 2 partes:
Primeira. Consistirá en contestar un test de 20 preguntas sobre o coñecemento da lingua galega, con catro respostas alternativas das cales só unha delas será correcta. O exercicio incluirá 2 preguntas adicionais de reserva que deberán responderse dentro do tempo indicado. Disporase de 25 minutos.
Segunda. Comprensión escrita ou oral e expresión oral. Consistirá en ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou audio-vídeo e, a seguir, realizar unha entrevista coa persoa examinadora, debendo resumir o input e manter un diálogo ao respecto para avaliar a súa expresión oral.
SEGUNDA PARTE
Tempo: 25 minutos
Coñecementos non específicos. Consistirá en contestar un test de 20 preguntas sobre a segunda parte do programa, con catro respostas alternativas, das cales só unha será correcta
O exercicio incluirá 2 preguntas adicionais de reserva que deberán responderse dentro do tempo indicado.
TEMARIO:
Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación
Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.
Disponibles recursos que te ayudarán con tu oposición.
Rúa de Galicia 18-20, Bajo derecha, 27800 Vilalba (Lugo), España |
+34 982 87 81 56 |
atencion.alumnado@grupomef.es