SOLICITUDES:
Presentaránse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na Sede Electrónica da Diputación de Pontevedra.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE.
A taxa en concepto de dereitos de exame será de 12€
REQUISITOS DAS PERSOAS ASPIRANTES:
Posuír o título de ESO (Educación Secundaria Obrigatoria) ou estar en condicións de obtelo o día en que remate o prazo de presentación de instancias.
EXERCICIOS DA OPOSICIÓN.
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para a sua realización de 40 minutos.
Contestar un test de 40 preguntas tipo test.
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio Co tempo máximo de realización que indique o tribunal.
Resolución dun suposto práctico relacionado cas materias da parte específica do programa, no caso de que proceda, serán convocados os aspirantes polo tribunal para proceder á súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou ben, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.
EXERCICIO 3.
Obrigatorio e non eliminatorio.
Traducción dun texto do galego ao castelán.
TEMARIO:
- A Constitución española de 1978. Principios, dereitos e deberes dos españois.
- O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Requisitos dos actos administrativos.
- O procedemento administrativo común. Fases do procedemento: iniciación, ordenación, instrución e finalización.
- A provincia. Organización e competencias
- O persoal ao servizo das entidades locais: clases e réxime xurídico. Permisos e licenzas
- Políticas de igualdade de xénero. A Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes: obxecto e ámbito da Lei. Principio de igualdade e tutela contra a discriminación. Principios das políticas públicas para a igualdade
- Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, de 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero: principios reitores. Dereitos das mulleres vítimas de violencia de xénero. Tutela.
- Lei de protección de datos: normativa reguladora. Dereito á protección de datos. Principios informadores. Dereitos das persoas en materia de protección de datos.
- Xestión de historias clínicas dende o punto de vista documental: características documentais da historia clínica. Requisitos legais e normativos da historia clínica. Cumprimentación da historia clínica. Documentos en soportes distintos ao papel
- Prevención de riscos laborais: obxectivo da política en materia de prevención, protección de traballadores especialmente sensibles a determinados riscos, protección da maternidade e dos menores. Concepto de accidente e primeiros auxilios. Procedementos fundamentais no soporte viral básico (SVB). Procedemento de mobilización e transporte de feridos. Botiquín de urxencia.
- Acción protectora da Seguridade Social: Incapacidades temporais; partes médicos de IT. Tipos de IT en función da súa duración estimada. Expedición de partes médicos de baixa e confirmación. Declaración de alta médica nos procesos de IT.
- Manexo de medicamentos para auxiliares: composición e información. Cartonaxe e prospecto. Conservación . Selección vía de administración
- Formas farmacéuticas de administración vía oral. Principios administración medicamentos. Funcións de auxiliar de enfermería na administración de medicamentos
- Acoso laboral. Modalidades de acoso. Condicionantes para determinar o acoso laboral. Tipos de acoso laboral. Condutas que constitúen acoso laboral. Efectos do acoso laboral no sector sanitario.
- Limpeza do instrumental e material. Proceso de desinfección. Esterilización: limpeza e empaquetado, métodos de esterilización, métodos de control de esterilización, risco laborais na unidade de esterilización.
- Funcións, procedementos de tarefas da auxiliar de enfermaría: evolución do rol de auxiliar de enfermaría. Referentes legais da profesión. Funcións do auxiliar de enfermaría.
- Incapacidade permanente: concepto. Grados. Beneficiarios. Cualificación e revisión.
- Internet: navegación e busca. Correo electrónico: Microsoft Outlook.
- Procesador de textos: Microsoft Word. Folla de cálculo: Microsoft Excel. Base de datos: Microsoft Access
- Menores: Interese superior do menor. Centros de protección específicos de menores con problemas de conduta: acollemento residencial en centros de protección específicos de menores; ingreso; medidas de seguridade; medidas de contención; illamento do menor; rexistros persoais e materiais; réxime disciplinario; supervisión e control; administración de medicamentos; réxime de visitas e permisos de saída; réxime de comunicación do menor