Diseño del blog

O CONCELLO DE LUGO CONVOCA 2 PRAZAS DE OFICAL CONDUCTOR

24 de mayo de 2022

Aprobación das bases para o acceso en propiedade a 2 prazas de oficial conductor/a polo sistema de OPOSICIÓN LIBRE

REQUISITOS E SOLICITUDES:

Estar en posesión do título de graduado escolar, graduado en ESO ou titulación superior ou equivalente. 
Estar en posesión dos permisos de conducir dos tipos A, C e D.
A taxa por dereitos de exame será de 13€
O prazo de presentación das solicitudes será de 20 días hábiles a contar dende o seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (BOE) 

PROCESO SELECTIVO:
De carácter OBRIGATORIO E ELIMINATORIO.

EXERCICIO 1. Cun tempo máximo para a sua realización de 60 minutos

Contestación dun cuestionario de 40 preguntas tipo test máis 3 preguntas de reserva 

EXERCICIO 2 . Cun tempo máximo para a sua relalización de 90 minutos.

Desenvolvemento por escrito de 2 temas extraídos ao azar dos que se integran na parte específica do temario.

EXERCICIO 3. Cun tempo máximo para a sua realización de 2 horas

Realizar un ou varios supostos ou probas prácticas que formulará o tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio.

EXERCICIO 4. Do cal quedarán exentos todos aqueles aspirantes que presenten o CELGA 3 ou equivalente

Proba do coñecemento da lingua galega.

TEMARIO: 
  1. Constitución Española
  2. Comunidad Autónoma Gallega
  3. Reglamento Local Específico 
  4. Procedemento Administrativo Común 
  5. Normas xerais de circulación. Principios xerais. O sentido da circulación. Posición na calzada. Utilización de carrís en poboado e fóra de poboado. Supostos especiais de utilización de carrís: carrís reversibles, carrís de utilización en sentido contrario ao habitual, carrís adicionais, carril BUS, carril VAO. Circulación pola beiravía: condutores obrigados á súa utilización.
  6. A vía: concepto de vía, poboado, clases de vías, concepto de estrada, clases de estradas, partes da vía.
  7. Manobras básicas da circulación: concepto e normas xerais para a súa realización. Incorporación á circulación. Cambios de dirección, calzada e carril. Cambio do sentido da marcha. Marcha atrás. Distancia entre vehículos: lateral e frontal.
  8. A velocidade e a súa normativa. Límites de velocidade. Infraccións ás normas de velocidade.
  9. O adiantamento: a súa regulación. Obrigas do condutor do vehículo que adianta e do adiantado antes, durante e despois da manobra. Supostos especiais. Manobras que non se consideran adiantamento.
  10. A prioridade de paso: normas de prioridade en interseccións, tramos en obras e estreitamentos, paso por pontes e obras de paso, tramos de gran pendente. Cruzamento de pasos a nivel e pontes levadizas.
  11. Inmobilizacións. Detención, parada e estacionamento: a súa regulación. Outras inmobilizacións: inmobilizacións ordenadas polos axentes da autoridade. Retirada de vehículos da vía pública.
  12. Os sistemas de iluminación e sinalización óptica de vehículos: utilización, circulación nocturna e en condicións meteorolóxicas ou ambientais que diminúan sensiblemente a visibilidade. Os sinais acústicos: a súa utilización.
  13. Permisos e licenzas de condución: a súa natureza, clases e vehículos que autorizan a conducir. Variación de datos e duplicados de permisos e licenzas de condución.
  14. O tacógrafo: concepto e clases. O factor W. Verificación, precintado e revisións. Tempos de condución e descanso.
  15. Inspección técnica de vehículos: periódicas e extraordinarias. Resultado das inspeccións. 
  16. Masas e dimensións dos vehículos: a súa regulación.
  17. Normas xerais do transporte de persoas e mercadorías ou cousas. Localización e acondicionamento das persoas. Ciclos, ciclomotores e motocicletas. Disposición da carga. Dimensións da carga. Sinalización da carga, operacións de carga e descarga, transporte de cargas que requiren precaucións especiais.
  18.  Competencias dos municipios segundo a Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade viaria. 
  19. Normas sobre bebidas alcohólicas. Taxas de alcohol en sangue e aire expirado. Persoas obrigadas. Práctica das probas.
  20. O motor diésel. Constitución e funcionamento
  21. Sistemas de lubricación e refrixeración. Necesidade e fundamentos básicos. Clasificación dos aceites. Mantemento. Compoñentes e características do sistema de refrixeración. Mesturas anticonxelantes. Mantemento. 
  22. Rodas e pneumáticos. Concepto e misión das rodas. Elementos dunha roda: lamia e cuberta. Tipos e nomenclatura dos pneumáticos. Coidados e mantemento.
  23. Sistemas de dirección e suspensión. A súa necesidade e fundamentos básicos. Elementos do sistema de 
  24. dirección. Dirección asistida. Xeometría. Mantemento do sistema de dirección. Elementos do sistema de suspensión. Suspensión pneumática. Mantemento do sistema de suspensión.
  25. Comportamento en caso de accidente de tráfico. Medidas para adoptar. Medidas para adoptar en casos especiais. Importancia do auxilio. A prevención das lesións. O delicto de omisión do deber de socorro. Caixa de primeiros auxilios.

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: