Área: Obras e Servizos, esta área encargarase de realizar a conservación (limpeza e aseo) do municipio nas súas diferentes vertentes. A organización desta área dividirase en cuadrillas especializadas (recollida de lixo, limpeza viaria etc.) definidas en función da carga de traballo e con operarios polivalentes intercambiables entre sí. Tamén será a responsable da realización de obras diversas (electricidade, albanelería, fontanería, etc.).
Clasificación: Laboral Fixo, Agrupación profesional Grupo V
Xornada de traballo: Completa
Retribucións: Ás correspondentes ao grupo de clasificación profesional fixadas na RPT municipal ( BOP nº 204, de 25 de outubro de 2018 ).
Funcións: Ás recollidas na RPT municipal ( BOP nº 204, de 25 de outubro de 2018 ) co código 4018 e que son as seguintes, e as descritas para a área de obras e servizos:
– Tarefas de mantemento e conservación ( albanelería, mecánica, pintura, xardinería, electricidade, fontanería, etc ) das instalación municipais e mobiliario público correspondentes a súa unidade baixo supervisión.
– Bacheado de camiños baixo supervisión
– Reformas e pequeñas construccións municipais baixo supervisión
– Revisións periódicas e mantemento da maquinaria e vehículos que utilice
– Calquera outra relacionada co posto que lle encomendé o seu superior xerárquico
Requisitos esixidos para participar no proceso selectivo.
a) Ter a nacionalidade española, ser nacional dun estado membro da Unión Europea
ou de Estados aos que lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos previstos en tratados subscritos pola UE e ratificados por España, cando o interesado se atope incluído no seu ámbito de aplicación. Tamén poderán participar no proceso selectivo as seguintes persoas:
- Os cónxuxes de españois ou de nacionais doutro estado da UE
, calquera que sexa a súa nacionalidade e sempre que non estean separados de dereito.
- Os descendentes de españois ou de nacionais doutro estado da UE
, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que sexan menores de vinte e un ano ou maiores desa idade dependentes.
- Os descendentes do cónxuxe non separado de dereito de españois ou de nacionais doutro estado da UE
, calquera que sexa a súa nacionalidade, sempre que sexan menores de vinte e un ano ou maiores desa idade dependentes.
b) Ter cumpridos os dezaseis anos
de idade e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión do título
, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias, de graduado escolar ou equivalente
. De tratarse dunha titulación obtida no estranxeiro, deberá achegarse documento que acredite de maneira fidedigna a súa homologación polas autoridades españolas.
d) Estar en posesión dos carnés de conducir das categorías B
, ou en condicións de obtelos antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
e) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en habilitación absoluta ou espe- cial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionarios para o que fose separado ou inhabilitado.
Os nacionais doutros Estados non poderán atoparse en situación de inhabilitación ou equivalente nin ter recibido san- ción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de procedencia, o acceso nos mesmos termos ao emprego público.
2.- Os requisitos necesarios para participar deberán acreditarse na data en que remate o prazo de presentación de instancias da convocatoria.
3.- A participación neste proceso selectivo está suxeita ao pagamento de taxa municipal (Ordenanza fiscal reguladora da taxa por dereitos de exame, publicada no BOP núm. 16 do 26/01/2021).
A solicitude de inscripción deberá acompañarse, en todo caso, copia da autoliquidación
, debidamente ingresada correspondente ao dereitos de exame (Subgrupo E ou persoal laboral equivalente, importe 5,00 €).
TEMARIO
Parte Xeral
1. A constitución española de 1978: Estrutura. Principios xerais: Título preliminar artigo 1 a 9.
2. Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público: Artigo 8 ao 12, artigo 14 e 54.
3. Lei de Bases de Réxime Local 7/1985 de 2 de Abril: artigo 11 (Concepto de municipio e elementos ). O municipio de Porto do Son: límites e parroquias.
Parte Específica
4. Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborais: Artigo 4 ( definicións ) e artigo 29 ( Obrigas dos traballadores en materia de prevención de riscos ).
5. Carpintería e cerraxería: Conceptos básicos. Reparacións e mantementos básicos. Útiles e ferramentas básicas, o seu mantemento e conservación.
6. Albanelería e pintura: Conceptos básicos. Reparacións e mantemento básicos.Útiles e ferramentas básicas, o seu mantemento e conservación.
7. Electricidade: Conceptos básicos. Reparacións e mantemento básicos. Útiles e ferramentas básicas, o seu mante- mento e conservación.
8. Xardinería: Conceptos básicos. Mantemento básico. Útiles e ferramentas básicas, o seu mantemento e conservación.
9. Fontanería: Conceptos básicos. Reparacións e mantemento básicos. Útiles e ferramentas básicas, o seu mantemen- to e conservación.
10. Nocións básicas de soldadura e mecánica. Materiais e equipos.