Diseño del blog

O Concello de Meis convoca unha praza de Ordenanza e saca bolsa de emprego para a mesma.

2 de mayo de 2022

Convocatoria do procedemento de selección para a contratación interina, mediante concurso oposición, dunha persoa na categoría de ordenanza e a formación dunha listaxe de reserva na mesma categoría no Concello de Meis.

Convocatoria do procedemento de selección para a contratación mediante concurso oposición, dunha persoa na categoría de ordenanza e a formación dunha listaxe de reserva na mesma categoría, do Concello de Meis. 

E dicir, convócase unha praza para dita categoría e unha bolsa de emprego para a mesma. 

O período de presentación de instancias será de quince días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e dicir a partir do 3 de maio de 2022 ate o 17 de maio de 2022, tendo en conta que o 17 e festivo autonómico, deberase de entregar a través de sede electrónica. 

A titulación mínima esixida son é a Educación Primaria (Certificado Escolar), EXB, ESO ou equivalente.

As función do posto son as seguintes: De información, atención ao público, traslado de mobiliario e persoas, de vixilancia de locais, control das persoas que acceden ás oficiñas ou ós centros públicos, vixilancia e guarda de bens públicos, colocación de bandos e entrega de documentación e en xeral todas aquelas otras relacionadas co posto que lle encomende o seu superior xerárquico. 

En torno a xornada laboral é a tempo completo e as retribucións están establecidas na relación de postos de traballo do Concello de Meis. 

Hai que ter en conta que é obrigatorio a posesión antes do remate do prazo de instancias do permiso de conducir tipo B

As instancias presentaránse no Rexistro Xeral do Concello de Meis ou pola sede electrónica do mesmo. No mesmo de presentación en oficina de CORREOS, deberá realizarse en sobre aberto para que a solicitude sexa datada e selada polo empregado/a de CORREOS nates do seu envío certificado. 

As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% deberán indicalo expresamente na solicitude especificando o grao de discapacidade recoñecido polo órgano competente. Poderán solicitarse as posibles adaptación de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

O primeiro exercicio, consistirá en contestar por escrito a un test de 20 preguntas con catro respostas alternativas por pregunta das que só unha será valida, correspondentes ós contidos do programa desta convocatoria. 

O segundo exercicio, consistirá en desenvolver por escrito un ou varios supostos de carácter práctico durante un período de 60 minutos.

O terceiro exercicio de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consitirá en realizar unha proba sobre o coñecemento do idioma galego, que determinará o tribunal e sen uso de material de apoio.
Estarán exentos da proba os aspirantes que posúan o título de CELGA 1

TEMARIO DA OPOSICIÓN

Tema 1. A Constitución Española de 1978: principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais. 

Tema 2.- A Administración Pública no Ordenamiento Español. Administración do Estado. Administracións Autonómicas. Administración Local. 

Tema 3. O Municipio. O termo municipal. A Organización municipal. Especial referencia ao Título X da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local. 

Tema 4. Dereitos e deberes dos empregados públicos. En especial na Administración Local. 

Tema 5. Funcións das persoas ordenanzas. Vixilancia e Custodia. Control de accesos. Apertura e peche de edificios e locais. 

Tema 6. Calidade no Servizo Público. Atención e información ao cidadán. Recepción e telefonía. Reunións e actuacións de comunicación: preparación de locais e materiais

 Tema 7. A documentación administrativa. Descrición dos principais documentos, instancia, certificado, anuncio, informe, bando, resolución, comunicación e notificación. 

Tema 8. Notificación de acordos e resolucións. Práctica da notificación. Deposito, entrega, recollida e distribución de correspondencia e obxectos.

Tema 9. Manexo de máquinas reprodutoras, multicopistas, fax, encuadernadoras e outras análogas. 

Tema 10. O Municipio de Meis. Límites. Poboación. Situación das Parroquias e principais núcleos de poboación.
 Localización dos edificios e instalacións destinados a servizos públicos e funcións que se levan a cabo neles.

Inscríbete a tu oposición o en las listas de contratación

Al solicitarlo te contactaremos para reservar una cita para la gestión.

Solicitar ahora
Share by: