REQUISITOS E SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra. Admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas e certificados electrónicos.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE, mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no BOPPO e do extracto no DOG.
Os dereitos de exame poderanse pagar en calquera sucursal, por banca electrónica ou nos caixeiros habilitados de Abanca. A través da súa páxina web poderase realizar o pagamento con tarxeta sen necesidade de ser clienta ou cliente da entidade introducindo os datos identificativos que figuran na cabeceira do recibo. Estos dereitos de exame serán de 12€
O sistema de selección será por concurso-oposición libre e para poder acceder as persoas aspirantes deberán estar en posesión do título da ESO ou equivalente así como o Celga3
PROCESO SELECTIVO
EXERCICIO 1
. Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para realizalo de 40 minutos.
Contestar por escrito un test de 40 preguntas con 4 respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do temario.
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio co tempo máximo que marque o tribunal
Resolver un suposto práctico relacionado coa parte específica do programa
EXERCICIO 3.
Obrigatorio e non eliminatorio
Tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.
No caso de non ter achegado a acreditación de coñecemento da lingua galega coa solicitude de participación no proceso, poderá presentalo ata a data que determine o tribunal no anuncio do exercicio inmediatamente anterior.
TEMARIO:
- A Constitución española de 1978
- A provincia
- A función pública local
- Prevención de riscos laborais
- Instalacións, mobiliario, espazos, equipos ou maquinaria de uso habitual no comedor
- Limpeza e desinfección
- A hixiene en restauración
- Seguridade e prevención nas áreas de servizo de alimentos
- Sistema APPCC
- Identificación da vaixela, cristalería, lencería e material especial de uso habitual no comedor
- Sistemas e métodos de conservación e rexeneración de alimentos e produtos culinarios. Equipos necesarios
- Atención ás e aos comensais
- Descrición do proceso de servizo de almorzos
- Descrición do proceso de servizo de comidas ou ceas
- Normas de protocolo en restauración. Importancia. Tipos de protocolo.
- Técnicas aplicadas no transporte de alimentos da cociña ao comedor segundo os diferentes tipos de servizo.
- Servizo de bufete, autoservizo ou servizos análogos. Clases. Equipamentos e instalacións. Identificación de elaboracións. Distribución, puntos de apoio ao servizo e fórmula de presentación. Exemplos de diferentes clases de servizo de bufete
- Caracterización dos principios inmediatos
- Caracterización das dietas máis habituais