REQUISITOS E SOLICITUDES:
As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra. Admite os certificados electrónicos do sistema Cl@ve que contempla a utilización de sistemas de identificación baseados en claves concertadas e certificados electrónicos.
O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOE, mediante extracto e previa publicación do texto íntegro das bases e da convocatoria no BOPPO e do extracto no DOG.
Os dereitos de exame poderanse pagar en calquera sucursal, por banca electrónica ou nos caixeiros habilitados de Abanca. A través da súa páxina web poderase realizar o pagamento con tarxeta sen necesidade de ser clienta ou cliente da entidade introducindo os datos identificativos que figuran na cabeceira do recibo. Estos dereitos de exame serán de 15€
O sistema de selección será por oposición libre e para poder acceder as persoas aspirantes deberán estar en posesión do título de Bacharelato, técnico ou equivalente así como o Celga4
PROCESO SELECTIVO
EXERCICIO 1.
Obrigatorio e eliminatorio cun tempo máximo para realizalo de 60 minutos.
Contestar por escrito un test de 60 preguntas con 4 respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes ao contido do temario.
EXERCICIO 2.
Obrigatorio e eliminatorio co tempo máximo de 2 horas
Desenvolver por escrito dous temas extraídos ao azar polo tribunal, un de cada unha das partes específicas do programa.
Posteriormente o tribunal convocará as persoas aspirantes para a súa lectura pública, que levará a cabo a súa aoutora ou autor, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal
EXERCICIO 3.
Obrigatorio e eliminatorio no tempo que marque o tribunal
Resolver un suposto práctico relacionado coas materias específicas contidas no programa.
Posteriormente, o tribunal convocará as persoas aspirantes para a súa lectura pública, que levará a cabo a súa autora ou autor, se non fose posible, a persoa que designe ou un membro do tribunal.
EXERCICIO 4.
Obrigatorio e non eliminatorio
Tradución directa ao idioma galego, sen axuda do dicionario, dun texto en castelán elixido polo tribunal.
No caso de non ter achegado a acreditación de coñecemento da lingua galega coa solicitude de participación no proceso, poderá presentalo ata a data que determine o tribunal no anuncio do exercicio inmediatamente anterior.
TEMARIO:
- A Constitución española de 1978
- A Coroa na Constitución de 1978
- As Cortes Xerais.
- O Goberno na Constitución
- O Poder Xudicial
- A Administración pública
- A Administración institucional
- A Unión Europea
- O ordenamento xurídico-administrativo (I)
- O ordenamento xurídico-administrativo (II)
- O acto administrativo
- A eficacia dos actos administrativos
- A invalidez do acto administrativo
- Disposicións xerais sobre o procedemento administrativo
- Ordenación. Instrución
- Terminación do procedemento
- Recursos administrativos
- A xurisdición contencioso-administrativa
- O réxime local
- As fontes do dereito local
- O municipio
- A organización municipal.
- A provincia como entidade local
- Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno local
- O orzamento xeral das entidades locais
- O persoal ao servizo das entidades locais
- O acceso aos empregos locais
- A relación estatutaria
- Os deberes do persoal funcionario local
- Os bens das entidades locais
- A potestade sancionadora
- Réxime xurídico dos contratos das administracións públicas
- As partes na contratación pública
- O procedemento de contratación
- A responsabilidade da Administración pública
- A expropiación forzosa
- Actividade subvencional das administracións públicas.
- Lei de protección de datos
- Políticas de igualdade de xénero
- A Administración electrónica