FUNCIÓNS DO POSTO:
- Apoio na apertura e preparación das unidades de enterramento utilizando os medios naturiais ou mecánicos adecuados a cada unidade.
- Condución dos cadáveres,, restos cadavéricos ou cinzas desde a porta do cemiterio ao lugar de enterramento
- Participar nas tarefas de unhumación, exhumación e redución de cadáveres, restos humanos e/ou cinzas consorte os protocolos e a normativa vixente
- Retirar as laxas, cruces e lápidas para poder efectuar as inhumacións e exhumacións, así como a súa posterior colocación.
- Apoio á limpeza e saneamento das distintas instalacións funerarias realizando unha xestión adecuada dos residuos
- Desinfección de nichos
- Repoñer a terra nas sepulturas que o necesiten, nivelando os cadros
- Retirar os ramos e coroas de flores que polo seu aspecto así o aconsellen, levándoos ao lugar que se destine
- Realizar operacións de varrido manual e mecánico nos espazos do cemiterio seguindo os protocolos establecidos para a xestión de residuos.
- Desempeñar operacións de mantemento e conservación de infraestruturas, equipamento e mobiliario utilizando para iso os medios apropiados. Realización de actividades relacionadas con pequenas reparacións de albanelaría, fontanería e electricidade
- Limpar os sistemas de canalización da auga do cemiterio (sumidoiros, reixas....)
- Executar todo tipo de labores de mantemento que teñan por obxecto a reforma, reparación, conservación, demolición, fabricación, instalación e montaxe, tanto con carácter principal como accesorio, sempre que queden comprendidos pola súa natureza e características na técnica propia do seu oficio
- Funcións de conserxería básica: tarefas de control de accesos, apertura, peche, aceso e apagado de luces, etc.
SOLICITUDES:
Presentaranse preferentemente por vía electrónica a través da sede electrónica do Concello da Coruña
(https://sede.coruna.gal/sede/es/tramites-y-servicios-electronicos/guia-de-procedimientos-y-servicios/detalle-de-procedimientos/participacion-en-pruebas-selectivas/contenido/1453753399919?argIdioma=es) mediante o procedemento específico “Participación en probas selectivas”. Poderán tamén presentarse en calquera das formas que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.
Para seren admitidas nas probas selectivas correspondentes as persoas aspirantes deberán manifestar nas súas solicitudes de participación que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na data en que remate o prazo de
presentación.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais
, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio do extracto da convocatoria no BOE.
As persoas aspirantes deberán aboar unha taxa de 4,85 € por dereitos de exame de acordo coa Ordenanza fiscal núm.
1 reguladora da taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos.
O ingreso do importe da taxa poderá realizarase mediante autoliquidación da taxa na Oficina Virtual do Contribuínte
(OVC) e posterior pago da autoliquidación en Autoliquidacións (coruna.gal), en calquera banco, caixa de aforros ou cooperativa de crédito das que actúan como entidades colaboradoras na recadación tributaria, así como na oficina de recadación
municipal situada na Rúa Franja, 20-22.
PROCESO SELECTIVO:
EXERCICIO 1:
Obrigatorio e eliminatorio nun tempo máximo de 55 minutos
Resolución por escrito dun cuestionario tipo test de 50 preguntas, máis 5 preguntas de reserva, con catro alternativas de resposta, sendo só unha delas correcta, en relación
ao contido total do temario.
Este cuestionario será elaborado polo tribunal inmediatamente antes do comezo da proba
No prazo de 2 días hábiles desde a finalización da proba, o órgano de selección publicará na páxina web e no taboleiro
de edictos e anuncios do Concello da Coruña a relación de respostas correctas ás preguntas formuladas. As persoas interesadas poderán presentar as reclamacións que consideren oportunas referidas ás preguntas, ao seu contido e ao cadro
de respostas correctas no prazo de 5 días hábiles contados desde o día seguinte a súa publicación
EXERCICIO 2
. Obrigatorio e eliminatorio nun tempo máximo de 150 minutos
Consistirá en resolver un suposto práctico, a elixir entre 2
propostos polo tribunal, relativo ás funcións e tarefas dos axudantes de cemiterios e aos contidos das materias comprendidas no temario anexo.
O enunciado dos supostos será elaborado polo tribunal inmediatamente antes do comezo do exercicio.
Neste exercicio, estimarase especialmente a sistemática na proposta realizada polos aspirantes, a formulación de
conclusións, coñecemento e pragmatismo na resolución dos supostos.
EXERCICIO 3
. Cun tempo máximo de 60 minutos
Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas
aspirantes que acrediten dentro do prazo de presentación de solicitudes estar en posesión do Celga 2 ou título equivalente
debidamente homologado
Tradución directa ou inversa dun ou varios textos, en castelán ou galego.
TEMARIO:
- A Constitución Española
- O municipio
- Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas
- Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais.
- Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
- Decreto 151/2014 de sanidade mortuoria de Galicia
- Decreto 151/2014 de sanidade mortuoria de Galicia
- Maquinaria de cemiterios, útiles e ferramentas: a súa utilización e mantemento
- Principais tarefas de albanería, fontanería e electricidade
- Real Decreto 773/1997, de 30 de maio, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á
utilización polos traballadores de equipos de protección individual.